27/08/2026
💧 A auga é demasiado importante como para que o PP se dedique a facer oposición á oposición.
Ante os problemas de presión, os cortes sufridos por algunhas vivendas, os episodios de turbidez e outras incidencias no abastecemento, o Goberno municipal respondeu cun comunicado... para falar do BNG.
E facéndoo, ademais, con afirmacións que non se sosteñen 🤷♂️
👉🏽 A mentira do 2022. Din que en 2022 Cabanas tivo restricións “por menos” que agora. Os datos climáticos oficiais (AEMET) amosan que 2022 foi un ano de seca e calor extraordinarias, acusadas por unha duración moito máis prolongada. Non se pode manipular a realidade para minimizar os problemas actuais.
👉🏽 A mentira da proposta á solución supramunicipal. Din que o BNG "chega agora" coa proposta dunha solución supramunicipal. Falso. Somos o único grupo que puxo sobre a mesa de forma reiterada a necesidade dunha solución conxunta para garantir a auga na comarca por gravidade. Non hai máis que revisar os programas electorais e as iniciativas de cada grupo a todos os niveis para comprobar quen puxo o debate sobre a mesa e que non.
❌O PP nunca presentou unha alternativa integral para garantir o abastecemento futuro de Cabanas. Agora que o problema volve estar de actualidade, descobren de repente a necesidade dunha solución supramunicipal e o alcalde súmase á idea. Parécenos ben. O que non imos permitir é que reescriba a historia.
Cabanas necesita unha planificación seria para garantir auga suficiente e de calidade nas próximas décadas.
Menos propaganda. Menos ocupar o tempo atancando á oposición. E máis traballo.
💧 Porque a auga non pode ser outro problema que o PP intente tapar cun comunicado.