04/09/2026
⚠️ AVISO IMPORTANTE Á VECIÑANZA
Informamos de que acaban de roubar nunha vivenda de Brues, Boborás, aproveitándose da boa vontade e da vulnerabilidade dunha veciña.
Dúas mulleres novas, morenas e co pelo recollido nunha coleta achegáronse á vivenda pedindo auga. Aproveitando que a veciña as atendeu e a súa boa intención, accederon á casa e subtraéronlle as xoias de ouro que gardaba no seu interior.
A Garda Civil xa foi avisada dos feitos.
Pedimos a toda a veciñanza de Boborás e das distintas aldeas do municipio que extreme as precaucións, especialmente coas persoas maiores ou vulnerables. Non permitades o acceso á vivenda a persoas descoñecidas e, ante calquera comportamento sospeitoso, avisade inmediatamente á Garda Civil.
Por favor, difundide este aviso entre familiares e veciños, especialmente entre as persoas maiores que viven soas.
Moito coidado.