Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis

Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis Páxina oficial da biblioteca pública municipal "P. M. Martínez Ferro"
Deste xeito, queremos abrir outra vía de comunicación cos nosos usuarios.

Desde a biblio queremos acompañarvos na volta ao cole.
04/09/2026

Desde a biblio queremos acompañarvos na volta ao cole.

03/09/2026
Xa estamos de cheo en setembro e a proposta do reto lector para este mes é "África".Temos varios títulos, ben de autores...
02/09/2026

Xa estamos de cheo en setembro e a proposta do reto lector para este mes é "África".
Temos varios títulos, ben de autores africanos ou ambientadas no continente. Novela, ensaio, contos... seguro que atoparás unha lectura do teu gusto. Aquí tedes unha pequena mostra da selección que fixemos.

Un roubo de ida e volta. Fai uns días deixaron no buzón da biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este...
01/09/2026

Un roubo de ida e volta. Fai uns días deixaron no buzón da biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este libro. Intentaron eliminar todo aquelo que indicara a pertenza do mesmo: selo, rexistro, código de barras... pero non se deron conta dalgún que outro selo no interior da obra e así o persoal soubo que o exemplar era da biblioteca de Caldas de Reis. Esperamos que o libro fora do agrado da persoa que o levou pero recomendámoslle facer un carné de biblioteca e aforrarse así os remorsos e as manualidades.

Recordamos que este é o noso horario.
28/08/2026

Recordamos que este é o noso horario.

E segue chovendo...Se estades cansos de estar na casa vinde ata a biblioteca cos nenos. Ademais de boas lecturas atopare...
28/08/2026

E segue chovendo...Se estades cansos de estar na casa vinde ata a biblioteca cos nenos. Ademais de boas lecturas atoparedes xogos de mesa como este quebracabezas. Unha mañá distinta e máis entretida agardando a que mellore un pouquiño o tempo. Bo venres!

Non todo o que mercamos son novidades. Debido ao uso hai obras que debemos substituír por outros exemplares en bo estado...
27/08/2026

Non todo o que mercamos son novidades. Debido ao uso hai obras que debemos substituír por outros exemplares en bo estado. O tempo non pasa en balde!

A protagonista da historia chámase Lucía e quere xogar ao fútbol. Vaia coincidencia! pensaredes algúns de vós, acordándo...
26/08/2026

A protagonista da historia chámase Lucía e quere xogar ao fútbol. Vaia coincidencia! pensaredes algúns de vós, acordándovos da nosa veciña e futbolista Lucía. Pero aclaramos, o único que teñen en común son o nome e a paixón por este deporte.
Nesta obra, gañadora do IX Premio Agustín Fernandez Paz de Literatura Infantil e xuvenil pola Igualdade unha rapaza loita para conseguir facer realidade o seu soño de xogar ao fútbol.

Coñecendo un pouco máis do noso.
25/08/2026

Coñecendo un pouco máis do noso.

Os libros de coñecemento feitos para a rapazada tamén gustan, e moito, ao público adulto. Son libros estupendos para ler...
24/08/2026

Os libros de coñecemento feitos para a rapazada tamén gustan, e moito, ao público adulto. Son libros estupendos para ler en familia e coñecer algo máis sobre civilizacións perdidas, o mundo das abellas ou profesións sorprendentes.

Dirección

Avenida Román López, 9
Caldas De Reyes
36650

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría