Socialistas de Camariñas

Socialistas de Camariñas Páxina de Facebook da Agrupación Socialista de Camariñas

07/09/2026

🌅 Agosto deixounos momentos que xa forman parte da historia de Camariñas.

Vimos acenderse a luz do faro durante o eclipse, nun escenario incomparable para vivir un acontecemento único. Gozamos das festas e tradicións que encheron de vida cada recuncho do municipio: o Caldo de Riola da Ponte do Porto, o Carme de Camelle, o San Bartolo de Arou, Nosa Señora de Xaviña, o churrasco de San Roque e o San Ramón de Camariñas.

Celebramos os éxitos da nosa xente, que segue levando con orgullo o nome de Camariñas; recibimos o presidente da Deputación para coñecer os avances do futuro Museo dos Naufraxios e visitamos Cerdeimar, exemplo do traballo que se realiza cada día no noso concello.

Tamén clausuramos os campamentos de verán e asinamos o convenio do Servizo de Atención Temperá, un recurso fundamental para numerosas familias.

💜 Un mes intenso, cheo de emocións, encontros e novos avances para Camariñas.

En setembro, seguiremos traballando e avanzando xuntos e xuntas!

Dende Socialistas de Camariñas queremos felicitar a Fabián e a Déborah polo nacemento da súa filla Lola. 💕Desexámosvos u...
03/09/2026

Dende Socialistas de Camariñas queremos felicitar a Fabián e a Déborah polo nacemento da súa filla Lola. 💕

Desexámosvos unha vida chea de saúde, amor e momentos inesquecibles nesta nova etapa. Benvida ao mundo, Lola! 👶🏻✨

🔴 Ceuta precisa nestes momentos apoio, colaboración e respostas á altura das circunstancias.Desde os Socialistas de Cama...
02/09/2026

🔴 Ceuta precisa nestes momentos apoio, colaboración e respostas á altura das circunstancias.

Desde os Socialistas de Camariñas queremos facer chegar a nosa solidariedade á súa veciñanza e ás institucións que están a afrontar esta difícil situación.

Os territorios que soportan unha maior presión non poden quedar sós. É necesario que as administracións traballen de maneira coordinada, con axilidade e responsabilidade, garantindo sempre o cumprimento da legalidade e o respecto á dignidade e aos dereitos das persoas migrantes.

Esta realidade non debe empregarse como arma política. É tempo de sumar esforzos, buscar solucións duradeiras e demostrar que a cooperación e a humanidade son o único camiño posible.

Camariñas sempre estará do lado da solidariedade. 🌹

01/08/2026

Xullo chega ao seu fin, pero deixa en Camariñas un ronsel de emocións, encontros e momentos que xa forman parte da nosa memoria colectiva.

Foi o mes no que o son das palilleiras volveu encher as rúas, no que abrimos as portas da nosa vila ao mundo e no que demostramos, unha vez máis, que tradición, cultura, mar e hospitalidade camiñan da man.

Encaixando o mes de xullo despedimos un tempo que, sen dúbida, é o máis bonito para Camariñas. Un mes que nos lembra quen somos e do que somos capaces cando traballamos xuntos.

Agora comeza agosto, con novos retos, novas celebracións e a mesma ilusión de seguir facendo de Camariñas un lugar do que sentir orgullo.

💙 Grazas a todas as persoas que fixestes posible este inesquecible mes de xullo.

🎂 Hoxe queremos felicitar a Sergio, o noso tenente de alcalde, polo seu aniversario.Un compañeiro comprometido, traballa...
06/07/2026

🎂 Hoxe queremos felicitar a Sergio, o noso tenente de alcalde, polo seu aniversario.

Un compañeiro comprometido, traballador e sempre disposto a dar o mellor por Xaviña e Camariñas.

Desde a familia socialista de Camariñas desexámosche un día moi especial, rodeado da xente que te quere.

Moitos parabéns, Sergio! ❤️🌹

🎂 Hoxe queremos felicitar con moito agarimo a Alejandro polo seu aniversario.Un socialista de corazón, o noso presidente...
05/07/2026

🎂 Hoxe queremos felicitar con moito agarimo a Alejandro polo seu aniversario.

Un socialista de corazón, o noso presidente de honra e unha persoa moi querida pola familia socialista de Camariñas.

Grazas polo teu compromiso, pola túa traxectoria e por seguir sendo exemplo de compañeirismo e valores socialistas.

Moitos parabéns, Alejandro! ❤️🌹

01/07/2026

Xuño foi un mes de traballo, avances e orgullo camariñán.

Preparamos as nosas praias para o verán, seguimos levando o encaixe de Camariñas polo mundo, impulsamos melloras nos servizos e acompañamos á veciñanza nas súas festas e tradicións.

Seguimos facendo Camariñas, con compromiso, cercanía e moito futuro. ❤️🌹

🌈 Máis orgullo, menos odio.O orgullo segue sendo necesario porque a LGTBIfobia segue existindo. Os datos son claros: en ...
28/06/2026

🌈 Máis orgullo, menos odio.

O orgullo segue sendo necesario porque a LGTBIfobia segue existindo. Os datos son claros: en 2024 rexistráronse 42 incidentes de odio contra persoas LGTBI en Galicia, dos cales 33 foron agresións directas.

Non falamos só de cifras. Falamos de persoas que sofren discriminación por ser, amar ou expresarse libremente. Falamos de dereitos, de dignidade e de vivir sen medo nos espazos públicos.

Dende Socialistas de Camariñas defendemos unha sociedade máis libre, diversa e igualitaria, onde todas as persoas poidan sentirse seguras e respectadas.

Porque Camariñas tamén debe ser un lugar de convivencia, respecto e liberdade.
Porque fronte ao odio, sempre máis dereitos. ❤️🧡💛💚💙💜

Parabéns, Begoña! ❤️Dende Socialistas de Camariñas queremos felicitarte polo teu aniversario e desexarche un día cheo de...
07/06/2026

Parabéns, Begoña! ❤️

Dende Socialistas de Camariñas queremos felicitarte polo teu aniversario e desexarche un día cheo de agarimo, alegría e momentos bonitos cos teus.

Grazas pola túa cercanía, compromiso e por seguir camiñando sempre ao lado da xente de Camariñas.

Hoxe toca celebrar a vida, a amizade e todo o que nos une.

Feliz cumple, Begoña! 🎂✨

🌹 Seguimos traballando por un Camariñas máis seguro, máis coidado e mellor comunicadoDende o Grupo Municipal Socialista ...
31/05/2026

🌹 Seguimos traballando por un Camariñas máis seguro, máis coidado e mellor comunicado

Dende o Grupo Municipal Socialista levamos ao Pleno dúas mocións fundamentais para dar resposta a problemas reais da nosa veciñanza e, ademais, apoiamos unha iniciativa importante para a comarca.

🚶‍♀️ Seguridade viaria no Cansorro
A prolongación do paseo marítimo na zona do Cansorro é unha demanda histórica. Falamos dun punto con gran valor paisaxístico, pero tamén cun risco evidente para peóns e visitantes pola falta de beirarrúas e polo estreitamento da vía.

Por iso instamos á Xunta de Galicia e a Portos de Galicia a asinar un convenio co Concello de Camariñas para executar esta obra, valorada en 468.000 euros.

🐗 Actuación ante a presenza de xabarís
Tamén solicitamos á Xunta que actúe de maneira inmediata ante o aumento da presenza de xabarís en zonas urbanas, parroquias e arredores das vivendas.

Esta situación supón un problema ambiental, agrícola e de seguridade cidadá que os concellos non poden afrontar en solitario.

🛣️ A favor da gratuidade da AG-55
Ademais, o Grupo Municipal Socialista votou a favor da moción presentada polo BNG para reclamar a gratuidade da autovía AG-55.

Porque mellorar as comunicacións, eliminar barreiras económicas e facilitar a mobilidade da veciñanza tamén é defender o futuro de Camariñas e da Costa da Morte.

✅ Pedimos á Xunta que asuma as súas competencias.
✅ Defendemos a seguridade da veciñanza.
✅ Apostamos por mellores infraestruturas.
✅ Seguimos traballando por cada parroquia, por cada barrio e por cada persoa.

🌹 Socialistas de Camariñas: responsabilidade, compromiso e feitos.

Dirección

Avenida Da Coruña Nº 4
Camariñas
15123

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Camariñas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir