BNG de Caldas

BNG de Caldas Construir un concello para as persoas, unha vila mais amable e un rural con servizos do s. XXI é o que nos move para traballar cada día.

✊🏼 Este 25 de xullo reclamamos nas rúas de Compostela a nosa soberanía.GALIZA SEMPRE! 🩵📍Alameda, 12h.
17/07/2025

✊🏼 Este 25 de xullo reclamamos nas rúas de Compostela a nosa soberanía.

GALIZA SEMPRE! 🩵

📍Alameda, 12h.

💙 A Festa da Lingua 2025 foi, ademais dunha xornada de reivindicación e alegría compartida arredor do galego, unha homen...
17/05/2025

💙 A Festa da Lingua 2025 foi, ademais dunha xornada de reivindicación e alegría compartida arredor do galego, unha homenaxe sentida a Xan Constenla, profesor do CPI Domingo Fontán de Portas, veciño de Caldas e compañeiro do BNG falecido o pasado ano.

Xan foi o gran impulsor desta festa nos seus comezos, crendo firmemente no poder transformador da lingua e na importancia de celebrala coa mocidade.

Por iso, dende este ano, o premio da Festa da Lingua levará o seu nome, para manter viva a súa memoria e recoñecer o seu compromiso coa educación, coa cultura e coa nosa lingua.

Grazas, Xan, por tanto. Seguiremos a camiñar no teu exemplo.

📸 HOXE EN CALDASHoxe Caldas de Reis encheuse de futuro, alegría e compromiso coa lingua galega! Máis de 1000 escolares d...
16/05/2025

📸 HOXE EN CALDAS

Hoxe Caldas de Reis encheuse de futuro, alegría e compromiso coa lingua galega! Máis de 1000 escolares de 8 centros educativos da comarca participaron na Festa da Lingua, unha xornada chea de xogos, música, emoción e orgullo de sermos galegas e galegos.

Desde o BNG de Caldas queremos agradecer a implicación do profesorado, das familias e de todas as persoas que fixeron posible este día inesquecible. O galego vive na mocidade, e iso enchéanos de esperanza.

✊ Seguiremos a traballar para que a lingua galega teña máis espazo, máis apoio institucional e máis presenza nos centros educativos e na vida diaria.

💙 Porque falar galego é vivir en galego.

📣 Compartimos a convocatoria de Queremos galego. 📍O mércores 29 de xaneiro ás 19:30h no Auditorio da nosa vila haberá un...
24/01/2025

📣 Compartimos a convocatoria de Queremos galego.

📍O mércores 29 de xaneiro ás 19:30h no Auditorio da nosa vila haberá un plenario sobre a situación da lingua.

✊🏼Este servirá de preparación de cara á mobilización do 23 de febreiro na Praza do Obradoiro en defensa do galego.

👅🩵 Mudemos de rumbo, o galego ten futuro!

O BNG vota si ás medidas que benefician aos galegos e galegas. Mentres tanto o PP... 👀
23/01/2025

O BNG vota si ás medidas que benefician aos galegos e galegas. Mentres tanto o PP... 👀

😡 15 anos de políticas do Partido Popular en contra do galego. 15 anos polos cales un terzo das nosas crianzas non se po...
12/10/2024

😡 15 anos de políticas do Partido Popular en contra do galego. 15 anos polos cales un terzo das nosas crianzas non se pode comunicar na nosa lingua.

O 17 de setembro de 1111 Afonso Raimúndez é coroado como rei de Galiza na Catedral de Santiago, nunha cerimonia presidid...
17/09/2024

O 17 de setembro de 1111 Afonso Raimúndez é coroado como rei de Galiza na Catedral de Santiago, nunha cerimonia presidida polo arcebispo Xelmírez e impulsada polo conde Pedro Froilaz. Nacera en Caldas de Reis en 1105, fillo de Raimundo de Borgoña e da raíña Urraca, fora criado na Galiza e educado polo conde Traba, titor do neno rei e cabeza da nobreza galega.

Dirección

Caldas De Reyes

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG de Caldas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría