Concello de Cerdedo-Cotobade

Concello de Cerdedo-Cotobade Páxina oficial en Facebook do Concello de Cerdedo Cotobade

VALONGO DESPACHA UNHAS 5.000 FILLOAS NUNHA DAS EDICIÓNS MÁIS CONCORRIDAS DA SÚA FESTAValongo viviu este sábado unha das ...
05/09/2026

VALONGO DESPACHA UNHAS 5.000 FILLOAS NUNHA DAS EDICIÓNS MÁIS CONCORRIDAS DA SÚA FESTA

Valongo viviu este sábado unha das xornadas máis concorridas da XLVIII Festa da Filloa, na que se despacharon arredor de 5.000 filloas e que reuniu a numerosos veciños e visitantes.

O alcalde, Jorge Cubela, participou na celebración acompañado polo tenente de alcalde, Fernando Vázquez, e polas concelleiras Galiza Aguete e Maite Pichel.

Un dos momentos destacados da xornada foi o pregón, que correu a cargo do empresario Juan Perdiz.

O Concello de Cerdedo Cotobade felicita á organización polo traballo realizado para manter viva unha cita gastronómica que cumpre xa 48 edicións e que forma parte das tradicións máis arraigadas de Valongo.

O TIRO DO CARRO MANTÉN VIVA A TRADICIÓN EN FILGUEIRAO concelleiro Agustín Troitiño asistiu ao tradicional Tiro do Carro ...
05/09/2026

O TIRO DO CARRO MANTÉN VIVA A TRADICIÓN EN FILGUEIRA

O concelleiro Agustín Troitiño asistiu ao tradicional Tiro do Carro de Filgueira, unha das actividades incluídas no programa das festas na honra da Virxe dos Remedios.

Nesta singular proba, os participantes deben completar un percorrido no menor tempo posible levando un xugo sobre os ombreiros para arrastrar un carro de vacas tradicional, poñendo a proba a súa forza, resistencia e habilidade.

O Concello de Cerdedo Cotobade continúa apoiando este tipo de iniciativas que contribúen a conservar as tradicións populares e a identidade das nosas parroquias.

FILGUEIRA CELEBROU OS ACTOS NA HONRA DA VIRXE DOS REMEDIOSA tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro e a concelleira Belén C...
05/09/2026

FILGUEIRA CELEBROU OS ACTOS NA HONRA DA VIRXE DOS REMEDIOS

A tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro e a concelleira Belén Casado participaron en Filgueira nos actos celebrados na honra da Virxe dos Remedios.

A misa tivo lugar na carpa instalada no exterior da capela, na Eira da Ermida, onde a veciñanza se reuniu para compartir unha xornada marcada pola tradición, a devoción e a convivencia.

O Concello acompañou así aos veciños e veciñas de Filgueira nunha celebración moi arraigada na parroquia.

FENTÁNS HONROU Á VIRXE DOS REMEDIOSO alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, asistiu á misa celebrada na capela de Li...
05/09/2026

FENTÁNS HONROU Á VIRXE DOS REMEDIOS

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, asistiu á misa celebrada na capela de Lixó, en Fentáns, onde a veciñanza se reuniu para honrar á Virxe dos Remedios.

Unha celebración marcada pola tradición, a devoción e a convivencia veciñal, que mantén viva unha das citas relixiosas e festivas desta contorna.

AGUASANTAS CELEBRA O 7 E 8 DE SETEMBRO AS FESTAS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DE AGUASANTASO alcalde, Jorge Cubela, presentou...
04/09/2026

AGUASANTAS CELEBRA O 7 E 8 DE SETEMBRO AS FESTAS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DE AGUASANTAS

O alcalde, Jorge Cubela, presentou xunto coa Comisión de Festas a programación na honra da Nosa Señora de Aguasantas que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.

Luns 7

Banda de Música de Cerdedo

12:15 h. Misa e procesión

Sesión vermú

19:00 h. Rosario na Capela de Penelas

21:00 h. Trío Tic Tac, Mosca Valiente e La Yaya DJ

Mexilloada de balde

Martes 8

Unión Musical de Tenorio

11:45 h. Misa solemne e procesión

Sesión vermú

21:00 h. La Vission

Chocolate con churros de balde

O Concello agradece o traballo da Comisión de Festas e de todas as persoas que contribúen a manter viva esta tradición.

SERVIZO DE TRANSPORTE PARA 40 FAMILIAS DE CERDEDO COTOBADERenovamos o convenio coa Xunta de Galicia para manter dúas liñ...
04/09/2026

SERVIZO DE TRANSPORTE PARA 40 FAMILIAS DE CERDEDO COTOBADE

Renovamos o convenio coa Xunta de Galicia para manter dúas liñas directas de autobús para o alumnado de Cerdedo Cotobade que estuda en A Xunqueira, beneficiando a preto de 40 familias.

Un servizo que facilita a vida das familias e que é posible grazas ao traballo e á xestión do Concello.

Grazas ao conselleiro Diego Calvo e á Xunta de Galicia pola súa colaboración.

