11/05/2026
🌌O próximo 12 de agosto imos poder vivir un acontecemento astronómico excepcional: un ECLIPSE SOLAR 🌑 que poderá observarse nunhas condicións privilexiadas dende a nosa zona.
✨Por este motivo, solicitamos ao Concello de Becerreá que valore a organización de actividades divulgativas e educativas nos días/meses previos, como charlas, obradoiros ou pequenas xornadas relacionadas coa astronomía e coa observación segura do eclipse, especialmente pensadas para nenos, familias e persoas interesadas.
🪐Tamén propoñemos que se habilite un espazo adecuado para o propio día do eclipse, como pode ser A Pena do Pico, un lugar perfecto pola súa situación e polas vistas que ofrece, ou calquera outro lugar óptimo para a observación deste fenómeno.
☄️Pensamos que pode ser unha ocasión única para xuntar á veciñanza, aprender, desfrutar da natureza e ao mesmo tempo dar a coñecer Becerreá e o seu entorno a todas as persoas que poidan achegarse ese día.
🌠Oxalá entre todos poidamos facer deste momento algo especial para o concello.