Ayuntamiento de Cerdedo-Cotobade

Ayuntamiento de Cerdedo-Cotobade Páxina oficial da Festa do Petote, cita gastronómica popular do Concello de Cerdedo-Cotobade creada no ano 2010

A páxina Festa do Petote ten como obxectivo a difusión dos aspectos lúdicos, culturais e tradicionais desta cita gastronómica organizada polo Concello de Cotobade arredor do cocido de Entroido e do produto singular do petote

04/01/2024

✅ En la web del dispone de toda la información relacionada con la revalorización para 2024 de las cuantías de las no Contributivas de la y de las Prestaciones Sociales y Económicas para personas con .
ℹ️ http://tinyurl.com/ywddkzhx

04/01/2024

🗣️ El le invita a conocer el folleto informativo actualizado de las no Contributivas de la (PNC) para 2024:
🔸 Requisitos.
🔸 Cuantías.
🔸 Dónde solicitarlas.
🔸 Regularización y revisión de los ya pensionistas.
ℹ️ http://tinyurl.com/yqk77o5o

Comeza o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de   do   2024.📍 192.000 plazas.Para maior inf...
12/12/2023

Comeza o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de do 2024.
📍 192.000 plazas.
Para maior informacion preguntar nos Servicios Sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade

07/03/2023
Parabéns á nosa festa irmá do Bolo do Pote, que se celebra mañá en Marín e acada a súa decimosétima edición.
07/03/2020

Parabéns á nosa festa irmá do Bolo do Pote, que se celebra mañá en Marín e acada a súa decimosétima edición.

Queremos agradecer aos moitos medios de comunicación que se fixeron eco da nosa exitosa XI Festa do Petote por darlle ta...
17/02/2020

Queremos agradecer aos moitos medios de comunicación que se fixeron eco da nosa exitosa XI Festa do Petote por darlle tanta difusión á exaltación do noso tradicional bolo de millo.
E por suposto tamén a todos os que colaborastes ou asististes á nosa festa. Viva o Petote!

A undécima sesión da Festa do Petote enche 500 prazas nos restaurantes participantes e despacha 250 racións na degustación popular nunha xorada en que o gaiteiro Óscar Ibáñez leu o pregón e...

A XI FESTA DO PETOTE ENCHE 500 PRAZAS NOS RESTAURANTES PARTICIPANTES E DESPACHA 250 RACIÓNS NA DEGUSTACIÓN POPULARA XI F...
16/02/2020

A XI FESTA DO PETOTE ENCHE 500 PRAZAS NOS RESTAURANTES PARTICIPANTES E DESPACHA 250 RACIÓNS NA DEGUSTACIÓN POPULAR

A XI Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, encheu este domingo máis de 500 prazas nos nove restaurantes colaboradores, que serviron cocido de Entroido co típico bolo de millo destas terras, e despachou unhas 250 completas racións na degustación popular gratuíta celebrada á hora do vermú cun amplo programa de actividades na Praza da Chan.
A xornada foi bastante chuviosa, o que provocou cambios horarios nalgúns dos actos e ateigou ata a bandeira a carpa de grandes dimensións instalada polo Concello. Así, a festa arrancou cos xogos inchables para os cativos e o espectáculo musical e de baile a cargo de Os Afoutes do Canón de Pau e das Madamitas e Folións da parroquia de Valongo. Tan pronto como as precipitacións deron unha tregua, As Flores de Carnaval fixeron o seu vistoso, espectacular e animado pasarrúas polo centro da Chan acompañados das dúas formacións locais.
A continuación, procedeuse á lectura do pregón, recuperado despois de catro anos, da man do gaiteiro Óscar Ibáñez, que foi presentado polo alcalde, Jorge Cubela, que agradeceu a participación de todos os colaboradores da festa e introducíu ao músico, moi vencellado a Cerdedo-Cotobade e que vai ter un papel protagonista neste ano 2020, adicado a Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón, polo seu centenario. Óscar Ibáñez fixo un pregón centrado principalmente na música e nos valores do municipio e rematou a súa intervención coa interpretación dunha peza musical.
Finalmente, as actividades de rúa remataron co concerto do grupo A Tajea, xa presente na edición do pasado ano, e coa degustación popular gratuíta, na que se despacharon 250 racións de petote, chourizo e produtos de Entroido elaborados por tres coñecidas cociñeiras do municipio.
Tras estas actividades, a xente achegouse ata os nove restaurantes colaboradores para degustar un menú pechado de cocido de Entroido con petote, bebida e postre coa asistencia de máis de 500 persoas, que esgotaron por completo as prazas en seis dos establecementos participantes e que deixaron unha gran afluencia nos tres restantes. En total, a ocupación roldou o 85% das 600 prazas que ofrecían, globalmente, os locais de restauración, que foron os seguintes: A de Tucho (Augasantas), A Raxadal (Carballedo), Casa Blanco (Rebordelo), Casa Inés (Carballedo), A Vosa Taberna (Borela), O Novo Chiringuito (Valongo), Espigueiro (Cerdedo), O Meu Lar (Cerdedo) e Restaurante Davi (Quireza).
Ao remate do xantar, Jorge Cubela valorou moi positivamente esta edición da festa “xa que malia as fortes choivas e o día desapacible conseguimos encher a Praza da Chan para as actividades de rúa e ademais houbo un gran ambiente e unha degustación cun petote exquisito” e engadíu que este ano “bateuse o récord absoluto de comensais do cocido de Entroido con petote, xa que contando os anos que se fixo a comida no pavillón e os do novo formato, tiñamos o tope en 450 asistentes, polo cal estamos máis que satisfeitos”.

XI FESTA DO PETOTE EN CERDEDO-COTOBADE👉Domingo 16 de febreiro dende as 12.00 horas na Praza da Chan👉300 petiscos de peto...
15/02/2020

XI FESTA DO PETOTE EN CERDEDO-COTOBADE

👉Domingo 16 de febreiro dende as 12.00 horas na Praza da Chan

👉300 petiscos de petote e produtos de Entroido na degustación popular gratuíta

👉600 prazas nos restaurantes colaboradores para comer o cocido de Entroido con petote. Chama e fai a túa reserva!

🍴A de Tucho (Augasantas-670 971 785)
🍴A Raxadal (Carballedo-986 760 018)
🍴Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995)
🍴Casa Inés (Carballedo-986 760 003)
🍴A Vosa Taberna (Borela-986 763 126)
🍴O Novo Chiringuito (Valongo-680 344 004)
🍴Espigueiro(Cerdedo-678 719 030)
🍴O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141)
🍴Restaurante Davi (Quireza-606 774 141)

A festa iniciarase o domingo na Chan cun desfile de comparsas de Entroido. A organización repartirá 300 petiscos gratis

A XI FESTA DO PETOTE OFRECE 600 PRAZAS NOS NOVE RESTAURANTES COLABORADORES E XA ROZAN O 50% DE OCUPACIÓN PARA ESTE DOMIN...
13/02/2020

A XI FESTA DO PETOTE OFRECE 600 PRAZAS NOS NOVE RESTAURANTES COLABORADORES E XA ROZAN O 50% DE OCUPACIÓN PARA ESTE DOMINGO

A XI Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, vaise celebrar este domingo, 16 de febreiro, con actividades de rúa na Praza da Chan e un xantar a base de cocido en nove restaurantes colaboradores de todo o municipio, que ofrecen un total de 600 prazas de comensais e que xa rozan o 50% de ocupación para esta data festiva polas reservas realizadas ata a data. Estes datos foron revelados esta mañá na presentación da cita gastronómica, realizada polo alcalde, Jorge Cubela, e os concelleiros Fernando Vázquez e Javier Lois, que se encargan da coordinación da festa e das labores de Protección Civil, respectivamente.
O programa arrancará ás 12.00 horas deste domingo cun vistoso desfile de comparsas polas rúas de Carballedo no que participarán as tradicionais madamitas e folións e As Flores do Carnaval antes de que se dea lectura ao pregón, recuperando deste xeito unha actividade propia das seis primeiras edicións desta cita gastronómica. Nesta ocasión, o gaiteiro Óscar Ibáñez, moi vencellado ao municipio nas homenaxes anuais a Ricardo Portela e nas actividades do Ano Antonio Fraguas, será o protagonista deste acto.
A continuación, haberá sesión vermú con degustación gratuíta de petote e outros produtos do Entroido na que se repartirán máis de 300 petiscos nos postos habilitados na Praza da Chan; animación musical co concerto do grupo A Tajea; e inchables e outros xogos para os máis cativos. Ante a previsión de choivas, o Concello ten previsto colocar unha carpa de grandes dimensións para garantir a exaltación e todas as actividades.
En canto á degustación do tradicional Cocido de Entroido con petote, as persoas interesadas poden seguir facendo as súas reservas nos nove establecementos participantes, que son os seguintes: A de Tucho (Augasantas-670 971 785), A Raxadal (Carballedo-986 760 018), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), Casa Inés (Carballedo-986 760 003), A Vosa Taberna (Borela-986 763 126), O Novo Chiringuito (Valongo-680 344 004), Espigueiro (Cerdedo-678 719 030), O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141) e Restaurante Davi (Quireza-606 774 141). O menú estará composto de cocido completo con petote, postre e bebida a un prezo unificado de 20 euros por persoa en todos os establecementos.
O alcalde, Jorge Cubela, explicou que “o ano pasado optamos por impulsar e modernizar a festa, diversificándoa e extendéndoa a todo o territorio e mantendo o xérmolo en Carballedo con degustación e actividades de rúa que a fan máis próxima aos veciños, e a verdade é que foi un éxito absoluto, polo que imos repetir con esta organización”. Ademais, destacou a importancia do retorno económico que este novo formato xenera nos restaurantes e animou á veciñanza do municipio e doutros concellos a facer as súas reservas de praza canto antes para poder gozar deste cocido de Entroido con petote.

Dirección

Carballedo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ayuntamiento de Cerdedo-Cotobade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir