Arqueoloxía en San Sadurniño

Arqueoloxía en San Sadurniño Proxecto de divulgación e posta en valor da Illa e torre de San Sadurniño en Cambados

A illa de Santo Tomé é un exemplo de convivencia entre o marisqueo, a poboación e o turismo. Agora tamén  se lles suman ...
24/06/2021

A illa de Santo Tomé é un exemplo de convivencia entre o marisqueo, a poboación e o turismo. Agora tamén se lles suman os traballos arqueolóxicos na illa

Hoxe visitounos a Asociación Amigos de Fefiñáns e o noso director, Ezequiel Lago Mallo, explicoulles o traballo feito at...
23/06/2021

Hoxe visitounos a Asociación Amigos de Fefiñáns e o noso director, Ezequiel Lago Mallo, explicoulles o traballo feito ata o momento.

O xoves organizamos unha visita guiada ás sondaxes, antes de que teñamos que tapar todo o venres.Vémonos na torre!!!!
21/06/2021

O xoves organizamos unha visita guiada ás sondaxes, antes de que teñamos que tapar todo o venres.
Vémonos na torre!!!!

Os traballos levados a cabo nos últimos días na sondaxe 1 aportaron as primeiras cerámicas.Unha vez rematada a intervenc...
20/06/2021

Os traballos levados a cabo nos últimos días na sondaxe 1 aportaron as primeiras cerámicas.
Unha vez rematada a intervención procurarase identificar a sua tipoloxía e cronoloxía.

Vístesnos na prensa? Os medios locais recolleron os avances das nosas sondaxes!
19/06/2021

Vístesnos na prensa? Os medios locais recolleron os avances das nosas sondaxes!

Os nenos de cuarto de primaria do cole San Tomé tamén quixeron coñecer da man do noso director os traballos en San Sadur...
18/06/2021

Os nenos de cuarto de primaria do cole San Tomé tamén quixeron coñecer da man do noso director os traballos en San Sadurniño.
Con eles aprendimos que hai moitas lendas vivas sobre a illa entre os cambadeses e que son transmitidas ós máis pequenos.

Hoxe tivemos moitas visitas!!!Os nenos de 4 anos do cole de San Tomé visitaron os traballos en San Sadurniño e a súa his...
18/06/2021

Hoxe tivemos moitas visitas!!!
Os nenos de 4 anos do cole de San Tomé visitaron os traballos en San Sadurniño e a súa historia.
O nosos director, Ezequiel Lago, mostroulles cerámica recén atopada na sondaxe 1 e trataron de adiviñar que puido ser.

Na sondaxe 3 localizamos os restos de varias estruturas, quizais de orixe castrexa.Esta sondaxe tamén foi a que máis cer...
16/06/2021

Na sondaxe 3 localizamos os restos de varias estruturas, quizais de orixe castrexa.
Esta sondaxe tamén foi a que máis cerámica aportou ata o momento.

Estas imaxes dan conta dos traballos realizados na sondaxe 2, na que localizamos os restos dunha estrutura feita con per...
16/06/2021

Estas imaxes dan conta dos traballos realizados na sondaxe 2, na que localizamos os restos dunha estrutura feita con perpiaño de grandes dimensións, e incluso restos de encalado

A sondaxe 3 xa vai dando os seus froitos! Entre as moitas evidencias de época antiga, apareceu un borde de época medieva...
14/06/2021

A sondaxe 3 xa vai dando os seus froitos! Entre as moitas evidencias de época antiga, apareceu un borde de época medieval
Seguimos!!!

Hoxe comezamos as sondaxes en San Sadurniño e xa tivemos os primeiros visitantes!Os rapaces de 3° da ESO do Instituto As...
14/06/2021

Hoxe comezamos as sondaxes en San Sadurniño e xa tivemos os primeiros visitantes!
Os rapaces de 3° da ESO do Instituto Asorey de Cambados viñeron ver o inicio dos traballos.
O director da excavación, Ezequiel Lago, mostroulles as primeiras cerámicas atopadas no concheiro.

Dirección

Cambados
36630

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arqueoloxía en San Sadurniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir