Partido Popular de Betanzos

Partido Popular de Betanzos Página en Facebook del Partido Popular de Betanzos Horario de Atención al Ciudadano:

Lunes -> 10:00 h. a 14:00 h. Jueves -> 10:00 h.

03/09/2026

Betanzos con Ceuta.

Máis de 200 veciños e veciñas de Betanzos amosaron onte a súa solidariedade co pobo de Ceuta e reclamáronlle ao Goberno ...
03/09/2026

Máis de 200 veciños e veciñas de Betanzos amosaron onte a súa solidariedade co pobo de Ceuta e reclamáronlle ao Goberno central solucións para restablecer a convivencia nesa cidade e para impedir que as persoas migrantes arrisquen a súa vida para tratar de chegar a España.

Desde o Partido Popular de Betanzos sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Mun...
01/09/2026

Desde o Partido Popular de Betanzos sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) para este mércores ás 20.00 horas diante do consistorio.

O Partido Popular de Galicia abriu hoxe o novo curso político co xa tradicional acto na carballeira de San Xusto, en Cer...
29/08/2026

O Partido Popular de Galicia abriu hoxe o novo curso político co xa tradicional acto na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, e o PP de Betanzos non podía faltar. A nosa voceira, Ceci Vázquez, aproveitou a ocasión para conversar co futuro presidente de España, Alberto Núñez Feijóo. Este é o curso político do cambio.💪💪

No Partido Popular de Betanzos pensamos que a veciñanza ten dereito a coñecer en detalle as condicións nas que se vai pr...
28/08/2026

No Partido Popular de Betanzos pensamos que a veciñanza ten dereito a coñecer en detalle as condicións nas que se vai prestar o servizo de recollida e xestión do lixo, que está a licitar o Consorcio As Mariñas para adxudicalo para os vindeiros 10 anos. Unha vez máis, a forma de proceder do goberno local non é a máis transparente.

🆕 Desde o Partido Popular de Betanzos consideramos que o goberno local debería ser máis transparente, tanto coa oposición como coa veciñanza, sobre a licitación do servizo de recollida e xestión do lixo para os vindeiros 10 anos, un dos contratos máis relevantes que afectan ao noso concello.

Xa sabemos que a entidade que licita non é o concello, senón o Consorcio As Mariñas, pero pensamos que as veciñas e os veciños de Betanzos temos dereito a coñecer como vai quedar a prestación do servizo.

A realidade é que a pouca información que trascendeu ata o momento a través dalgún medio de comunicación xéranos máis preocupación que tranquilidade, xa que, por exemplo, puidemos ler que a frecuencia de recollida no centro urbano vai pasar a só dous días.

Ademais, tal e como xa solicitamos hai un par de anos, pensamos que se a frecuencia de recollida no rural tamén vai ser menor que na cidade, o lóxico sería que os residentes no rural pasen a pagar menos polo servizo.

Agardamos que o goberno local arroxe un pouco máis de luz sobre as condicións negociadas para a prestación do servizo e que deben figurar nos pregos da licitación do contrato.

ℹ️ Máis info: https://ppdebetanzos.com/ceci-vazquez-cuestiona-a-falta-de-transparencia-de-barral-sobre-a-licitacion-do-novo-contrato-do-lixo/

ℹ️ Desde o PP de Betanzos vimos de presentar unha moción para solicitarlle ao goberno que arranxe as filtracións de auga...
25/08/2026

ℹ️ Desde o PP de Betanzos vimos de presentar unha moción para solicitarlle ao goberno que arranxe as filtracións de auga cara aos rochos dalgúns edificios do Paseo da Galera.

🆕 Desde o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos vimos de rexistrar unha moción para instar ao goberno local a arranxar as filtracións de auga cara aos rochos dalgúns edificios do Paseo da Galera, das que se veñen queixando veciños desa rúa e que, supostamente, estarían motivadas pola deficiente impermeabilización da beirarrúa.

🌐 Máis info: https://ppdebetanzos.com/o-pp-de-betanzos-reclama-o-arranxo-das-filtracions-de-auga-que-inundan-rochos-no-paseo-da-galera/

La Voz de Galicia. Edición A Coruña publica hoxe esta entrevista coa nosa voceira, Ceci Vázquez, na que amosa a súa face...
23/08/2026

La Voz de Galicia. Edición A Coruña publica hoxe esta entrevista coa nosa voceira, Ceci Vázquez, na que amosa a súa faceta máis persoal e comparte a súa experiencia para afrontar a diagnose de cancro. Unha vez máis, todo o ánimo dos compañeiros e compañeiras do PP de Betanzos e a nosa admiración pola súa enteireza.💪💪

Asegura que solo sintió «miedo» en las 48 horas tras el diagnóstico

No vindeiro pleno ordinario debaterase unha moción que vimos de presentar desde o Partido Popular para instar ao goberno...
20/08/2026

No vindeiro pleno ordinario debaterase unha moción que vimos de presentar desde o Partido Popular para instar ao goberno local a cederlle unha parcela á Xunta de Galicia para que acometa en Betanzos un proxecto de construción de vivenda de promoción pública.

Pensamos que a dificultade de acceso a unha vivenda a prezos asequibles converteuse nun dos principais problemas para a mocidade, para moitas familias e para persoas en situacións desfavorecidas e pensamos que a estratexia da Xunta para incrementar o parque residencial público é unha oportunidade que non debemos deixar pasar.

Asegura que la demanda habitacional es una de las principales preocupaciones de los vecinos

🎼 O Concerto Cidade de Betanzos celebrado onte na igrexa de Santiago foi un espectáculo extraordinario. Parabéns á Coral...
14/08/2026

🎼 O Concerto Cidade de Betanzos celebrado onte na igrexa de Santiago foi un espectáculo extraordinario. Parabéns á Coral Polifónica de Betanzos, á Agrupación Carlos Seijo e á Banda Municipal de Música do Concello de Betanzos.🙌

Xa en setembro de 2024, desde o Partido Popular de Betanzos instamos ao goberno local a regular a actividade das Vivenda...
13/08/2026

Xa en setembro de 2024, desde o Partido Popular de Betanzos instamos ao goberno local a regular a actividade das Vivendas de Uso Turístico (VUT). Agora instámolo de novo a facelo con maior transparencia e proactividade para pulsar a opinión e escoitar a todos os afectados. Por iso vimos de solicitar a convocatoria dunha comisión informativa para abordar a elaboración da futura ordenanza.

Unha vez pasado o instante histórico da eclipse solar, toca volver centrarse na actualidade local. Desde o Partido Popular de Betanzos vimos de solicitar a convocatoria dunha comisión informativa para abordar a regulación das Vivendas de Uso Turístico (VUT).

Xa en setembro de 2024 presentaramos unha moción, que foi aprobada por unanimidade, instando ao goberno local a regular as VUT, tras detectar un crecemento exponencial nos últimos anos na nosa cidade.

Despois de dous anos sen prestarlle atención a este tema, que nalgúns edificios xa está a xerar problemas de convivencia entre propietarios, veciños e turistas, o executivo de María Barral abriu unha consulta pública previa á elaboración dunha ordenanza.

Pero fíxoo simplemente limitándose a cumprir o trámite de publicar o anuncio da consulta na páxina web e sen darlle máis difusión, como se no fondo non estiveran interesados en pulsar e escoitar a opinión dos afectados. Cremos que é un tema relevante e pensamos que é necesario convocar a todos os grupos políticos a unha comisión informativa.

Dirección

Calle Pescadería, Bajo
Betanzos
15300

Horario de Apertura

Martes 19:00 - 20:30
Jueves 11:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Betanzos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir