03/08/2026
📣 O MODELO TURÍSTICO QUE QUEREMOS PARA CANGAS
✨ É ben sabido que Cangas e o Morrazo son un dos principais destinos turísticos do país. A nosa cultura, gastronomía e un entorno idílico son ben coñecidos por todas.
📝 Hai dous tipos de turismo ben diferenciados:
1️⃣ O que prefire a cantidade, infla os prezos da vivenda, non deixa pegada económica na vila e desborda os nosos recursos.
2️⃣ O que respecta, deixa riqueza e suma ao día a día da nosa vila.
📈 Nós témolo claro: fronte a un modelo que desborda o saneamento, desestabiliza o abastecemento e o prezo da vivenda e enche a vila de automóbiles, queremos un modelo que conviva coa xente que vive na vila, que respecte a nosa cultura e que consuma os nosos produtos.
🫂 Porque Cangas non é só dous meses de verán: é a veciñanza que constrúe a vila os 365 días do ano.