Concello de Brión

Concello de Brión É un concello galego (A Coruña) que cae a uns 13 km ao oeste de Santiago, camiño do mar. O municipio de Brión cae cara o oeste de Santiago, camiño do mar.

Conta con 106 aldeas repartidas en 9 parroquias ao longo dos seus 74,9km² e está situado entre rios Tambre e Sar. Atravésao a estrada C-543 de Santiago a Noia: 13 quilómetros sepárano da capital galega e 23 desta vila mariñeira. Paralela a esta estrada entrou en servizo a autovía AG 56 - Santiago-Brión, que continuará a Noia como via de alta capacidade . Pasa tamén polo seu territorio a estrada d

e Bertamiráns a Muxía e conecta esta última coa N-55O por medio da LC-300 de Barreiros a Picaraña. As súas 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias, con 3 entidades de poboación divididas en 33 ruas están intercomunicadas por unha rede de pistas asfaltadas que suma máis de 300 km., na que o visitante se pode guiar perfectamente gracias a unha ben estructurada sinalización. Na nova división comarcal de Galicia, Brión quedou integrado na comarca de Santiago.

📚⚽ 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗜𝗦 𝗘 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝟮𝟬𝟮𝟲·𝟮𝟬𝟮𝟳Publicanse as 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘅𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗶𝘀 de persoas admitidas e de pers...
08/09/2026

📚⚽ 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗜𝗦 𝗘 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝟮𝟬𝟮𝟲·𝟮𝟬𝟮𝟳

Publicanse as 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘅𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗶𝘀 de persoas admitidas e de persoas que non obteñen praza nas Escolas Culturais e Deportivas Municiapis para o curso 26·27

📍 Mais info na seguinte ligazón: https://i.gal/fKELw

👵👴 𝗖𝗔𝗦𝗘 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢 𝗠𝗜𝗟𝗟𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗥𝗢𝗡 𝗡𝗔 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡Arredor de 500 persoas participaron este sá...
07/09/2026

👵👴 𝗖𝗔𝗦𝗘 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢 𝗠𝗜𝗟𝗟𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗥𝗢𝗡 𝗡𝗔 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡

Arredor de 500 persoas participaron este sábado na 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻, que encheu o polideportivo municipal de Pedrouzos nunha xornada de encontro, convivencia e recoñecemento ás persoas maiores do municipio.

O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, destacou durante a celebración a importancia de agradecerlles aos nosos maiores todo o traballo realizado ao longo das súas vidas polas súas familias, polas súas parroquias e por Brión.

💬 «Moito do Brión que temos hoxe é resultado do seu traballo e do seu esforzo, e esta festa é tamén unha maneira de recoñecelo e agradecelo».

O alcalde aproveitou tamén para convidar as persoas asistentes a participar dentro de tres semanas na 𝗥𝗼𝗺𝗮𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗠𝗶𝗻𝗶𝗮, que este ano estreará a súa declaración como 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗲 𝗧𝘂𝗿𝗶́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮, e animounas a seguir participando nas actividades do Centro Social Polivalente: piscina, ximnasia, mente activa, teatro e baile quincenal con música en directo.

🍽️ A xornada incluíu un xantar de confraternización servido por Casa Taboada, con empanada, polbo, carne ao caldeiro e sobremesa.

🎶 A música correu a cargo do 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗴𝗮𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗫𝗼𝗹𝗱𝗿𝗮, de Rois, e da cantante local 𝗥𝘂𝘁𝗵 𝗖𝘂𝗻𝗱𝗶́𝗻𝘀, que puxeron ritmo a unha das citas máis participativas do calendario municipal.

❤️ Grazas a todas as persoas que compartistes esta xornada connosco.

📍 Mais info:
🔗 https://i.gal/hg12W
🔗 https://i.gal/zdbot

🎉👵👴 𝗠𝗔ÑÁ, 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗕𝗥𝗜Ó𝗡Arredor de 𝟱𝟬𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 participarán mañá, sábado 5 de setembro, nunha nova edición d...
04/09/2026

🎉👵👴 𝗠𝗔ÑÁ, 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗕𝗥𝗜Ó𝗡

Arredor de 𝟱𝟬𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 participarán mañá, sábado 5 de setembro, nunha nova edición da 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀, unha das citas máis tradicionais e agardadas do calendario social do Concello de Brión.

📍 O 𝗽𝗼𝗹𝗶𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 volverá converterse nun gran punto de encontro para compartir unha xornada de convivencia arredor da mesa, da música e dalgunha sorpresa preparada para a ocasión.

🍽️ A comida de confraternización manterá algúns dos sabores máis tradicionais desta festa, con 𝗲𝗺𝗽𝗮𝗻𝗮𝗱𝗮, 𝗽𝗼𝗹𝗯𝗼 𝗮 𝗳𝗲𝗶𝗿𝗮, 𝗰𝗮𝗿𝗻𝗲 𝗮𝗼 𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗲 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲𝗺𝗲𝘀𝗮. O xantar dará comezo arredor das 14:00 horas.

🎶 A música estará presente durante toda a celebración. O 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗴𝗮𝗶𝘁𝗮𝘀 𝗫𝗼𝗹𝗱𝗿𝗮, de Rois, amenizará o encontro e, despois da comida, chegará o momento do baile coa cantante brionesa Ruth Cundins Artista, dous nomes que xa teñen acompañado esta festa en edicións anteriores.

💬 O alcalde, Pablo Lago Sanmartín , salienta o significado desta celebración: "É 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘹𝘰𝘳𝘯𝘢𝘥𝘢 𝘮𝘰𝘪 𝘦𝘴𝘱𝘦𝘤𝘪𝘢𝘭 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘮𝘪𝘯 𝘦 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘉𝘳𝘪ó𝘯 𝘱𝘰𝘳𝘲𝘶𝘦 𝘯𝘰𝘴 𝘱𝘦𝘳𝘮𝘪𝘵𝘦 𝘹𝘶𝘯𝘵𝘢𝘳𝘯𝘰𝘴 𝘦 𝘢𝘨𝘳𝘢𝘥𝘦𝘤𝘦𝘳 𝘢𝘴 𝘯𝘰𝘴𝘢𝘴 𝘱𝘦𝘳𝘴𝘰𝘢𝘴 𝘮𝘢𝘪𝘰𝘳𝘦𝘴 𝘵𝘰𝘥𝘰 𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘢𝘤𝘩𝘦𝘨𝘢𝘳𝘰𝘯 𝘢𝘰 𝘭𝘰𝘯𝘨𝘰 𝘥𝘢 𝘴ú𝘢 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘢𝘴 𝘴ú𝘢𝘴 𝘧𝘢𝘮𝘪𝘭𝘪𝘢𝘴, 𝘢𝘴 𝘴ú𝘢𝘴 𝘱𝘢𝘳𝘳𝘰𝘲𝘶𝘪𝘢𝘴 𝘦 𝘢𝘰 𝘤𝘰𝘯𝘹𝘶𝘯𝘵𝘰 𝘥𝘰 𝘯𝘰𝘴𝘰 𝘮𝘶𝘯𝘪𝘤𝘪𝘱𝘪𝘰. 𝘔𝘰𝘪𝘵𝘰 𝘥𝘰 𝘉𝘳𝘪ó𝘯 𝘲𝘶𝘦 𝘵𝘦𝘮𝘰𝘴 𝘩𝘰𝘹𝘦 é 𝘳𝘦𝘴𝘶𝘭𝘵𝘢𝘥𝘰 𝘥𝘰 𝘴𝘦𝘶 𝘵𝘳𝘢𝘣𝘢𝘭𝘭𝘰 𝘦 𝘥𝘰 𝘴𝘦𝘶 𝘦𝘴𝘧𝘰𝘳𝘻𝘰, 𝘦 𝘦𝘴𝘵𝘢 𝘧𝘦𝘴𝘵𝘢 é 𝘵𝘢𝘮é𝘯 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘧𝘰𝘳𝘮𝘢 𝘥𝘦 𝘳𝘦𝘤𝘰ñ𝘦𝘤𝘦𝘭𝘰".

🥰 𝗠𝗮ñá 𝘁𝗼𝗰𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿 𝗺𝗲𝘀𝗮, 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮, 𝗺ú𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗯𝗼𝗻𝘀 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀.

🍀 𝗔 𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗦𝗢𝗥𝗥𝗜𝗥 𝗔 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡!O Café Bar O Encontro, situado na avenida dos Ánxeles, vendeu un dos dous boletos premia...
03/09/2026

🍀 𝗔 𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗦𝗢𝗥𝗥𝗜𝗥 𝗔 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡!

O Café Bar O Encontro, situado na avenida dos Ánxeles, vendeu un dos dous boletos premiados en España coa 𝗦𝗲𝗴𝘂𝗻𝗱𝗮 𝗖𝗮𝘁𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶́𝗮 do Euromillóns no sorteo do pasado 1 de setembro. 💶✨

O boleto está premiado con 𝟭𝟱.𝟱𝟬𝟮,𝟴𝟲 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 e, polo momento, aínda se descoñece a identidade da persoa afortunada. O propietario do establecemento, Óscar Esparís Agra, apunta a que podería tratarse dunha persoa da zona que xoga habitualmente.

🎉 Esta non é a primeira vez que O Encontro reparte sorte. En 2020 xa selara un primeiro premio da Lotería Nacional e, ao longo dos seus case 30 anos de actividade, tamén entregou outros premios.

👏 Parabéns a Óscar e a todo o equipo de O Encontro por volver repartir fortuna en Brión.

E, sobre todo... 𝗽𝗮𝗿𝗮𝗯𝗲́𝗻𝘀 𝗮́ 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮 𝗮𝗳𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗮𝗱𝗮! 🍀

📍 Mais info: https://i.gal/xakTC

🏗️ 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡 𝗔𝗙𝗥𝗢𝗡𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗦𝗧𝗜𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗥 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟳 𝗠𝗜𝗟𝗟𝗢́𝗡𝗦 𝗗𝗘 𝗘𝗨𝗥𝗢𝗦Brión afronta os próximos meses cun importante volume de...
03/09/2026

🏗️ 𝗕𝗥𝗜𝗢́𝗡 𝗔𝗙𝗥𝗢𝗡𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗦𝗧𝗜𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗥 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟳 𝗠𝗜𝗟𝗟𝗢́𝗡𝗦 𝗗𝗘 𝗘𝗨𝗥𝗢𝗦

Brión afronta os próximos meses cun importante volume de actuacións en marcha ou previstas, cun 𝗶𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗴𝗹𝗼𝗯𝗮𝗹 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗮𝗼𝘀 𝟳 𝗺𝗶𝗹𝗹𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀.

Entre os proxectos máis destacados atópanse:

💡 A finalización da renovación de todo o alumeado público municipal.
🏘️ O remate da humanización da avenida dos Ánxeles.
🏫 A mellora do CEIP de Pedrouzos.
🏀 O peche do pavillón do IES de Brión.
🏟️ A reforma integral dos accesos aos complexos deportivos municipais de Pedrouzos.
⚽ A renovación dos campos de fútbol de Pedrouzos e Bastavales.
🛣️ A continuidade do plan de mellora de estradas e accesos aos núcleos das distintas parroquias.

O alcalde, Pablo Lago Sanmartín , sinala que «𝗼 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗼 𝘃𝗮𝗶 𝘀𝗲𝗿 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗺𝗼𝘃𝗶𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻» e destaca que moitas das xestións realizadas durante os últimos anos comezarán agora a traducirse en actuacións concretas.

📊 O volume de investimento previsto supera os 7 millóns de euros, unha cifra especialmente significativa se se compara cos 𝟳,𝟳 𝗺𝗶𝗹𝗹𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 do último orzamento municipal.

📍 Mais info: https://i.gal/8Xrw8

⚠️ 𝗔𝘃𝗶𝘀𝗼 𝗱𝗮 𝗗𝗶𝗿𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗫𝗲𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗘𝗺𝗲𝗿𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗲 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗱𝘂𝗻 𝗲𝗽𝗶𝘀𝗼𝗱𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗮𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗼𝗿⚠️☀️🌡️ Tipoloxía: VAGA DE...
03/09/2026

⚠️ 𝗔𝘃𝗶𝘀𝗼 𝗱𝗮 𝗗𝗶𝗿𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗫𝗲𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗘𝗺𝗲𝗿𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗲 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗱𝘂𝗻 𝗲𝗽𝗶𝘀𝗼𝗱𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗮𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗼𝗿⚠️

☀️🌡️ Tipoloxía: VAGA DE CALOR

🟠 Nivel de alerta: 2 LARANXA no Concello de Brión a partires do xoves 03.09.2026 (zona interior da provincia da Coruña)

ℹ️ Segundo Meteogalicia, Galicia quedará entre o mércores día 2 e o próximo sábado día 5 baixo a influencia dun anticiclón que se localizará no norte da Península Ibérica. Desde esa posición aportará estabilidade, deixando ceos despexados e aproximará aire cálido de orixe norteafricano o que ocasionará un importante incremento nas temperaturas diúrnas. Os valores máis elevados espéranse durante as tardes do xoves e o venres. O sábado aínda será un día caloroso, pero probablemente con nubes e algunhas tormentas no interior que farán descender lixeiramente as temperaturas e estes valores tenderían xa a normalizarse o domingo.

▶️ Rogamos extremen as precaucións

📍 Mais info: 112 Galicia · www.aemet.es · www.axega112.gal · www.meteogalicia.es

👩‍🍳 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗡 𝗖𝗢𝗖𝗜Ñ𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦O Concello de Brión organiza unha nova edición da formación vinculada ás 𝗰𝗼𝗰...
02/09/2026

👩‍🍳 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗡 𝗖𝗢𝗖𝗜Ñ𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦

O Concello de Brión organiza unha nova edición da formación vinculada ás 𝗰𝗼𝗰𝗶ñ𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 do espazo 𝗧𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻, situado en Monte Balado.

🥕 A actividade está dirixida a persoas produtoras, emprendedoras ou con interese en poñer en marcha iniciativas relacionadas coa elaboración e comercialización de produtos alimentarios.

📚 A formación combinará contidos teóricos e prácticos sobre:
✅ uso dos equipamentos das cociñas
✅ limpeza e desinfección
✅ trazabilidade dos produtos
✅ envasado e comercialización
✅ documentación necesaria
✅ ferramentas informáticas aplicadas á actividade

Este espazo permite dispoñer de instalacións e equipamento profesional para transformar produtos alimentarios e desenvolver proxectos sen ter que afrontar individualmente o investimento que require un obrador propio.

📅 𝗗𝗼 𝟮5 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮𝗼 𝟭𝟲 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼
💶 𝗖𝗼𝘁𝗮: 𝟱𝟬 €
📝 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝟮4 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
📧 [email protected]
☎️ 981 88 70 06 · Ext. 47

🤝 𝗧𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻 forma parte da Rede Provincial de Coworking e está impulsado polo Concello de Brión coa colaboración da Deputación da Coruña e do GDR Terras de Compostela.

📍 Mais info:
🔗 https://i.gal/VSd22
🔗 https://i.gal/YhUyO

Daquidarredor

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢ℹ️ GARNICA FACILITY SERVICES busca PERSOA PARA LABORES DE LIMPEZA para Bertamirans (Ames)𝗜𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶...
01/09/2026

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢

ℹ️ GARNICA FACILITY SERVICES busca PERSOA PARA LABORES DE LIMPEZA para Bertamirans (Ames)

𝗜𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:
▪️ Contrato de substitución por vacacións, do 7 de setembro ao 6 de outubro.
▪️ Lugar de traballo: Banco Santander de Bertamiráns.
▪️ Xornada: luns, mércores e venres, 40 minutos diarios.
▪️ Horario de mañá, preferiblemente ás 8.00 h ou ás 13.30 h.

𝗢𝗳𝗿𝗲́𝗰𝗲𝘀𝗲:
▪️ Salario segundo convenio.
▪️ Contrato laboral e alta na Seguridade Social.

▶ Info e inscricións: 674 53 26 80 · [email protected]

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢ℹ️ COMERCIAL RIVAS busca OFICIAL DE ALBAÑIL para Brión𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:Profesional con experiencia en t...
31/08/2026

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢

ℹ️ COMERCIAL RIVAS busca OFICIAL DE ALBAÑIL para Brión

𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:
Profesional con experiencia en traballos de construción e albañilería, responsable, persoa autonoma no desempleño das suas funcións e con ganas de incorporarse a un equipo estable.

𝗥𝗲𝗾𝘂𝗶𝘀𝗶𝘁𝗼𝘀:
▪️ Experiencia previa como ofical de albañilería.
▪️ Valoraranse cursos e formación específica do sector.
▪️ Valoraranse especificamente cursos de prevención de riscos laborais.
▪️ Valoraranse o carné de conducir e outros permisos.
▪️ Valoraranse formación e experiencia no manexo de maquinaria.

𝗢𝗳𝗿𝗲𝗰𝗲𝘀𝗲:
▪️ Contrato indefinido.
▪️ Xornada completa de luns a venres.
▪️ Salario segundo convenio.

▶ Enviar curriculum a [email protected] indicando no asunto "oficial de albañil"

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢ℹ️ COMERCIAL RIVAS busca PEÓN DE ALBAÑIL para Brión𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:Persoa responsable, traballadora e ...
31/08/2026

🟢 𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🟢

ℹ️ COMERCIAL RIVAS busca PEÓN DE ALBAÑIL para Brión

𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:
Persoa responsable, traballadora e con interese en formar parte dun equipo estable, con experiencia previa en traballos de construción.

𝗥𝗲𝗾𝘂𝗶𝘀𝗶𝘁𝗼𝘀:
▪️ Experiencia previa en construción e/ou albanelaría.
▪️ Capacidade para realizar traballos físicos.
▪️ Valoraranse cursos de formación relacionados coa construción e coa prevención de riscos laborais.
▪️ Valoraranse o carné de conducir e outros permisos.

𝗢𝗳𝗿𝗲𝗰𝗲𝘀𝗲:
▪️ Contrato indefinido.
▪️ Xornada completa de luns a venres.
▪️ Salario segundo convenio.

▶ Enviar curriculum a [email protected] indicando no asunto "peón de albañil"

Dirección

Pza. Do Concello, 1
Brion
15865

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Brión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría