07/04/2026
🗣️💻 Faladoiro sobre Violencias Machistas Dixitais.
🗓️ Este vindeiro venres, 10 de abril, o Concello de Betanzos súmase á campaña 'De fronte contra as violencias machistas' da Deputación da Coruña.
👉 A actividade, dinamizada por especialistas da S. Coop. Aventeira, analizará os novos discursos e estéticas que imperan nas redes sociais e o impacto nas relacións afectivas e se***is da mocidade. 💏🗨️
A cita terá lugar no 📍 Salón Azul do Edificio Liceo ás 🕢 19:00 horas, cunha sesión de balde aberta ao público xeral.