11/08/2026
POR NÓS QUE NON SEXA.
Por responsabilidade e por coherencia, por principios e por honradez. O BNG de Cambre ímonos abster na votación duns orzamentos 2026 que chegan a pleno... avanzado o mes de agosto.
Facémolo principalmente polas asociacións e entidades veciñais, culturais, deportivas, sectoriais... de Cambre, xa masacradas por anos de desgoberno onde se chegou a non convocar subvencións municipais en varias anualidades.
Nós queríamos e propuxemos a fórmula concreta para que as axudas públicas medrasen máis, a nosa poroposta non foi atendida. Si o foron outras, a mellora do local do apeadoiro de Cecebre e a adquisición do edificio dos muiños da Barcala. Todo cun goberno, que recoñecemos benintencionado pero feble e desestructurado, incapaz de xestionar o Concello, que foi polo menos minimamente dialogante, cousa que non se daba no pasado.
Non son os nosos orzamentos, pero son mellores que deixar a Cambre e ao seu tecido social e sectores máis desfavorecidos sen orzamentos.
Toca seguir traballando por Cambre!
https://www.elidealgallego.com/area-metropolitana/cambre/2026-08-11/el-bng-de-cambre-a-malos-que-sexan-os-orzamentos-do-goberno-local-e-mellor-telos-que-non-873062.html
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2026/08/11/bng-abstendra-presupuestos-cambre-alternativa-dos-vecinos-pp-133265149.html