06/07/2026
📢O alcalde de Cabanas volve demostrar que a súa vara de medir depende da cor política de quen goberne.
Tras a visita de Miguel Tellado a Pontedeume, que non a Cabanas, o alcalde aproveitou para cargar, unha vez máis, contra o Goberno de España. Nada novo. O chamativo é que esa mesma contundencia desaparece cando as responsabilidades corresponden á Xunta de Galicia, gobernada polo seu propio partido.
Fala de "faltas de respecto" e mesmo asegura que o ministro Óscar Puente "insultou" a Miguel Tellado tras a súa visita. Porén, calquera pode comprobar a publicación realizada polo ministro: poderá gustar máis ou menos o ton, pero cualificalas de "insultos" non se corresponde co que realmente dixo.
Se de defender os intereses de Cabanas se trata, convén lembrar que o alcalde leva máis de tres anos sen amosar a mesma firmeza coa Xunta. Por certo, na visita de Tellado, aínda que o alcalde "non se lembre"...estaba Martina Aneiros, delegada da Xunta de Galicia en Ferrol.
➡️Os problemas do abastecemento de auga potable continúan sen unha solución definitiva maila ser unha materia na que a Xunta ten competencias.
➡️Tampouco vimos ao Alcalde Fernando Couce nas manifestacións realizadas para esixir á Xunta a mellora do servizo de transporte de autobús por estrada, que é da súa competencia e que afecta a moitas veciñas e veciños do noso municipio.
Sobre iso non é tan esixente nin belixerante coa administración responsable...
Onde están as declaracións públicas, as esixencias e as críticas ao Goberno galego por estes incumplimentos?.
En cambio, do Goberno de España só fala para criticar, e coas obras da Ponte efectivamente hai aspectos e xestións moi mellorables que merecen ser criticadas, pero rara vez para recoñecer os investimentos realizados en Cabanas.
✔️Máis de 1,2 millóns de euros destinados ao municipio.
✔️Preto de 500.000 euros para a mellora ambiental,a acesibilidade e a dixitalización do Pinar da Madalena.
✔️616.563,97 euros financiados con fondos Next Generation, para adaptar unha nave do polígono Vilar do Colo e convertela nun espazo de coworking.
Defender Cabanas significa esixir a todas as administracións por igual, non unicamente ás que non goberna o teu partido.
E xa que o alcalde se amosa tan preocupado polo ton do debatw político, quizais tamén sería oportuno lembrar as numerosas descalificacións que Miguel Tellado dedicou durante anos ao presidente do Goberno e a distintos ministros. A esixencia nas formas deberúa ser a mesma para todos, sen excepcións.
As veciñas e veciños de Cabanas necesitan un alcalde que reclame investimentos e solucións a todas as administracións coa a mesma intensidade, goberne quen goberne e non que utilice o CONCELLO DE TODAS E TODOS OS VECIÑOS DE CABANAS para facer de activista político do PP.