Congreso Normalización Lingüística

Congreso Normalización Lingüística O ensino de linguas minorizadas na Sociedade da Información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade

22/12/2016

Un informe de 'Plataforma per la Llengua' aponta a que na etapa do goberno en funcións de Mariano Rajoy (decembro de 2016-outubro de 2016) aprobáronse 52 destas medidas.

18/10/2016

Boa tarde a todxs!!

Escribo para comunicarvos que os Certificados de asistencia ao Congreso estarán listos proximamente.
Unha vez os teñamos, poñerémonos en contacto con vós vía correo electrónico para enviárvolos á dirección que nos facilitedes.
Graciñas pola paciencia na espera!!!
Até já!
Inma

06/09/2016

Queremos darvos as grazas por participar neste I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados. Estamos a analizar as enquisas de avaliación para melloras actuais como a falla de rueiros en galego, tal e como explicaba ao comezo das xornadas. Agradecemos as suxerencias transmitidas para vindeiras convocatorias e que estas vos parecesen proveitosas. Como vedes, aínda queda moito por facer pero pasiño a pasiño iremos pondo o noso gran de area desde o Concello de Cambados.
Por outra banda, en canto estean os diplomas porémonos en contacto con vós (vía correo ou por teléfono) para enviárvolos por correo certificado.
GRACIÑAS A TODXS: RELATORXS, PARTICIPANTES E A TODXS XS QUE TRABALLADES ARREO PARA MANTER VIVA A NOSA LINGUA E A NOSA CULTURA.

Comeza a sesión de tarde falando das novas tecnoloxías e a normalización con Rafa Lobelle, María Teresa Aragunde e Ramón...
03/09/2016

Comeza a sesión de tarde falando das novas tecnoloxías e a normalización con Rafa Lobelle, María Teresa Aragunde e Ramón Blanco.

Comezamos. Primeira mesa redonda composta por profesoraso do ensino secundario: María López Sande, Héctor Rodrigues Vida...
03/09/2016

Comezamos. Primeira mesa redonda composta por profesoraso do ensino secundario: María López Sande, Héctor Rodrigues Vidal e Sechu Sende.

02/09/2016

Boa noite, vémonos nunhas horas!! Xa está todo listo para que se celebre o I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados, ou como anuncian desde o Consello da Cultura Galega "O ensino das linguas minorizadas, a debate en Cambados" http://consellodacultura.gal/cdsg/paxinaarq.php?id=4730
Graciñas a todxs!!! Agardamos que sexa do voso agrado e que saquemos moitas cousas de proveito para seguirmos a traballar no respecto, protección e difusión das linguas minorizadas coma o galego. :-)

O Concello de Cambados, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, organiza I Congreso de Normalización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de setembro de 2016, no Auditorio A Xuventude de Cambados. O eixo temático do congreso será o ensino de linguas minorizadas...

Bo día! Lembrámosvos que hoxe é o último día para inscribirvos no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de...
30/08/2016

Bo día!

Lembrámosvos que hoxe é o último día para inscribirvos no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados.

Aproveitamos para deixarvos este artigo de Júlio Barreto Rocha, "O Brasil fala a língua galega". Que teñades un bo día!!! :-)

5. Vide também Isaac Alonso Estravís (1988). "Otero Pedrayo e Portugal". In: Nós - Revista Internacional Galaicoportuguesa de Cultura - n. 7. Pontevedra. pp.39-45.

Bo día! Comeza a conta atrás para reunírmonos todxs no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados. ...
25/08/2016

Bo día! Comeza a conta atrás para reunírmonos todxs no I Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados. Hoxe presentamos a Séchu Sende, profe de Lingua Galega e Literatura e escritor. Na súa última obra, "A república das palavras" (2015) podemos encontrar "E isto é o amor", musicado por Caxade no seu novo traballo:
https: //www.youtube.com/watch?v=0y1iQo4NJlw
“O que falamos, o que escrevemos, é transformador: as palavras podem mudar o mundo” (Séchu Sende)
Que teñades un bo día! :-)

24/08/2016

Bo día! Lembrámosvos que podedes formalizar a vosa inscrición en [email protected] e deixámosvos cun artigo de James Cummis sobre o desenvolvemento educativo no alumnado bilingüe:http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/outros/recomendacions/recom_15_2.pdf
Pasade unha boa tarde! :-)

No seguinte enlace tedes á vosa disposición o rueiro de Cambados: http://www.cambados.es/concello4/portal//cambados/pdf/...
19/08/2016

No seguinte enlace tedes á vosa disposición o rueiro de Cambados:http://www.cambados.es/concello4/portal//cambados/pdf/callejero2014_gal.pdf
Na fotografía indicámosvos, cunha frecha vermella, a situación do Auditorio "A Xuventude", lugar onde se celebrará o Congreso.

Dirección

Cambados
36630

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Congreso Normalización Lingüística publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Congreso Normalización Lingüística:

Compartir