Concello de Boqueixón

Concello de Boqueixón Benvidos/as á páxina do Concello de Boqueixón 🙌 Aquí coñecerás todas as novidades do concello

💧 𝗚𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗼 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮́ 𝗮𝘂𝗴𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 🚰A escaseza de auga converteuse nun problema frecuente para moitas familias nas ...
11/08/2026

💧 𝗚𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗼 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮́ 𝗮𝘂𝗴𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 🚰
A escaseza de auga converteuse nun problema frecuente para moitas familias nas últimas semanas. Ante esta situación, dende o Concello de Boqueixón actuamos coa máxima rapidez: en menos de 24 horas demos resposta ao 100% das solicitudes urxentes de novos enganches de auga, garantindo que ningún fogar quede sen este recurso tan básico.

Seguimos ampliando e mellorando a nosa rede municipal de abastecemento —unha das máis potentes e con maior cobertura para dar servizo a practicamente o 100% das vivendas do municipio—. Un exemplo disto é o remate das obras de abastecemento en Pumares (Sergude), que nos permite seguir levando a auga municipal a máis casas do concello.

📈 𝟮𝟱 𝗻𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗮𝗹𝘁𝗮𝘀 𝘁𝗿𝗮𝗺𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝘂́𝗹𝘁𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗺𝗲𝘀𝗲𝘀:
📍 Lestedo: 9
📍 Sergude: 7
📍 Vigo: 2
📍 Ledesma: 2
📍 Boqueixón: 1
📍 Pousada: 1
📍 Lamas: 1
📍 Codeso: 1

Seguimos investindo e traballando para ofrecer servizos públicos de calidade e dar resposta inmediata ás necesidades da nosa veciñanza!

🌳 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟯𝟴𝟯.𝟬𝟬𝟬 € 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗻𝗼𝘃𝗼𝘀 𝗶𝘁𝗶𝗻𝗲𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗼𝗻í𝘀 𝗲 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗮 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗟𝗲𝘀𝘁𝗲𝗱𝗼!A Xunta de Galicia  adxu...
11/08/2026

🌳 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟯𝟴𝟯.𝟬𝟬𝟬 € 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗻𝗼𝘃𝗼𝘀 𝗶𝘁𝗶𝗻𝗲𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗼𝗻í𝘀 𝗲 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗮 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗟𝗲𝘀𝘁𝗲𝗱𝗼!
A Xunta de Galicia adxudicou as obras para humanizar e mellorar a seguridade viaria na rúa Castrelo e na avenida do Vinteseis, conectando de xeito máis seguro o núcleo de Lestedo co seu extrarradio.

Unha actuación froito da colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (70%) e o Concello de Boqueixón (30%), que executará a empresa Francisco Gómez y Cía.

🛠️ 𝗘𝗻 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗶𝘀𝘁𝗶𝗿𝗮́𝗻 𝗼𝘀 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼𝘀?
📍 Rúa Castrelo: Renovación de beirarrúas, creación dunha nova senda peonil de 120 metros, posta a punto do firme e nova sinalización.
📍 Avenida do Vinteseis: Reforma de beirarrúas e creación de novas liñas peonís para dar servizo ao novo aparcadoiro, xunto coa instalación de nova rede de alumbrado e pluviais.
🌿 Mellora da contorna: Plantación de árbores, zonas verdes e instalación de novo mobiliario urbano.

Seguimos a apostar por un Boqueixón máis accesible, cómodo e seguro para a nosa veciñanza!

🎭📜 𝗥𝗲𝘃𝗶𝘃𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗮 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗮 𝘃𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 "𝗔 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗛𝗼𝗻𝗿𝗮"!O campo do río de Ponte Ledesma converteuse nun escena...
10/08/2026

🎭📜 𝗥𝗲𝘃𝗶𝘃𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗮 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗮 𝘃𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 "𝗔 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗛𝗼𝗻𝗿𝗮"!

O campo do río de Ponte Ledesma converteuse nun escenario vivo para viaxar no tempo e descubrir os episodios e lendas máis senlleiras do noso patrimonio. 🌉✨

Unha xornada inesquecible dirixida polas mans do actor Suso Martínez, que contou coa brillante participación de Daniel Lindh, o acompañamento musical de Muxicas da Silveira e, sobre todo, a implicación e agarimo da nosa veciñanza. 🪗👥

Moitas grazas a todas e todos os que fixestes posíbel esta experiencia tan especial! Compartímosvos unha galería de imaxes cos mellores momentos da visita📸

🌕🔭 𝗘𝗖𝗟𝗜𝗣𝗦𝗘 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢́𝗥𝗜𝗖𝗢 𝗻𝗼 𝗣𝗶𝗰𝗼 𝗦𝗮𝗰𝗿𝗼!Xa está todo listo para a observación do eclipse solar dende o Pico Sacro o vindeiro...
10/08/2026

🌕🔭 𝗘𝗖𝗟𝗜𝗣𝗦𝗘 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢́𝗥𝗜𝗖𝗢 𝗻𝗼 𝗣𝗶𝗰𝗼 𝗦𝗮𝗰𝗿𝗼!
Xa está todo listo para a observación do eclipse solar dende o Pico Sacro o vindeiro mércores 12 de agosto! E debido o gran interese e volumen de chamadas indicamos:

⚠️ 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘:
- Informamos de que as prazas para a charla explicativa xa están totalmente ESGOTADAS.
- Bus lanzadeira de balde para evitar colapso polo fluxo de xente, dende o campo de fútbol de Lestedo ata o cume do Pico Sacro en horario de 18:00 h a 21:00 h (frecuencia cada 15 minutos).
- Accesos o Pico Sacro Boqueixón só dende Lestedo.

💡 Recomendamos utilizar este transporte gratuíto, xa que aínda que se habilitarán zonas de aparcadoiro, hai previsión de gran afluencia.
🕶️Recomendamos vir coas vosas propias gafas de protección homologadas desde casa, xa que non se pode garantir o stock de venda no propio monte debido á gran afluencia de público prevista.

Vémonos no Pico Sacro para vivir un momento inesquecible! ⛰️

✨🕯️ 𝗔𝘀í 𝗱𝗲 𝗺𝗮́𝘅𝗶𝗰𝗮 𝗳𝗼𝗶 𝗮 𝗡𝗼𝗶𝘁𝗲 𝗩𝗲𝗹𝗮𝗱𝗮 𝗲𝗻 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗟𝗲𝗱𝗲𝘀𝗺𝗮!O campo do río volveu brillar cunha atmosfera única á luz das can...
10/08/2026

✨🕯️ 𝗔𝘀í 𝗱𝗲 𝗺𝗮́𝘅𝗶𝗰𝗮 𝗳𝗼𝗶 𝗮 𝗡𝗼𝗶𝘁𝗲 𝗩𝗲𝗹𝗮𝗱𝗮 𝗲𝗻 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗟𝗲𝗱𝗲𝘀𝗺𝗮!
O campo do río volveu brillar cunha atmosfera única á luz das candeas, combinando música, patrimonio e tradición nun marco incomparable á beira do Ulla. 🎶🌊

Moitísimas grazas a todas e todos os que vos achegastes a compartir esta velada tan especial e, por suposto, ás agrupacións Raeira, Muxicas da Silveira e Son de Gaita por poñerlle o toque musical a unha noite inesquecible. 🪗🥁

📚 𝗔𝗯𝗿𝗲 𝗼 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗿í𝗰𝘂𝗹𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼𝘀 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝗴𝗹𝗲́𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲-𝟮𝟬𝟮𝟳 𝗲𝗻 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻!O Concello de Boqueixón convoca unha nova ...
10/08/2026

📚 𝗔𝗯𝗿𝗲 𝗼 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗿í𝗰𝘂𝗹𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼𝘀 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝗴𝗹𝗲́𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲-𝟮𝟬𝟮𝟳 𝗲𝗻 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻!
O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición dos seus cursos de inglés, que se impartirán de outubro a xuño no CPI Antonio Orza Couto.

Unha excelente oportunidade formativa dirixida a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e mocidade a partir de 16 anos (grupos A2, B1 e B2).
🗓️ Datas e preferencia de matrícula:
📅 Prazo de inscrición: Do 10 ao 31 de agosto.

⭐ Preferencia: Terá preferencia na matrícula o alumnado que xa cursara no ano académico 2025-2026.

📝 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗯𝗶𝗿𝘀𝗲?
1 Descarga a ficha de inscrición.
2 Cúbrela cos teus datos.
3 Envíaa por correo electrónico a: [email protected]

ℹ️ 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:
📞 Teléfono de contacto: 981 513 115

🌐 Consulta todos os detalles e descarga a solicitude na web: https://www.boqueixon.gal/2026/08/07/abre-o-prazo-para-novas-matriculas-nos-cursos-de-ingles-2026-2027/

🎺𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻 🎼  🎆Do 10 ao 12 de agosto desfruta do San Lorenzo, as festas patronais de A Granxa aco...
07/08/2026

🎺𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻 🎼 🎆
Do 10 ao 12 de agosto desfruta do San Lorenzo, as festas patronais de A Granxa acompañdas de moita música, tradición e bó ambiente. Esperámoste!

📅 𝗟𝘂𝗻𝘀 𝟭𝟬 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa Solemne.
🎶 Sesión vermú: A cargo de Aires de Broña e Son de Gaita.
🪗 Verbena: Con Aires de Broña.

📅 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝟭𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa Solemne.
🎺 Sesión vermú e verbena: Dúo Élite.

📅 𝗠𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa Solemne.
🎺 Sesión vermú : Con JB Son.
🪗Verbena: Con JB Son e Trio Manhattan.

Un Comezo de semana cheo de festas en 💚

💼𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🛒 dependentes/as para EROSKI CITYA empresa de alimentación JOALPER, S.L.  abre un proceso de selecció...
07/08/2026

💼𝗢𝗙𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 🛒 dependentes/as para EROSKI CITY
A empresa de alimentación JOALPER, S.L. abre un proceso de selección para incorporar dependentes/as ás súas tendas situadas en Lestedo (Boqueixón) e Arca (O Pino).

📋 𝗙𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗽𝗿𝗶𝗻𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀:
- Caixeiro/a
- repoñedor/a.
- Panadería.

📌 𝗥𝗲𝗾𝘂𝗶𝘀𝗶𝘁𝗼𝘀:
Estudios mínimos: Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Persoa responsable, dinámica e con orientación á atención ao cliente.
Gusto polo traballo en equipo.

📩 As persoas interesadas poden enviar o seu CV a través das seguintes vías:
📧 Correo electrónico: [email protected]
🌐 Páxina web: http://joalper.es (no apartado de Trabaja con nosotros).

Compartide para chegar a quen lle poida interesar! 💚

🎺𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻 🎼  🎆Chegan as festas patronais de Pousada, do 10 ao 12 de agosto, onde poderás disfrut...
06/08/2026

🎺𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗼𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼́𝗻 🎼 🎆
Chegan as festas patronais de Pousada, do 10 ao 12 de agosto, onde poderás disfrutar de misas e sesión vermú. Ven e desfruta de estes dias de festas!

📅 𝗟𝘂𝗻𝘀 𝟭𝟬 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa na honra de San Lorenzo.

📅 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝟭𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa na honra ó Santísimo.

📅 𝗠𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
⛪ 13:00 h: Misa na honra a Virxe do Carmen.
🎺 Sesión vermú: A cargo do Dúo Punto Zero.

Desfruta de unha semana de confraternidade en 💚

✨🕯️ 𝗗𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗰𝗶𝘁𝗮 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗳𝗶𝗻 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗲𝗻 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗟𝗲𝗱𝗲𝘀𝗺𝗮!Boqueixón prepárase para vivir dous días moi especiais no ca...
06/08/2026

✨🕯️ 𝗗𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗰𝗶𝘁𝗮 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗳𝗶𝗻 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗲𝗻 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗟𝗲𝗱𝗲𝘀𝗺𝗮!
Boqueixón prepárase para vivir dous días moi especiais no campo do río de Ponte Ledesma:

🌕 Sábado 8 (22:00 h): Noite Velada. Unha atmosfera máxica á luz das candeas coa música de Raeira, Muxicas da Silveira e Son de Gaita (haberá postos de bebida durante toda a noite).
🎭 Domingo 9 (20:00 h): Visita teatralizada "A Ponte da Honra". Percorrido polos episodios máis senlleiros da ponte co actor Suso Martínez, Daniel Lindh, a veciñanza e Muxicas da Silveira.

📌 Inscrición imprescindible para a visita do domingo:📧 [email protected]
Non perdas esta cita única coa cultura e a nosa historia! 💚

𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘄𝗲𝗯:
https://www.boqueixon.gal/2026/08/05/todo-listo-en-boqueixon-para-unha-dobre-cita-cultural-esta-fin-de-semana-noite-velada-e-visita-teatralizada-a-ponte-ledesma/

Dirección

Boqueijón
15881

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Boqueixón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Boqueixón:

Atajos

Compartir