15/05/2024
REGRESA "CAMBADOS HISTÓRICA", A RECREACIÓN DA VILA DOS SÉCULOS XVI E XVII
O evento, organizado pola Concellería de Festas, desenvolverase os días 24, 25 e 26 de maio.
Cambados volverá a recrear o momento de auxe do mercado de Fefiñáns e a importancia que tivo para a vila e a comarca coa celebración da terceira edición de "Cambados Histórica".
A Praza de Fefiñáns encherase durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio de mercaderes e artesáns que reproducirán un dos mercados máis importantes do Salnés e da ría de Arousa durante os séculos XVI e XVII, xa na Idade Moderna.
Postos de artesanía, música e espectáculos de circo e lume completarán o evento organizado pola Concellería de Festas, no que a ambientación estenderase ata o centro de Cambados e San Tomé.
O mercado inaugurarase o venres 24 de maio, ás 19 horas, con Suru o elefante guerreiro e o seu séquito de músicos. Logo, ás 19:30 ruxirán os tambores para dar paso a Demonium e os zancudos da noite, que chegarán ás 20 horas. Seguirá a festa con música folk, ás 21 horas, antes do espectáculo de lume O Feitizo. O mercado pechará ás 22:30.
O sábado 25 de maio o mercado abrirá de novo ás 11 horas cunha completa axenda de actividades por diante:
11:30 Os Bufóns da Corte Real
12:00 Ruada musical
13:00 Gaia natureza
13:45 A boa música
Trala parada para o Xantar, o programa continúa:
18:00 Os comerciantes chegan á vila
18:30 Ruxen os tambores
20:00 Suru o elefante guerreiro e o seu séquito
21:30 A boa música
22:00 A noite en chamas, espectáculo de lume.
O domingo 26 de maio, trala apertura do mercado ás 11 horas:
11:30 Os faunos zancudos
12:00 Música folk
13:00 Os perfumeiros
13:45 Soan os tambores
Pausa para o Xantar ás 14.30.
Pola tarde:
18:00 A boa música
18:30 Os viaxeiros doutros mundos
20:00 Suru o elefante guerreiro e o seu séquito.
21:30 Clausura de Cambados Histórica con moita música e personaxes fantásticos.
E todos os días, en horario do mercado, Recuncho Infantil con xogos e atraccións ecolóxicas.
Ademais, a partir do 15 de maio haberá traxes históricos para ser alugados por quen o desexe no local de Zona Centro situado na rúa Nova de Cambados.
Dende a concellaría de Festas anímase a cambadeses e cambadesas a revivir durante esa fin de semana unha época histórica para Cambados. “Queremos consolidar esta celebración que encaixa moi ben coa historia da nosa vila. Cambados ten potencial para ter unha feira histórica de relevancia e ser un referente tamén neste ámbito festivo”, manifestou Tino Cordal.