A morada de Buli

A morada de Buli Páxina da biblioteca escolar do CEIP Castrillón de Coiro. www.instagram.com/amoradadebuli

Ola Bulideir@s!Hoxe o alumnado dos clubs Bulideiras de 1º a 3º EP puideron desfrutar dunha "Silent Reading Party" como p...
01/06/2026

Ola Bulideir@s!

Hoxe o alumnado dos clubs Bulideiras de 1º a 3º EP puideron desfrutar dunha "Silent Reading Party" como peche ás lecturas conxuntas deste curso.

Puideron merendar e ler tranquilamente ao sol, ademais de comentar os libros que estaban lendo.

Que ben senta ler ao solciño!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Comprácenos anunciarvos que o vindeiro venres 29 de maio contaremos coa presenza da escritora Victoria Pi...
27/05/2026

Ola Bulideir@s!

Comprácenos anunciarvos que o vindeiro venres 29 de maio contaremos coa presenza da escritora Victoria Pinal no noso club de lectura para adultos "Café e Papel" para falar do seu libro "Tiña eu razón", publicado por .

Pregamos que tódalas que viñeron asiduamente ao club de lectura durante o ano veñan igualmente á reunión aínda que non lesen o libro, xa que temos preparada unha pequena sorpresa.



Agardamos por vós!



Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Esta mañá, o alumnado de 6º EI B tivo unha visita tan especial como inesperada: estivo con eles o cineast...
27/05/2026

Ola Bulideir@s!

Esta mañá, o alumnado de 6º EI B tivo unha visita tan especial como inesperada: estivo con eles o cineasta cangués Xoán Fernández Diz para explicarlles un pouco como funciona o cine e a gravación de películas.

Xoán tamén lles ensinou diferentes aparatos usados para facer películas durante os últimos 70 anos. Os nenos desfrutaron moitísimo e mesmo lle pediron autógrafos!

Grazas a Xoán e ao seu pai por esta mañá tan diferente e interesante!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Informámosvos de que durante esta semana poderedes apuntarvos para o obradoiro de antotipia que realizare...
12/05/2026

Ola Bulideir@s!

Informámosvos de que durante esta semana poderedes apuntarvos para o obradoiro de antotipia que realizaremos durante a última semana de maio nos recreos de EP.

É un obradoiro voluntario, pero é obrigatorio inscribirse para poder participar para unha mellor xestión dos recursos e unha mellor atención ao alumnado participante.

Non dubidedes en apuntarvos! Teredes a postal máis molona para enviar este verán!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!O alumnado de Ed. Infantil tamén puido desfrutar esta semana da actividade "Cazadores de mentiras". Tiver...
06/05/2026

Ola Bulideir@s!

O alumnado de Ed. Infantil tamén puido desfrutar esta semana da actividade "Cazadores de mentiras". Tiveron que elixir a resposta correcta ás preguntas sobre os contos, pero para elo tiveron que buscar a información e explicar o porqué!

Pasárono p**a!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Deixámosvos por aquí a ÚLTIMA lectura deste curso 2025/2026 do club de lectura de adultos "Café e papel"....
06/05/2026

Ola Bulideir@s!

Deixámosvos por aquí a ÚLTIMA lectura deste curso 2025/2026 do club de lectura de adultos "Café e papel". Desta vez, leremos "Tiña eu razón", da nosa benquerida compañeira Victoria Pinal e publicado por na súa colección de narrativa.

O libro sae hoxe, 30 de abril, á venda ao público.

A reunión do club terá lugar na biblioteca "A morada de Buli" o vindeiro 29 de maio ás 15:45.

Buliapertas!



Ola Bulideir@s!Hoxe, no club de lectura de adultos "Café e papel" tivemos a sorte de compartir impresións sobre o libro ...
24/04/2026

Ola Bulideir@s!

Hoxe, no club de lectura de adultos "Café e papel" tivemos a sorte de compartir impresións sobre o libro "A agonía das folerpas" / "El caso Salgueiro" de Óscar Reboiras co Club de Lectoras Tolas do .

Unha experiencia moi enriquecedora que nos levou incluso a falar de máis libros e ou incluso barallar a posibilidade de facer máis reunións comúns no futuro.

Moitas grazas a todas por vir! Agardámosvos en futuras ocasións!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Mañá imos ter a sorte de poder recibir no noso centro ao escritor Óscar Reboiras  e á ilustradora Carolin...
23/04/2026

Ola Bulideir@s!

Mañá imos ter a sorte de poder recibir no noso centro ao escritor Óscar Reboiras e á ilustradora Carolina Nickelle Lois .momochi para falar do libro "Cando o mundo é azul", publicado por .

A charla será co alumnado de 3º EP, que tivo este libro como lectura en galego este curso.

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Comezamos coas actividades pola Semana do Libro.Este ano temos como proposta a actividade "Cazadores de m...
20/04/2026

Ola Bulideir@s!

Comezamos coas actividades pola Semana do Libro.

Este ano temos como proposta a actividade "Cazadores de mentiras", na que o alumnado terá que atopar algúns libros na biblioteca e descubrir se os datos que se lles dan sobre eles son verdadeiros ou falsos.

A actividade está adaptada para cada ciclo.

Iremos contándovos máis novidades ao longo da semana.

Buliapertas!

Dirección

CEIP Castrillón/Coiro)
Cangas
36947

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Jueves 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Viernes 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A morada de Buli publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a A morada de Buli:

Compartir

Categoría