Alternativa dos Veciños Cambre

Alternativa dos Veciños Cambre Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Alternativa dos Veciños Cambre, Organización política, Cambre, Cambre.

Alternativa dos Veciños Cambre é un equipo de veciños e veciñas, con ganas de impulsar propostas e promover unha xestión municipal volcada na veciñanza de Cambre.

Grazas por ter dedicado parte da túa vida e do teu tempo a traballar por mellorar Cambre. Que a terra che sexa leve. Tod...
30/08/2026

Grazas por ter dedicado parte da túa vida e do teu tempo a traballar por mellorar Cambre.

Que a terra che sexa leve. Todo o noso cariño e unha aperta sincera para a túa familia e para toda a familia socialista nestes momentos tan difíciles.

Con moita tristeza, hoxe dicimos adeus ao noso compañeiro e exconcelleiro de Cambre, Miguel Ángel Gutiérrez Nieto.

Manteremos sempre na memoria o seu amor polos animais, a súa entrega e a forza con que defendeu cada unha das súas ideas.

A agrupación socialista perde hoxe a un dos nosos, demasiado cedo.

Miguel, que a terra che sexa leve. 🖤

Alternativa é crítica polas actitudes amosadas polos diferentes grupos políticos durante a sesión plenaria para aprobar ...
15/08/2026

Alternativa é crítica polas actitudes amosadas polos diferentes grupos políticos durante a sesión plenaria para aprobar o orzamento.

Un BNG e PSOE que empregou o circo mediatico para incluír as súas propostas no orzamento para despoís non apoiar a súa aprobación e manterse na abstención. E UXC que continúa coas súas políticas destructivas de “non polo non”, empregando a mesma oposición que criticaban do PP cando gobernaban. E un PP nada conciliador.

Alternativa apoiou este documento “nin por intereses nin por pactos ocultos, senón por responsabilidade, porque a veciñanza está a pedir que deixemos de trifurcas políticas e nos poñamos de acordo”, matizou Raúl Varela, “Dende que Alternativa forma parte da corporación nunca freou o avance dun orzamento, nin con UXC, xa que consideramos que é mellor que esté en vigor que non telo.”

A pesar de que a súa entrada en vigor sería casi ao finalizar o ano permitiría, entre outras moitas cousas tres eixos qu...
10/08/2026

A pesar de que a súa entrada en vigor sería casi ao finalizar o ano permitiría, entre outras moitas cousas tres eixos que contribuirían a unha maior capacidade operativa para solucionar algúns das problemáticas actuais, entre outras:

- Á xestión dos gastos correntes con normalidade.

- A impulsar solucións para a problemática de persoal, xa que poderíase cubrir as prazas previstas, actualizar retribucións e planificar as necesidades reais nas distintas áreas de traballo.

- A garantir a financiación dalgúns dos servizos públicos que están en precario, como pode ser a limpeza viaria, recollida de residuos, mantemento de parques ou o alumeado.

- A aportar seguridade xurídica e mellor planificación económica.

👉 “A pesar de non compartir todos os seus criterios, o orzamento é unha ferramenta para a estabilidade administrativa que tanto necesita Cambre e Alternativa non vai votar en contra disto.” Alternativa non impedirá a aprobación deste documento, como tampouco o fixo nos anteriores mandatos.

Por fin comezaron os traballos no paseo fluvial do Río Mero!⚠O tramo desde Cela ata Norgasa na marxe esquerda seguindo o...
07/08/2026

Por fin comezaron os traballos no paseo fluvial do Río Mero!

⚠O tramo desde Cela ata Norgasa na marxe esquerda seguindo o sentido do río está pechado , polos traballos que se están a realizar.

🟢O resto do paseo se pode empregar con normalidade.

👉A evolución diaria dos traballos pode xerar modificacións, polo que se recomenda verificar os cortes previstos nos soportes oficiais do concello. Concello de Cambre

Solicitamos na Xunta de Goberno a instalación dun Punto Violeta no Rock in Cambre, servizo que se ofrece na maioría dos ...
06/08/2026

Solicitamos na Xunta de Goberno a instalación dun Punto Violeta no Rock in Cambre, servizo que se ofrece na maioría dos grandes eventos da comarca.

👉Propuxeronse diferentes alternativas:
-Estudar a posibilidade de facelo con persoal municipal
- colaboración con asociacións do concello e contorna
- A través de outras administracións públicas
- Acudir á contratación

O goberno local comprometeuse a valoralo e trasladou a dificultade para poñer en funcionamento tanto pola falta de persoal, como pola formación específica necesaria para atendelo.

🛃A maiores solicitouse información sobre as medidas de seguridade previstas e instou ao goberno a facelas públicas para a veciñanza e visitantes.

Votamos a favor do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) de 160.000 euros, para o pago de facturas polos servizos...
03/08/2026

Votamos a favor do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) de 160.000 euros, para o pago de facturas polos servizos de conserxería e mantemento dos campos municipais de fútbol prestados pola empresa Os Ventos.

REC que permite que se de cumprimento ás 18 sentencias xudiciais que obrigan ao correspondente pago.

👉“Non apoiamos ao PP, apoiamos pagar a unha empresa os traballos realizados, tal como dictaminou a xustiza” sinala Raúl Varela.

Alternativa mantén o seu compromiso de permitir que a situación administrativa do Concello avance, impulsando co seu voto a favor deste expediente REC.

⚠ A comarca da Coruña non pode seguir atrapada no colapso diarioAlternativa dos Veciños reclama:🚌   a creación dun Conso...
21/07/2026

⚠ A comarca da Coruña non pode seguir atrapada no colapso diario

Alternativa dos Veciños reclama:
🚌 a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte e
🛣️ esixe á Xunta que desbloquee as infraestruturas viarias pendentes para acabar co caos e os colapsos diarios

Desde Alternativa dos Veciños levamos anos denunciando que o maior problema que temos na comarca da Coruña é o da mobilidade e o tráfico. Pero para acabar con eses colapsos diarios que sufrimos nos accesos á cidade é imprescindible que Xunta e Estado completen dunha vez as infraestruturas viarias pendentes e que creemos un auténtico sistema de transporte público metropolitano, coordinado e eficaz.

Precisamente para ter un servizo de transporte que funcione, desde Oleiros defendemos a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte, liderado pola cidade da Coruña e no que participen Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo…Un organismo que planifique as liñas, as frecuencias, as tarifas e os investimentos pensando nas persoas e non nas fronteiras administrativas, nin nas empresas concensionarias, como sucede agora coas liñas metropolitanas da Xunta.

A nova concesión do autobús urbano da Coruña é unha oportunidade histórica para dar o salto cara a unha verdadeira rede metropolitana. É o momento de deseñar un contrato flexible e capaz de adaptarse á futura creación do Consorcio e de permitir que os autobuses urbanos deixen de rematar na fronteira do municipio da Coruña.

“A Xunta acaba de anunciar estes días a contratación dun tramo da autovía da Costa da Morte, unha estrada que están utilizando 10.000 vehículos diarios… pero en cambio leva máis de 6 anos coas obras da vía Ártabra paralizadas, despois de cometer un montón de erros no proxecto e na contratación. Non deron ningunha explicación e están sometendo ao principal acceso da Coruña con máis 90.000 vehículos diarios a unha situación totalmente insufrible. E non só a Xunta, tamén o Ministerio de Transportes, que ten paralizada a contratación e a ampliación da ponte da Pasaxe”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Sen infraestruturas viarias non haberá solución ao grave problema de mobilidade e tráfico que sufrimos na comarca da Coruña. “É urxente convocar unha reunión, e eu vou intentalo desde a Deputación, falando co presidente e cos concellos para esixir a construción das infrestruturas pendentes e a mellora do transporte público”, dixo o presidente de Alternativa.

Coruña

Algunhas das iniciativas, propostas e cuestións realizadas durante o pasado mes de xuño.
18/07/2026

Algunhas das iniciativas, propostas e cuestións realizadas durante o pasado mes de xuño.

17/07/2026

⚠️As obras na estrada da Estación deixa novos problemas de seguridade

Solicitamos á Deputación a urxente corrección das deficiencias detectadas tras as obras de renovación de asfaltado na estrada da Estación (DP 1702):

🟢A beirarrúa, na marxe da Estación de ferrocarril, quedou aínda máis baixa que a calzada,
🟡 foi eliminado o paso de peóns elevado que contribuía á reducción de velocidade dos vehículos.

“A actuación no pavimento da vía era necesaria, pero agora hai que resolver as consecuencias porque inciden directamente na seguridade viaria.” sinalou Raúl Varela.

Alternativa reforza a petición presentada o pasado mes de marzo para mellorar o estado das beirarrúas na carreteira da Estación e a súa accesibilidade.

🎉 As festas parroquiais son unha parte esencial da vida social de Cambre. Pero precisan unha boa coordinación e seguimen...
16/07/2026

🎉 As festas parroquiais son unha parte esencial da vida social de Cambre. Pero precisan unha boa coordinación e seguimento.

Trasladamos na Xunta de Goberno as queixas recibidas pola veciñanza sobre o estado no que quedaron diferentes espazos públicos tras algunhas das celebracións.

👉 Consideramos que é preciso un maior seguemento municipal das festas parroquiais para mellorar a coordinación, apoiar ás entidades organizadoras e garantir o correcto estado dos espazos públicos unha vez rematados os eventos.

▶️ O obxectivo non é poñer trabas ás celebracións, senón facilitar o seu desenvolvemento e garantir que os espazos públicos queden en boas condicións para toda a veciñanza.

Dirección

Cambre
Cambre
15660

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alternativa dos Veciños Cambre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir