BNG de Brión

BNG de Brión Bloque Nacionalista Galego de Brión.

Non cren no ensino público, por iso abren o ano escolar nun centro privado. Non cren nos servizos públicos, por iso deix...
07/09/2026

Non cren no ensino público, por iso abren o ano escolar nun centro privado. Non cren nos servizos públicos, por iso deixan 164 familias de Brión fóra do Bono Concilia. Chámase Partido Popular.

O Colexio SEI San Narciso en Marín foi o lugar escollido por Alfonso Rueda para dar a benvida ao curso escolar, a propia páxina web do centro sinala que “os ...

A Xunta de Galiza segue a burlarse de milleiros de familias galegas, entre elas 164 familias de Brión. Ao tempo, o seu s...
07/09/2026

A Xunta de Galiza segue a burlarse de milleiros de familias galegas, entre elas 164 familias de Brión. Ao tempo, o seu socio local, Pablo Lago, mantense en silencio.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, gábase de poder "botar unha man, unha vez máis" a pais e nais cun programa que cada vez abrangue menos xente tras limitar as axudas a quen contratase un campamento privado e non municipal.

03/09/2026

📢 O PSOE de Brión (Socialistas De Brión) utiliza o diñeiro público para mentir e facer propaganda preelectoral

O último número da 'Altamira' representa un paso máis na utilización da revista municipal como ferramenta de propaganda política. Sen ningún rubor, o goberno local chega a utilizala para culpar a Deputación da Coruña polos atrasos na ampliación do pavillón de Pedrouzos.

📰 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗲𝗻𝘁𝗶𝗿𝗮 𝗮𝗯𝗿𝗲 𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝗱𝗮. Textualmente, o alcalde lamenta que «un proxecto coma este tarde tanto en facerse realidade por cuestións administrativas ou de contratación por parte da Deputación».

❌ Os datos do expediente contan outra historia. O 9 de xaneiro de 2023, a Deputación remitiu ao Concello de Brión un requirimento para emendar a documentación necesaria para tramitar a subvención. O Concello tardou 𝗺á𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗺𝗲𝘀𝗲𝘀 en responder, impedindo o normal trámite do expediente.

📂 Como lembra Xosé Penas, voceiro do BNG no Concello e responsábel provincial de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña , «todas as subvencións da Deputación teñen un expediente no que quedan rexistradas as distintas fases da tramitación, con data e hora». 𝐀𝐬 𝐦𝐞𝐧𝐭𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐭𝐞ñ𝐞𝐧 𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐢 𝐜𝐮𝐫𝐭𝐚𝐬.

💰 E hai algo especialmente grave: 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗳𝗮𝗹𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗽𝗮𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝗶ñ𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗽ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗼. A revista municipal debería servir para informar a veciñanza sobre a actividade do Concello, non para mentir, manipular e facer propaganda.

🗣️ Desde o BNG esiximos unha rectificación pública. Ademais, avanzamos que levaremos novamente ao pleno tanto a cuestión dos gastos en publicidade partidista como a utilización de Altamira para difundir estas falsidades.

🛑💶Por último, instamos o alcalde, Pablo Lago Sanmartín , a que utilice os medios e recursos do seu partido se quere facer propaganda. E se aínda non sabe cal é o seu partido, non é problema das veciñas e veciños de Brión.

--

📌 𝗔 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮 𝗳𝗼́𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗕𝗼𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗹𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀Desde o 𝗕𝗡𝗚 𝗱𝗲 𝗕𝗿...
02/09/2026

📌 𝗔 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮 𝗳𝗼́𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗕𝗼𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗹𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀

Desde o 𝗕𝗡𝗚 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗹𝗲𝗿𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 desta situación o pasado 7 de agosto, cando tivemos as primeiras informacións de que as actividades municipais podían quedar excluídas. Agora, un mes despois, a Xunta fai oficial, 𝗱𝗲 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗿𝗲𝘁𝗿𝗼𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼, que as familias que contrataron estas actividades non poderán acceder ao Bono Concilia.

💶 𝗣𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝟯𝟱.𝟬𝟬𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 𝗮𝗯𝗼𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗮𝘀 𝟭𝟲𝟰 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻, con 213 nenas e nenos participantes nas actividades municipais de conciliación.

A exclusión do Bono Concilia supón un 𝗽𝗿𝗲𝘅𝘂𝗶́𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗮𝗿𝗿𝗲𝗱𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝟭𝟲𝟱 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮, que podería chegar aos 220 euros para as unidades familiares con dereito á bonificación máxima.

📅 En anos anteriores, estas actividades si estaban incluídas. Este ano, a Xunta cambia as condicións 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝘅𝗮 𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮𝘁𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗲 𝗽𝗮𝗴𝗮𝗿𝗼𝗻, beneficiando exclusivamente as entidades privadas e castigando a quen optou polo público.

A día de hoxe, 𝗻𝗼𝗻 𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗿𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗶𝘅𝗲𝘀𝗲 𝘅𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗶𝗻𝗴𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗮𝗳𝗲𝗰𝘁𝗮𝗱𝗮𝘀, malia coñecer o problema desde hai un mes.

🤝 𝗡𝗼𝗻 𝘀𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗻𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗿 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝗻 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗹𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻. Brión merece un Concello que defenda as súas veciñas e veciños e os servizos públicos, non un goberno municipal que mire para outro lado e lle renda preitesía a Alfonso Rueda.

--

28/08/2026
💐 HOMENAXE AOS 'HOMIÑOS DE BOIMORTO'Os concelleiros do BNG de Brión Xosé Penas (Penas Brion), Marta Romero e Tito Souto ...
28/08/2026

💐 HOMENAXE AOS 'HOMIÑOS DE BOIMORTO'

Os concelleiros do BNG de Brión Xosé Penas (Penas Brion), Marta Romero e Tito Souto (Tito Souto Castiñeira) , xunto co responsábel local, Xerardo Uz (Xerardo Xuz) , participaron este xoves en Ames na homenaxe aos 'Homiños de Boimorto', organizada polo Bng Ames . ️

O acto serviu para lembrar a Ramón Enjamio, Manuel Espiñeira, Isidro Filloy, Andrés Filloy, Ramón Vázquez, Ramón Sánchez, Antonio Felpete, Juan Martínez, José Tojo, José Barreiro, Caitán das Quintas e José Cabanas, homes de esquerdas de Boimorto, nove deles membros da corporación municipal en 1936.

Todos foron fusilados en Ortoño (Ames) e Ameneiral (O Pino), agás José Cabanas, o único que sobreviviu á represión.

🎙️No acto interviron Xosé Luís Rivas 'Mini' , concelleiro do BNG de Boimorto; Alejandra Barco Tojo, bisneta do represaliado José Tojo; e Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames e candidata á Alcaldía.

✊Os actos de lembranza e reparación da memoria histórica son tamén defensa da democracia presente. Como ben se dixo no acto, os 'Homiños de Boimorto' desapareceron fisicamente, pero a súa memoria e os seus valores viven hoxe.

--

🚧 A ponte do Pozo Negro leva máis de seis meses nun grave estado de deterioración.O Concello de Brión  é coñecedor do pr...
26/08/2026

🚧 A ponte do Pozo Negro leva máis de seis meses nun grave estado de deterioración.

O Concello de Brión é coñecedor do problema, cando menos, desde o inverno, cando colocou un cartel advertindo do mal estado da ponte e asegurando que sería reparada en canto baixase o caudal.

O caudal baixou hai meses. A ponte segue igual.

O BNG de Brión rexistrou hoxe un escrito no Concello para reclamar unha actuación urxente que garanta a seguridade das persoas e permita recuperar este itinerario natural duns 5 quilómetros que conduce ata a fervenza do Pozo Negro.

Desde o BNG reclamamos:
🔹 Reparar a ponte e garantir a seguridade do itinerario.
🔹 Saber por que non se actuou durante todos estes meses.
🔹 Coñecer cando está prevista a reparación.
🔹 Mellorar os accesos e protexer o espazo natural e patrimonial.

O patrimonio natural de Brión merece coidados. A veciñanza merece respostas. E o Pozo Negro merece algo máis ca un cartel de «precaución». En definitiva, menos política de carteis e máis política de feitos.

--

📢 En Brión, parece que o BNG goberna desde a oposición.Non é a primeira vez que lamentamos que o PSOE de Brión lle faga ...
26/08/2026

📢 En Brión, parece que o BNG goberna desde a oposición.

Non é a primeira vez que lamentamos que o PSOE de Brión lle faga 'oposición' ao BNG. É algo que incluso practica a Xunta de Alfonso Rueda: 'oposición á oposición'.

Pero o que resulta máis insólito é o que acontece no noso Concello. Constantemente atopamos exemplos que parecen demostrar que, en Brión, o BNG ten que facer desde a oposición o traballo que debería facer o Goberno municipal.

📍 O exemplo máis recente? Hoxe mesmo.

Tras recibirmos queixas e fotografías da veciñanza polo estado da ponte situada a carón da fervenza do Pozo Negro, ás 12:42 horas rexistramos un escrito no Concello esixindo a súa reparación.

⏱️ En menos de dúas horas, ás 14:20, o Concello de Brión anuncia que tomará medidas.

Casualidade? 🤔

Pode que finalmente reparen a ponte. Oxalá. Porque o importante é que se solucione o problema.

Pero non deixa de ser sintomático que teñamos que denunciar os problemas para que o Goberno municipal reaccione.

👉 Primeiro denuncia o BNG.
👉 Despois móvese o Concello.

E isto non é un caso illado: o Concello só se move ante un problema cando o BNG o denuncia.

Menos 'oposición á oposición' e máis política de feitos.

--

24/08/2026

Esta problemática afecta también a los vecinos de O Rial, O Cabo, Estrar y A Gándara

Dirección

Carballeira Santa Minia
Brion
15865

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG de Brión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir