CoidarNos

CoidarNos CoidarNos é un programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia.

Nace co obxecto de crear un espazo onde as persoas coidadoras poidan compartir experiencias comúns en torno ao coidado dos seus familiares, conformando así un grupo de apoio onde a xeración de vínculos e o sentido de pertenza redunden na mellora da calidade de vida das persoas participantes, abordando entre outras cuestións: estratexias de afrontamento de situacións diarias fronte aos coidados, comunicación e negociación, expresión de emocións, recuperación do tempo de lecer...

💚 5N: Día Internacional da Persoa Coidadora 💚
05/11/2024

💚 5N: Día Internacional da Persoa Coidadora 💚

📌 Por quinto ano tornamos ás aulas de terceiro curso da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostel...
27/09/2024

📌 Por quinto ano tornamos ás aulas de terceiro curso da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela para dar a coñecer CoidarNos ao alumnado.

💚Sempre é un pracer pisar as aulas, recoller a ilusión e frescura do alumnado e sentir que o noso programa pode ser inspirador para as futuras profesionais que poidan contribuír a expandir esta filosofía de traballo grupal.

Grazas á profesora Diana Escobar Arias por ternos convidado un ano máis! 🥰

👉 O Concello de Boqueixón lanza unha campaña de visibilización e sensibilización con motivo do 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐏𝐞𝐫...
05/11/2023

👉 O Concello de Boqueixón lanza unha campaña de visibilización e sensibilización con motivo do 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚 𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚, conmemoración que ten lugar cada 5 de novembro, e que se inclúe no marco das actividades do programa CoidarNos.

💗 As persoas coidadoras desempeñan con dedicación e amor un rol que é vital para que as persoas en situación de dependencia teñan unha boa calidade de vida; mais, con frecuencia, adoitan caer na desatención de si mesmas quedando o autocoidado nun segundo ou terceiro plano. É por iso que precisamos poñer o foco en coidar ás persoas coidadoras e ter presente a necesidade de que estas se coiden; porque é unha cuestión de aprender a conxugar e buscar o equilibrio entre dar e recibir; porque é un dereito ao que ningunha persoa coidadora debe renunciar.
💚 𝐂𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐱𝐮𝐠𝐚𝐫 𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬!

📝Tomade nota! No mes de novembro FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), en colaboración coa Escola Galega de Saú...
24/10/2023

📝Tomade nota! No mes de novembro FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, desenvolverá a seguinte formación no Concello de Boqueixón: 𝐀𝐩𝐨𝐢𝐨 𝐧𝐨 𝐟𝐨𝐠𝐚𝐫 𝐚 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐝𝐚𝐧𝐨 𝐜𝐞𝐫𝐞𝐛𝐫𝐚𝐥 𝐚𝐪𝐮𝐢𝐫𝐢𝐝𝐨. Esta proposta formativa combinará teoría e práctica, tratando asuntos tan importantes como: a detección do dano cerebral; pautas para avaliar a evolución da persoa con dano cerebral; comunicación coa persoa con dano cerebral; alteracións cognitivas e condutuais; alimentación, deglutición e medicación; produtos de apoio e accesibilidade; hixiene, curas e prevención de úlceras; acompañamento en actividades de ocio e tratamento da intimidade e da privacidade.
Unha formación moi completa dirixida a persoas coidadoras (profesionais ou non profesionais) e a futuras traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Ademais, todas as persoas asistentes recibirán un certificado de asistencia emitido pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde – ACIS.

🎓 Outro ano máis visitamos as aulas de terceiro curso da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Composte...
29/09/2023

🎓 Outro ano máis visitamos as aulas de terceiro curso da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela, coa finalidade de dar a coñecer o programa CoidarNos ao alumnado.

👉🏻 Para o Concello de Boqueixón é sempre unha honra que esta iniciativa poida darse a coñecer a futuras profesionais que teñen na súa man expandir proxectos tan transformadores e empoderadores como este, que poñen no centro ás persoas coidadoras, e que procuran o seu benestar a través do seu propio crecemento persoal.

💚 Como vén sendo habitual acudimos acompañadas de dúas mulleres coidadoras que falaron- desde e co corazón- da súa experiencia de participación no grupo de apoio. E como non podía ser doutro xeito, sentíronse tremendamente arroupadas por todas as persoas que con atención e emoción escoitaban o seu testemuño.

✒️Ao longo dos próximos días faremos públicas algunhas das valoracións que o alumnado depositou no noso tarro de folgos para continuar medrando!

Desde CoidarNos queremos aproveitar para agradecerlle á profesora Lourdes Besada Agra o seu interese polo programa, o agarimo co que sempre nos recibe e o respecto cara o noso traballo. Ata pronto, Lourdes! Vémonos no torreiro 🥰

🌳 Onte foi un día para celebrar ...Celebrar que CoidarNos é un proxecto consolidado no noso Concello. Celebrar a evoluci...
25/05/2023

🌳 Onte foi un día para celebrar ...
Celebrar que CoidarNos é un proxecto consolidado no noso Concello.
Celebrar a evolución e o crecemento persoal das persoas participantes.
Celebrar que o seu autocoidado xa non é unha fantasía e que chegou para quedar.
Celebrar que CoidarNos é unha tribo.
Celebrar que dos vínculos entre persoas cun nexo en común agroman forzas transformadoras.
Celebrar que camiñamos cara a unha comunidade coidadora e coidada.
E hoxe...
Hoxe hai 7 anos do nacemento de CoidarNos! 💚

A socióloga coruñesa, Ana Díaz Cortés, expón nesta entrevista a importancia da formación e da corresponsabilidade nos co...
06/02/2023

A socióloga coruñesa, Ana Díaz Cortés, expón nesta entrevista a importancia da formación e da corresponsabilidade nos coidados, sendo clave compartilos para previr a sobrecarga e o estrés asociados a esta tarefa.

«Las familias deben saber que es responsabilidad de todos los hijos», dice la socióloga, autora de guías para personas con demencias

📝Formación de interese para persoas coidadoras.A Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía organiza un curso gratuí...
12/01/2023

📝Formación de interese para persoas coidadoras.
A Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía organiza un curso gratuíto de formación para persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia. Podedes ampliar a información neste enlace 👇

👉💚A realidade amósanos como é habitual que toda a enerxía das persoas coidadoras se concentre no único obxectivo de proc...
05/11/2022

👉💚A realidade amósanos como é habitual que toda a enerxía das persoas coidadoras se concentre no único obxectivo de procurar o máximo benestar das persoas a quen coidan. Pero coidar tamén é prestar atención ás necesidades propias, aquelas que quedan en segundo plano porque o ritmo e a intensidade do quefacer diario dunha coidadora non lle permite parar e centrarse nas necesidades e nos dereitos a buscar un equilibrio, tan necesario como difícil de atopar, nunha sociedade que aínda ten moito que andar de cara a poñer no centro o que de verdade importa.
📅💚Desde CoidarNos sumámonos a esta reivindicación a través desta campaña, co obxecto de que todas as persoas coidadoras sexan quen de poñer atención e dilixencia nos seus coidados propios ademais de nos coidados aos seus familiares. Porque é unha cuestión de aprender a conxugar e buscar o equilibrio entre dar e recibir. Porque é un dereito ao que ningunha persoa coidadora debe renunciar.

👣 Hoxe volvemos a pisar a 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐔𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚, unha experiencia única que ...
06/10/2022

👣 Hoxe volvemos a pisar a 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐔𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚, unha experiencia única que cada ano vivimos grazas ao convite de 𝐋𝐨𝐮𝐫𝐝𝐞𝐬 𝐁𝐞𝐬𝐚𝐝𝐚 𝐀𝐠𝐫𝐚.

💚 Para o Concello de Boqueixón é unha honra que o programa CoidarNos sexa unha fonte de inspiración e aprendizaxe para o alumnado desta escola, alumnado que, unha vez máis, agasallou palabras e recoñecementos moi valiosos á persoa coidadora que hoxe nos acompañou.

💓 O máis positivo desta experiencia quizáis sexa que nese compartir entre alumnado e persoa coidadora esta descobre que ela é un exemplo de loita e superación, que ela ten a capacidade de ensinar e transmitir unha realidade que non todas podemos achegar, e en definitiva que ela é 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞, 𝐝𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐬 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐚𝐭𝐨𝐩𝐚𝐫.

🫂 Grazas Lourdes por darnos espazo para que todo isto poida agromar!

Logo do parón derivado da pandemia, este martes pasado retomamos as visitas ás  aulas de 3º curso da  𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐔𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫...
30/09/2022

Logo do parón derivado da pandemia, este martes pasado retomamos as visitas ás aulas de 3º curso da 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐔𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚, coa finalidade de dar a coñecer o programa ao alumnado. Nesta ocasión acompañáronnos co seu testemuño Beny e José Manuel, dúas das persoas coidadoras que forman parte deste proxecto. Grazas á súa apertura emocional e ás achegas que fixeron á charla, o alumnado conectou coa esencia de CoidarNos. Proba disto son as verbas que lle dedicou o alumnado nas súas valoracións:

💚👉 “Gracias a Beni e a José Manuel, doume conta do gran traballo que conleva o coidado dunha persoa maior. Son unha luz que ilumina o camiño de moita xente. Ojalá houbera máis xente coma eles. Esta labor faime darme conta da importancia que ten a carreira que estudamos”

💚👉 “José Manuel y Beny son el claro ejemplo de compañerismo y el apoyo que el proyecto de CoidarNos busca”

💚👉 “Todos e todas debemos coidarnos e querernos porque se un mesmo non se mima, se coida e se respecta nadie o vai facer. Agradecervos esta visita e esta aprendizaxe”

💚 CoidarNos leva xa un longo percorrido. 🎂 Van 6 anos do comezo do programa e recentemente cumpriuse un do inicio co seg...
23/09/2022

💚 CoidarNos leva xa un longo percorrido.

🎂 Van 6 anos do comezo do programa e recentemente cumpriuse un do inicio co segundo grupo.

🧐 Cada certo tempo cómpre repasar o impacto que ten nas diferentes esferas da vida das persoas coidadoras o desempeño deste rol, a fin de coñecer en que medida se ven afectadas:

👥 Relacións familiares
🧰 Emprego
🩺 Saúde
💓 Estado anímico
💰 Economía
🎳 Tempo de lecer

Esta semana, en ambas sesións, falamos sobre isto! 👇

Dirección

Centro Sociocultural De Sergude
Boqueijón
15881

Horario de Apertura

17:00 - 19:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CoidarNos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir