Cousas de Lestedo e o Pico Sacro

Cousas de Lestedo e o Pico Sacro Lestedo (Boqueixón) e o Pico Sacro, Ultima parada dos pelegrins da Via da Prata Máis detallada é a versión da translación recollida no “Codex Calixtinus (s.

O Pico Sacro:
Tamén citado nalgúns textos como Pico Sagro, antiga denominación habitual en idioma galego. Monte de 533 m de altitude situado no municipio galego de Boqueixón (A Coruña), a 12 km de Santiago, ao sueste desta cidade. Forma parte indisociable das lendas da translación do corpo do apóstolo Santiago dende Palestina ata Galicia, tras ser decapitado en Xerusalén, e é un dos montes galegos

máis lexendarios, xa que nel únense ás lendas xacobeas a todo tipo de relatos e devanditos populares. Aos seus pés pasa, cara a Santiago, o Camiño do Sueste, procedente de terras ourensás e da Vía da Prata. O Pico Sacro é unha singular montaña de cuarzo cuxa acentuada forma cónica sobresae entre os pequenos vales que o circundan. O seu perfil solitario, observable a gran distancia, que se impón á paisaxe como unha estraña aparición, a pesar da súa escasa altitude, deu lugar a todo tipo de especulacións populares sobre a súa orixe. Crese que puido ser en tempos remotos un relevante santuario pagán, cuxos ritos pervivirían ata principios da Alta Idade Media, motivo polo que sería incorporado á tradición xacobea: Que mellor forma de cristianizalo que mediante a lenda da “translatio”? Lupa e o Monte Sacro
Existen varias versións que narran a relación do Pico Sacro coa translación, todas elas procedentes da denominada Epístola do papa León. Unha destas versións aparece xustamente nun documento vinculado ao mosteiro medieval de San Sebastián instalado na cima deste monte. En todo caso, a máis antiga é do mesmo século IX, poucas décadas despois do descubrimento do sepulcro do Apóstolo (820-830), sostén o medievalista López Alsina, e consérvase nun manuscrito en Limoges (Francia). Nela indícase que tras chegar a Galicia, o corpo do Apóstolo aparece milagrosamente enterrado ao pouco tempo nunha zona interior, a 12 millas da costa. Nas proximidades hai un monte chamado “Illicinus” no que habita un dragón ao que tres dos discípulos de Santiago logran destruír, dende entón pasou a chamarse Monte Sacro, tamén citado en certos textos antigos como “Monsagro”. XII), no seu libro III. Aquí aparece Lupa como a señora das terras onde os discípulos de Santiago pretenden enterrar o seu corpo, tras unha serie de peripecias, esta poderosa dama envíaos a un monte próximo da súa propiedade para buscar uns bois para con eles construír o sepulcro. En realidade o que pretende é desfacerse dos seguidores de Santiago, xa que ao chegar atópanse cun terrible dragón, símbolo universal do mal e de todos os animais dañinos, ao que grazas á intercesión divina logran rebentar e matar. Tras isto bendín o monte, ao que pasan a chamar Monte Sacro. A continuación van buscar os bois, que eran salvaxes pero ao ver aos discípulos vólvense mansos e con eles marchan ao palacio de Lupa. Esta, ao comprobar o sucedido, recoñece o seu erro, destrúe os seus ídolos pagáns e convértese á nova fe. Outras lendas sinalan que os discípulos utilizan os bois para transportar o corpo do Apóstolo e deciden enterralo nas inmediacións dunha fonte ante a que os animais se detiveron, tras interpretalo como un sinal divino. Esta fonte está na actual Rúa do Franco, en Compostela. Nalgunha versión cóntase que os discípulos tamén destrúen no monte un ídolo dedicado a unhas terribles serpes que alí habitaban. Igrexas e outras historias
O feito de que a “translatio” vinculase xa desde o mesmo século IX a Santiago co Pico Sacro e a súa transformación de espazo pagán en terra bendita, fixo que o bispo compostelán Sisnando I (s. IX) mandase construír nel un pequeno cenobio do que sobrevive a actual capela dedicada a San Sebastián. Está próxima ao cume e conserva algunha parte románica. Tamén existiu unha capela de Santiago (s. XI), hoxe desaparecida. Sería todo iso a resposta á necesaria cristianización dun espazo que, quizais por resultar moi evidente que non o era, incluíuse entre os lugares transformados polo poderosísimo efecto taumatúrgico do corpo do Apóstolo. Na cima tamén se levantou un castelo vixía no século XII. Crese que a pequena trincheira que parte en dúas o cume é o foso desta fortaleza. De novo, para o imaxinario popular é -entre outras versións- a rúa da raíña Lupa, aberta por un titán. Na tradición oral da zona sobreviviu ata o presente, con múltiples variantes e digresions, o impacto da narración descrita. As xentes de máis idade aínda contan que na cima do pico están os restos do palacio e a horta da raíña Lupa. Para outros ese palacio estaba no interior das dúas covas que teñen a súa entrada nas inmediacións da cima do monte. E como unha vez postos a contar, o importante é que a imaxinación nos leve, algún relato oral hai que asegura que as covas -de gran valor, xa que son un exemplo case único dunha formación cavernosa de cuarzo- comunican coa catedral de Santiago e co próximo río Ulla. En fin, estas e outras historias non fan máis que evidenciar a intensidade emocional colectiva espertada por este singular cume desde tempo inmemorial. O Pico Sacro conta cun centro de interpretación situado no lugar de Cachosenande, parroquia de Lestedo (Boqueixón), ao pé do monte.

08/09/2023
Pra toda esa xentiña que se atopa lonxe o preto de lestedo ....
28/08/2023

Pra toda esa xentiña que se atopa lonxe o preto de lestedo ....

Gran sardiñada da AA.VV de Lestedo,a ledicia de tod@s ...gran iniciativa
24/06/2023

Gran sardiñada da AA.VV de Lestedo,a ledicia de tod@s ...gran iniciativa

Non podían faltar os nosos veciños...
15/04/2023

Non podían faltar os nosos veciños...

14/04/2023

𝐗𝐗𝐗 𝐄𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬
O polideportivo do Forte acollerá o vindeiro sábado 6 de maio o ### Encontro de Maiores de ́n, que terá lugar de 12:30 a 18:30 horas.
🎟 𝐑𝐞𝐜𝐨𝐥𝐥𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟒 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
📌 Prezo: 10 € (60 ou máis anos e pensionistas) / 25 € (menos de 60 anos).
🚌 Haberá servizo de bus para as persoas que o soliciten (consultar horarios).
ℹ️ Concello de Boqueixón: 981 513 061.

14/04/2023

La Fiesta de la Filloa de Lestedo, o Festa da Filloa en gallego, empezó con un grupo de vecinos de la aldea de Lestedo, en el ayuntamiento de Boqueixón, A Coruña, en 1983.

13/04/2023

🛺🚗🚕 A ruta de coches antigos da XLI Festa Viño da Ulla fará unha parada na 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐬𝐭𝐞𝐝𝐨 este domingo 16 de abril, ás 13:00 horas. Non a perdas 📸

Festaza dos veciños
07/04/2023

Festaza dos veciños

Dirección

Plaza Da Feira, Lestedo
Boqueijón
15881

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cousas de Lestedo e o Pico Sacro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir