30/08/2026
Esta mañá o noso voceiro Fernando Perez participou nos actos do Santísimo Sacramento na nosa queridísima parroquia de San Clemente de César. Este ano, a organización correu a cargo dos veciños do lugar do Souto, aos que queremos felicitar polo enorme traballo realizado. ❤️🙏
🌧️ A climatoloxía da noite non axudou para poder elaborar as tradicionais alfombras florais, polo que o traballo foi, se cabe, aínda máis duro e esixente. Pero o resultado foi espectacular! 👏👏
⛪️ A igrexa luciu fermosa, perfectamente engalanada cos mellores adornos e ornamentos, para acoller unha solemne celebración relixiosa.
🎶 A misa solemne estivo cantada pola Coral Polifónica de Caldas de Reis, que, como sempre, foi un auténtico pracer escoitar.
🥁 E o acompañamento musical da procesión, así como dos momentos previos e posteriores ao acto relixioso, correu a cargo de Maquía, ese grupo de música galega e gaitas tan querido no noso pobo. Sempre é un pracer poder saudalos e compartir con eles estes momentos. 💙
🙏 Parabéns a todos os veciños do lugar do Souto polo traballo, a dedicación e o cariño postos nesta celebración. Unha vez máis, demostrades que as nosas parroquias manteñen vivas as nosas tradicións. 👏🌿🎶