Protección Civil Carballeda de Avia

Protección Civil Carballeda de Avia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Carballeda de Avia,
'Mi pasión es tu seguridad'

30/03/2026

ATENCIÓN CARBALLEDA!!
Can recollido entre Carballeda e Abelenda, sen chip.
Alguén o busca ou recoñece??
Contacto:659965905 Ges

⚠️ Queimas de restos agrícolas e forestais particulares QUEDAN SUSPENDIDAS⚠️Información da Consellería do Medio Rural da...
24/03/2026

⚠️ Queimas de restos agrícolas e forestais particulares QUEDAN SUSPENDIDAS⚠️

Información da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

🚨Hoxe estreamos material loxístico de seguridade viaria en Protección Civil! No día de hoxe acudimos á Academia Galega d...
17/03/2026

🚨Hoxe estreamos material loxístico de seguridade viaria en Protección Civil!

No día de hoxe acudimos á Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP ao acto de entrega de material de emerxencias correspondente a Orde do 17 de xullo de 2025 para a adxudicación de equipamento de emerxencias da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

O Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva entregáronnos o material que solicitamos en concorrencia competitiva, consistente nun lote de material loxístico de SEGURIDADE VIARIA.

Este material é sumamente importante para garantir a seguridade e visibilidade do persoal voluntario de Protección Civil cando somos requeridos para traballos, accidentes ou eventos culturais ou deportivos en estradas, e tamén para aumentar a seguridade das persoas que necesitan da nosa intervención nestes escenarios así como dos demáis corpos de emerxencias e seguridade.

Moi contentos e agradecidos por seguir facendo Protección Civil e seguir contando co apoio das Administracións Públicas.

Tan pronto como a meteoroloxía no lo permitiu saímos a campo, levamos varias xornadas recorrendo as estradas, pistas, ro...
21/02/2026

Tan pronto como a meteoroloxía no lo permitiu saímos a campo, levamos varias xornadas recorrendo as estradas, pistas, roteiros e demáis infraestruturas.

Estamos fotografiando e anotando danos en estradas, sinalizando perigos, fochancas, desprendementos, e cando o podemos resolver nós, xa o facemos, como o problema de hoxe a mañá, unha árbore cortaba o paso na pista do Camiño Natural de Carballeda á altura de Xunqueira.

O persoal do concello tamén está traballando arreo, temos comunicación contínua e lle imos pasando avisos ou priorizando actuacións, tamén nos informan que se están organizando traballos para restituir os danos con actuacións más amplas.

Na tarde de onte repartimos notificacións en papel cun pequeno plano a todos os domicilios que iban a sufrir molestias c...
17/02/2026

Na tarde de onte repartimos notificacións en papel cun pequeno plano a todos os domicilios que iban a sufrir molestias cos cortes de tráfico polo entroido que se celebrou hoxe.

Queremos dar as gracias a toda a veciñanza por colaborar con nós e seguir as nosas indicacións, hoxe pola mañá nos foi facilísimo preparar a sinalización e os cortes de entroido, nin un só vehículo estaba mal estacionado, toda a veciñanza preparou con antelación os desplazamentos, se utilizou sin ningún incidente o desvio provisional sinalizado e non houbo nin o máis mínimo problema.
🧡MOITÍSIMAS GRACIAS!! 🧡

13/02/2026

🎥 Reportaxe da TVG do colapso do firme na estrada en Faramontaos, Concello de Carballeda de Avia

Nota de prensa do xornal La Región, sobre  o colapso do terreo na OU-0306 en Faramontaos (Carballeda de Avia) o pasado m...
13/02/2026

Nota de prensa do xornal La Región, sobre o colapso do terreo na OU-0306 en Faramontaos (Carballeda de Avia) o pasado mércores 11.

11/02/2026

(Vídeo) Momento do colapso do firme na OU-0306 na parroquia de Faramontaos (Carballeda de Avia).

Acudimos ao lugar alertados polos veciños, que daban aviso dun poste electrico que había caído cos cables e estrutura tirada pola estrada.
Ao chegar ao punto observamos que o que estaba fallando en realidade era o terreo, rápidamente colocamos os nosos vehículos cortando o tráfico e paramos a circulación totalmente.
Demos conta desta situación urxentemente ao 112 Galicia para que comunicase o corte total da circulación por seguridade á Garda Civil de Tráfico e Deputación de Ourense.
A p***s nos deu tempo de grabar estas imaxes.

Infinidade de danos nos está deixando esta sucesión interminable de borrascas.

⚠️⛔️ESTRADA OU-0306 CORTADA AO TRÁFICO⛔️Lugar FARAMONTAOS (Carballeda de Avia)A estrada que une San Cristovo (Ribadavia)...
11/02/2026

⚠️⛔️ESTRADA OU-0306 CORTADA AO TRÁFICO⛔️
Lugar FARAMONTAOS (Carballeda de Avia)

A estrada que une San Cristovo (Ribadavia) - Faramontaos (Carballeda de Avia), cortada totalmente ao tráfico polo colapso do terreo no punto kilométrico 9,300 en Faramontaos.

Persoal da Deputación de Ourense atopase no punto con nós valorando e sinalizando.

Para dirixirse ao Concello de Avión recoméndase utilizar a OU-212 Beade - Avión

🟢🟢REABERTA AO TRÁFICO🟢🟢ESTRADA LOCAL DE MUIMENTA - ABELENDAO nivel da auga baixou e xa retiramos a sinalización.CIRCULAR...
11/02/2026

🟢🟢REABERTA AO TRÁFICO🟢🟢

ESTRADA LOCAL DE MUIMENTA - ABELENDA

O nivel da auga baixou e xa retiramos a sinalización.
CIRCULAR CON PRECAUCIÓN E CON PLENA ATENCIÓN

⚠️⛔️CORTADA AO TRÁFICO⛔️⚠️

Estrada local entre Muimenta a Abelenda.

Por desbordamento do regato que cubriu totalmente a estrada.

O itinerario alternativo para servicio dos veciños será:
- Muimenta - Vilar de Condes - Saa - Vilariño - Carballeda

EVITAR DESPLAZARSE, CIRCULAR CON MOITA PRECAUCIÓN E CON PLENA ATENCIÓN

⚠️⛔️CORTADA AO TRÁFICO⛔️⚠️Estrada local entre Muimenta a Abelenda.Por desbordamento do regato que cubriu totalmente a es...
11/02/2026

⚠️⛔️CORTADA AO TRÁFICO⛔️⚠️

Estrada local entre Muimenta a Abelenda.

Por desbordamento do regato que cubriu totalmente a estrada.

O itinerario alternativo para servicio dos veciños será:
- Muimenta - Vilar de Condes - Saa - Vilariño - Carballeda

EVITAR DESPLAZARSE, CIRCULAR CON MOITA PRECAUCIÓN E CON PLENA ATENCIÓN

04/02/2026

⚠️AVISO AMARELO POR CHUVIAS E VENTO⚠️

AEMET activa desde esta medianoite e toda a xornada de mañá XOVES 5 de febreiro, aviso amarelo por CHOIVAS no NOROESTE, MIÑO E SUR de e ventos en toda a provincia que poden superar os 70 km/h e os 80km na zona de MONTAÑA.

Os acumulados de auga en 12 horas poden chegar aos 60 mm na zona SUR e en 24 horas aos 80 mm na Baixa Limia.

Respeta as sinalizacións das Autoridades.
Afastate dos marxes dos ríos.

Moita precaución!!!

Dirección

Carballeda De Avia
32413

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Protección Civil Carballeda de Avia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría