18/08/2026
🌹 DÍA DA GALIZA MÁRTIR | MEMORIA, VERDADE E XUSTIZA
Un ano máis, o BNG de Boiro participou na homenaxe ás persoas represaliadas e asasinadas polo franquismo, mantendo viva a súa memoria e reivindicando a verdade, a xustiza e a reparación.
Neste 2026, a lembranza estivo especialmente dedicada a Santos Ruiz Fajardo, veciño do Cabo da Cruz, e, a través da súa figura, a todas as vítimas da represión fascista.
Queremos agradecer especialmente as emotivas e enriquecedoras verbas de Luís Pérez Barral, da catedrática Aurora Marco e de Xosé Deira, que contribuíron a poñer voz, memoria e dignidade a unha xornada tan necesaria.
Porque sen memoria non hai xustiza.
Porque non esquecemos.
Lembramos para construír futuro.