Policía Local Burela

Policía Local Burela Páxina Oficial da Policía Local de Burela

🌟FELIZ 2026🌟Desde a Policía local de Burela queremos desexarvos un bo remate do 2025 e un moi bo ano 2026 🌟🌟🌟
31/12/2025

🌟FELIZ 2026🌟

Desde a Policía local de Burela queremos desexarvos un bo remate do 2025 e un moi bo ano 2026 🌟🌟🌟

📥 OBXECTO PERDIDO✅️ ACTUALIZAMOSXa apareceu a dona. Estamos pendentes de facerlle a enttega. Grazas pola colaboraciónEst...
24/12/2025

📥 OBXECTO PERDIDO

✅️ ACTUALIZAMOS

Xa apareceu a dona. Estamos pendentes de facerlle a enttega. Grazas pola colaboración

Esta mañá chamáronnos dunha perruquería do centro do pobo para facernos entrega dunha cadea cunha medalla e unha inscrición que atoparon

Aínda que non é frecuente que anunciemos a recollida de obxectos, neste caso, polas datas, e o posible valor económico e sentimental desta, agradecemos difusión para que aquela persoa que a perdera poida recuperala

Para poñerse en contacto con nós por este tema poden facelo a través das nosas redes sociais

Grazas

🧑‍🎄 BO NADAL🎄 Desde a Policía local de Burela desexámosvos un moi bo Nadal e un próspero ano 2026🙏 Tamén queremos aprove...
22/12/2025

🧑‍🎄 BO NADAL

🎄 Desde a Policía local de Burela desexámosvos un moi bo Nadal e un próspero ano 2026

🙏 Tamén queremos aproveitar para agradecer a toda a veciñanza, visitantes e comerciantes a colaboración, paciencia e comprensión co noso traballo durante o 2025, no que houbo un montón de cambios de tráfico

🫂 Queremos mandar ademais unha aperta aos compañeiros Orbán, Fidalgo (xubilados no 2025), Roi e Javi (traslados a outros concellos) e ao mesmo tempo dar a benvida a Adrián, que se acaba de incorporar con nós e a Nuria, César e Junior que o farán a finais do 2026 unha vez rematen a Academia que están a piques de comezar

🎄 Para rematar, pero non menos importante, queremos desexar unhas boas Festas e 2026 ao persoal de Emerxencias cos que traballamos a cotío, Policías locais, Guarda Civil, Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil, 061, 112, Servizos Sanitarios e ao Departamento de Obras e servizos municipais sen os que tampouco poderiamos sacar o traballo adiante na rúa.

🌟 Bo Nadal e Feliz 2025 🌟

🔵 NOVAS ZONAS AZUIS📆 Nas vindeiras semanas sinalizaranse 6 novas zonas azuis para facilitar a rotación de vehículos e o ...
18/12/2025

🔵 NOVAS ZONAS AZUIS

📆 Nas vindeiras semanas sinalizaranse 6 novas zonas azuis para facilitar a rotación de vehículos e o acceso a comercios e servizos

📍 Serán as seguintes:
- Rosalía de Castro, no primeiro tramo preto da panadería (5 prazas)
- Rosalía de Castro, no segundo tramo fronte á Casa do Mar (5 prazas)
- Eijo Garay, fronte ao Concello, despois da carga e descarga
- Pardo Bazán, despois do cruce con Curros (4-5 en batería)
- Arcadio Pardiñas, despois do cruce da Igrexa (5 prazas)
- Arcadio Pardiñas, O Campón (5 prazas)

✅ Todas as prazas son gratuitas, pode aparcarse un tempo máximo de 60 minutos, e funcionan de luns a venres, excepto festivos, de 09 a 20 horas.

🔴 A maiores sinalizarase un novo Bica e Arrinca na rúa Rosalía de Castro, fronte á Casa do Mar, para as persoas usuarias do Centro de Atención Temperá

👨‍🦽 A praza reservada a vehículos de persoas con mobilidade reducida que se atopa ao comezo do segundo tramo de Rosalía de Castro desprazarase ao final do mesmo tramo, tendo en conta a situación das máis próximas.

📆 A siinalización destas prazas pode comezar a semana de Nadal, dependendo do día que chegue toda a sinalización vertical e das condicións atmosféricas.

‼️ Actualizamos aviso ‼️Debido aos refachos de vento que se están a producir, o Concello de Burela pecha as instalacións...
18/12/2025

‼️ Actualizamos aviso ‼️

Debido aos refachos de vento que se están a producir, o Concello de Burela pecha as instalacións deportivas ao aire libre este xoves 18, pola seguridade das persoas usuarias.

Estamos recibindo avisos de obxectos que
saen desprendidos polo vento.

Pregamos precaución

Mantense o nivel de alerta de 112

🟠🟡 AVISO - Trasladamos aviso recibido de alerta laranxa por costeiros e amarelo por ventos, para o xoves 18.12.2025- A p...
17/12/2025

🟠🟡 AVISO

- Trasladamos aviso recibido de alerta laranxa por costeiros e amarelo por ventos, para o xoves 18.12.2025

- A previsión é que o vento comece a primeiras horas da mañá do xoves e se manteña ata media tarde, mentres que os costeiros se prolongarán ata o venres durante case toda xornada

📤 ACTUALIZAMOS INFO📤📅 A empresa que realiza as obras en Curros comunícanos que debido á choiva non se pode botar o formi...
16/12/2025

📤 ACTUALIZAMOS INFO📤

📅 A empresa que realiza as obras en Curros comunícanos que debido á choiva non se pode botar o formigón, polo que estas van ir co seguinte retraso:

1️⃣ O tramo de Curros Enríquez, prevén reabrilo ao tráfico o venres 19.

2️⃣ A reparación dos accesos da rúa Lamestra prevén realizala despois de Reis.

➡️ Tamén se nos informa de que o xoves 18 vanse realizar traballos de reparación do firme do aparcamento de Rosalía de Castro (fronte a ferretería O Puente) polo que non se pode aparcar nese recinto ese día.

Actualizaremos información de ser necesario.

Grazas pola colaboración.

⚠️ OBRAS ⚠️➡️ Informamos da previsión das seguintes obras e as modificacións necesarias no tráfico.1️⃣ Por un problema c...
15/12/2025

⚠️ OBRAS ⚠️

➡️ Informamos da previsión das seguintes obras e as modificacións necesarias no tráfico.

1️⃣ Por un problema cun dos tipos de plaquetas empregadas na obra de Curros Enríquez a empresa que realizou os traballos vai substituílas.

Debe pecharse ao tráfico de vehículos o cruce de Curros Enríquez con Pardo Bazán (Casa do Mar) o luns e o martes 15 e 16 de decembro.

Por este motivo desviarase o tráfico na rúa Curros Enríquez cara Castelao, e os tramos de Pardo Bazán entre Lamestra e Eijo Garay estarán provisionalmente de dobre sentido para poder acceder aos garaxes.

Aproveitarase o corte, se o tempo o permite, para repintar os pasos de peóns da rúa Curros Enríquez entre Rosalía de Castro (Casa do Mar) e Nosa Sra. do Carme (FEVE), o cal durará aproximadamente un par de horas.

2️⃣ Vaise a reparar o acceso e saída de vehículos da rúa Lamestra, ao lado do Parque Rosalía de Castro, para facilitar o paso destes.

A previsión é que os traballos empecen o mércores 17 e rematen, unha vez seco o formigón, o luns 22 de de decembro.

Nos dous casos, o paso de peóns realízase con normalidade.

Grazas pola colaboración.

🚨112🚨- O temporal do que advertimos ontes causou varios problemas no concello, sendo necesaria a intervencuón dos bombei...
09/12/2025

🚨112🚨

- O temporal do que advertimos ontes causou varios problemas no concello, sendo necesaria a intervencuón dos bombeiros en distintas zonas.

- Afortunadamente non temos avisos de danos persoais.

- As instalacións deportivas abertas municipais manteranse pechadas este martes 09.12 por precaución.

🟡🟠 112 AEMET➡️ Trasladamos aviso recibido por fenómenos meteorolóxicos adversos.🟡 A partir das 14:00 horas de hoxe 08.12...
08/12/2025

🟡🟠 112 AEMET

➡️ Trasladamos aviso recibido por fenómenos meteorolóxicos adversos.

🟡 A partir das 14:00 horas de hoxe 08.12.2025 actívase alerta amarela por vento, con refachos de ata 80 km/h, e a partir das 16:00h por costeiros.

🟠 A previsión é que segundo avancen as horas os refachos de vento vaian aumentando de intensidade ata os 90 km/h, activándose alerta laranxa a media noite por costeiros, ata primeiras horas da tarde do martes 09.12.2025.

🚨🌊 Teñan especial precaución polos paseos marítimos.

✅ CURROS ENRÍQUEZ - Esta mañá quedou aberto ao tráfico con normalidade o tramo da rúa de Curros Enríquez que estivo en o...
28/11/2025

✅ CURROS ENRÍQUEZ

- Esta mañá quedou aberto ao tráfico con normalidade o tramo da rúa de Curros Enríquez que estivo en obras.

- Agradecemos a colaboración da veciñanza, comercios e visitantes neste tempo no que estivo pechado ao tráfico.

- Recordamos que é un tramo no que os peóns teñen preferencia en todo o trazado, que os vehículos non poden invadir as beirarrúas en ningún momento e que non está permitido estacionar.

⚪️ QUE SON? ⚪️A normativa de tráfico e seguridade viaria en vigor prohíbe sinalizar pasos de peóns en rúas como esta e p...
27/11/2025

⚪️ QUE SON? ⚪️

A normativa de tráfico e seguridade viaria en vigor prohíbe sinalizar pasos de peóns en rúas como esta e permite empregar outros recursos para mellorar a seguridade peonil.

Estes círculos son un recurso visual para lembrar que a prioridade é peonil.

Serven para dúas cousas:
1. Indicar que toda a rúa é un espazo onde o peón manda.
2. Reducir a velocidade dos vehículos, porque o efecto visual fai que quen conduce preste máis atención e entre máis amodo.

É unha medida de calmado de tráfico que se usa en moitas cidades para facer as rúas máis seguras e máis humanas.

Dirección

Rúa Eijo Garay, 20
Burela
27880

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Policía Local Burela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Policía Local Burela:

Compartir