FILGUEIRA CELEBRA AS FESTAS NA HONRA DA VIRXE DOS REMEDIOS OS DÍAS 5 E 8 DE SETEMBROO alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge...
03/09/2026

FILGUEIRA CELEBRA AS FESTAS NA HONRA DA VIRXE DOS REMEDIOS OS DÍAS 5 E 8 DE SETEMBRO

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, presentou xunto cos membros da Asociación Comisión Virxe dos Remedios de Filgueira e as concelleiras Lourdes Ovelleiro e Belén Casado a programación das celebracións, que terán lugar os días 5 e 8 de setembro.

📅 Sábado 5 de setembro:

🔹 12:00 horas: misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Arca, procesión e pasarrúas co Grupo de Gaitas Os Alegres de Pontevedra.

🔹 18:00 horas: XVII Tiro do Carro, amenizado por Jonny Maez.

🔹 Verbena con Gaia e Disco Móbil Dolce Vita.

📅 Martes 8 de setembro:

🔹 12:00 horas: misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Arca, procesión e sesión vermú co Grupo de Gaitas Os Alegres de Pontevedra.

Jorge Cubela agradeceu o traballo desinteresado da Comisión e destacou que “apoiar estas celebracións é tamén apoiar a vida das nosas parroquias, a convivencia veciñal e unhas tradicións que forman parte da nosa identidade colectiva”.

As festas están organizadas pola Asociación Comisión Virxe dos Remedios de Filgueira e contan coa colaboración do Concello de Cerdedo Cotobade e da Deputación de Pontevedra.

O ALCALDE JORGE CUBELA PRESENTOU A PROGRAMACIÓN CULTURAL DAS FESTAS DE TENORIO O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cube...
03/09/2026

O ALCALDE JORGE CUBELA PRESENTOU A PROGRAMACIÓN CULTURAL DAS FESTAS DE TENORIO

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, presentou xunto coa concelleira Maite Pichel e o presidente da Banda Unión Musical de Tenorio, Manolo Pazos, a Programación Cultural das Festas de Tenorio, que se desenvolverá entre os días 6 e 10 de setembro.

A programación está organizada pola Banda Unión Musical de Tenorio coa colaboración do Concello de Cerdedo Cotobade e da Deputación de Pontevedra, e inclúe propostas para todos os públicos.

O 6 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Tenorio, espectáculo de maxia “Imposibles o improbables”.

O 7 de setembro, ás 22:00 horas, no adro da igrexa de Tenorio, concerto de Antonio Barros e da Banda Unión Musical de Tenorio, unha actuación que se enmarca no programa Cerdedo Cotobade en Sons e que conta co patrocinio do Concello e da Deputación de Pontevedra.

O 8 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Tenorio, espectáculo “Abordaxe Pirata”.

As actividades de maxia e Abordaxe Pirata contan co patrocinio do Plan Cultural da Deputación de Pontevedra.

A programación complétase co acompañamento musical aos actos relixiosos, Foula, o 8 e o 10 de setembro, e Os Trazantes, o 9 de setembro. Estas actuacións son asumidas polo Concello de Cerdedo Cotobade a través do seu Plan Cultural.

VALONGO CELEBRA DO 4 AO 6 DE SETEMBRO A XLVIII FESTA DA FILLOAO alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, presentou xun...
01/09/2026

VALONGO CELEBRA DO 4 AO 6 DE SETEMBRO A XLVIII FESTA DA FILLOA

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, presentou xunto coa Comisión de Festas de Valongo a programación da festa na honra da Nosa Señora do Libramento, que terán como gran referente a XLVIII Festa da Filloa.

A programación comezará o venres 4 de setembro, ás 21:00 horas, cunha gran churrascada amenizada pola Banda do Sequío e Nueva Fuerza.

O sábado 5, ás 18:30 horas, celebrarase o XLVIII Concurso de Filloas, amenizado polo grupo Son da Pedra Meiga. Pola noite, a partir das 22:30 horas, terá lugar a verbena coa gran orquestra Channel e o Trío Azar.

As celebracións continuarán o domingo 6, ás 12:00 horas, coa entrega de trofeos da XLVIII Festa da Filloa. Ás 13:15 horas celebrarase a misa solemne e posterior procesión, acompañada polos Gaiteiros dos Catro Ventos.

O Concello colabora coa celebración cunha subvención nominativa de 1.500 euros e coa cesión das mesas necesarias para a churrascada e a degustación das filloas. A programación conta tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

ROI CASAL PUXO O BROCHE MUSICAL ÁS FESTAS DE VIASCÓNViascón viviu unha noite especial co concerto de Roi Casal, que reun...
31/08/2026

ROI CASAL PUXO O BROCHE MUSICAL ÁS FESTAS DE VIASCÓN

Viascón viviu unha noite especial co concerto de Roi Casal, que reuniu a numeroso público e se converteu nun dos grandes momentos das festas da parroquia.

A actuación formou parte do programa Cerdedo Cotobade en Sons, unha iniciativa coa que o Concello continúa achegando propostas musicais de primeiro nivel ás distintas parroquias e contribuíndo, ao mesmo tempo, a dinamizar as celebracións e a vida cultural do municipio.

Dirección

Chan 11
Carballedo
36856

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Cerdedo-Cotobade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir