Concello de Barreiros

Concello de Barreiros Concello de Barreiros / Ayuntamiento de Barreiros

🧘‍♀️ 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗗𝗨𝗟𝗧𝗢𝗦 · 𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝟮𝟬𝟮𝟲/𝟮𝟬𝟮𝟳📢 Estes días abrimos os prazos para renovacións (non se...
04/09/2026

🧘‍♀️ 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗜𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗗𝗨𝗟𝗧𝗢𝗦 · 𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝟮𝟬𝟮𝟲/𝟮𝟬𝟮𝟳

📢 Estes días abrimos os prazos para renovacións (non se precisa facer nada), renuncias e novas inscricións para participar nas actividades das Escolas Deportivas Municipais de adultos que organiza o Concello de Barreiros para o curso 2026/2027. 𝗔𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗮𝗿𝗮́𝗻 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘇𝗼 𝗼 𝟭 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼.

🤸 Esta tempada ofértanse clases de Ximnasia de mantemento, Pilates, Ioga suave, Ioga vivo, Espalda saudable, Zumba/Step e Baile en San Cosme e San Miguel de Reinante.

👉 𝗢𝗟𝗟𝗢 𝗔́ 𝗡𝗢𝗩𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘: 𝗔 𝗥𝗘𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗔𝗨𝗧𝗢𝗠𝗔́𝗧𝗜𝗖𝗔

🔄 Este curso, por primeira vez, as persoas con matrícula vixente no último mes do curso pasado, maio-xuño 2026, terán dereito á 𝗿𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮, mantendo a actividade e localidade. Se é o teu caso e queres continuar, non tes que facer nada. No caso contrario, 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗱𝗲𝘀𝗲𝘅𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿 neste novo curso, deberás 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗮𝗹𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝗼 no rexistro do Concello de Barreiros 𝗱𝗼 𝟳 𝗮𝗼 𝟭𝟭 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

📅 Prazos de inscrición para novas prazas:
- 1º prazo (𝗲𝗺𝗽𝗮𝗱𝗿𝗼𝗮𝗱𝗮𝘀/𝗼𝘀): 𝗱𝗼 𝟭𝟱 𝗮𝗼 𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
- 2º prazo (𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗲): 𝗱𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮́𝘀 𝟴:𝟯𝟬 𝗵

🧐 Podedes consultar as bases así como o listado de persoas con dereito á renovación automática na web municipal concellodebarreiros.gal ou directamente a través da seguinte ligazón:
🔗https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes

ℹ️ Para máis información e dúbidas 📞 680 913 904 · 982 12 40 02

👦 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗦𝗣𝗜𝗗𝗘 𝗔 𝗛𝗔𝗠𝗗𝗜, 𝗢 𝗡𝗘𝗡𝗢 𝗦𝗔𝗛𝗔𝗥𝗔𝗨𝗜́ 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗜𝗗𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡 𝗣𝗢𝗥 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘🌅 O salón de plenos do Co...
02/09/2026

👦 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗦𝗣𝗜𝗗𝗘 𝗔 𝗛𝗔𝗠𝗗𝗜, 𝗢 𝗡𝗘𝗡𝗢 𝗦𝗔𝗛𝗔𝗥𝗔𝗨𝗜́ 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗜𝗗𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡 𝗣𝗢𝗥 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘

🌅 O salón de plenos do Concello de Barreiros acolleu a despedida de Hamdi, o neno saharauí que pasou os meses de verán no municipio dentro do programa "𝗩𝗮𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲𝗻 𝗣𝗮𝘇" da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

🎁 A alcaldesa Ana Ermida, xunto coas concelleiras Carmen Veiga e Montse Porteiro, entregáronlle varios agasallos como lembranza da súa estadía en Barreiros. Á cita tamén se sumou a familia de acollida, quen durante dous meses abriu as portas da súa casa para ofrecerlle a Hamdi un verán de lecer, afecto e normalidade, ben lonxe das condicións extremas dos campamentos de Tinduf, en Alxeria.

❤️ Desde o Concello de Barreiros queremos felicitar á veciñanza por facer un municipio acolledor e solidario, á vez que agradecemos ás familias que, xenerosamente, fan posible cada verán que nenas e nenos saharauís vivan uns meses lonxe das duras condicións dos campamentos de refuxiados.

💻 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗢𝗕𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗗𝗜𝗫 𝗗𝗘 𝗡𝗜𝗩𝗘𝗟 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢📍 A aula CeMIT de Barreiros acollerá en outubro o exa...
01/09/2026

💻 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗢𝗕𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗗𝗜𝗫 𝗗𝗘 𝗡𝗜𝗩𝗘𝗟 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢

📍 A aula CeMIT de Barreiros acollerá en outubro o exame que permitirá obter a certificación galega en competencias dixitais ComDix, no seu 𝗻𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼.

👩‍💻 Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional.

⏰ O prazo de inscrición estará aberto desde este mércores, 2 de setembro, ata o venres 11 de setembro.

🗓 No caso de Barreiros, 𝗼 𝗲𝘅𝗮𝗺𝗲 𝘁𝗲𝗿𝗮́ 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿 𝗼 𝗺𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀, 𝟭𝟰 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼, 𝗮́𝘀 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗻𝗮 𝗮𝘂𝗹𝗮 𝗖𝗲𝗠𝗜𝗧 situada no Teleclub de San Cosme. Para poder presentarse á proba, é imprescindible formalizar a inscrición na web cemit.xunta.gal.

🤝 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔 𝗖𝗢𝗦 𝗖𝗟𝗨𝗕𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗜𝗦 𝗡𝗢 𝗠𝗔𝗡𝗧𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗗𝗢𝗦 𝗦𝗘𝗨𝗦 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗘𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗢🤖 O Concello de Bar...
31/08/2026

🤝 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔 𝗖𝗢𝗦 𝗖𝗟𝗨𝗕𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗜𝗦 𝗡𝗢 𝗠𝗔𝗡𝗧𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗗𝗢𝗦 𝗦𝗘𝗨𝗦 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗘𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗢

🤖 O Concello de Barreiros adquiriu dous robots cortacéspedes de última xeración, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que puxo a disposición dos clubs locais, Celta Barreiros e Iberia, a través dun convenio de colaboración. Unha iniciativa moi demandada polos clubs e que suporá unha mellora significativa para ambas entidades e para todas as actividades que se desenvolven nas súas instalacións ao longo do ano.

⚽️ Estas instalacións son utilizadas, ademais das actividades federativas de cada club, como sedes de distintos eventos en colaboración co Concello de Barreiros: probas de deporte escolar, adestramentos das escolas deportivas municipais, o Campus Celta de Vigo e o Festival Folclórico Internacional do Emigrante, entre outras.

🗣️ A alcaldesa Ana Ermida destacou que "seguimos colaborando co tecido asociativo, neste caso cos dous clubs de fútbol que realizan un gran esforzo para manter en condicións os terreos de xogo". Pola súa banda, o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García, apuntou que "esta colaboración é o reflexo da boa sintonía e comunicación coas entidades locais, que fan un gran traballo diario no mantemento das instalacións".

🌿 Remata o programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti”: unha viaxe para mirar máis alá da paisaxe.💚 Grazas a tod...
31/08/2026

🌿 Remata o programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti”: unha viaxe para mirar máis alá da paisaxe.

💚 Grazas a todas as persoas participantes pola súa curiosidade, interese e participación activa. A alta demanda desta edición confirma o crecente interese por unha forma de viaxar máis consciente, que busca coñecer a identidade dos lugares e descubrir o valor que existe detrás da paisaxe.

🌊 Dende o Mar Pequeno e as praias do litoral ata o interior agrario, a programación permitiu achegarse á diversidade do patrimonio natural e cultural de Barreiros, explorando a súa xeoloxía, paisaxe, biodiversidade, historia, emigración e o saber facer das persoas que manteñen vivo o rural.

🤝 Veciños/as e visitantes chegados de toda España, aloxados en Barreiros e noutros puntos da Mariña e de fóra dela, compartistes estas experiencias. Un agradecemento especial a todas as persoas que fixeron posible o desenvolvemento das actividades.

✨ Barreiros queda en ti. Agardamos que estas experiencias tamén queden na vosa memoria.

---
🌿 Termina el programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti”: un viaje para mirar más allá del paisaje.

💚 Gracias a todas las personas participantes por su curiosidad, interés y participación activa. La alta demanda de esta edición confirma el creciente interés por una forma de viajar más consciente, que busca conocer la identidad de los lugares y descubrir el valor que existe detrás del paisaje.

🌊 Desde O Mar Pequeno y las playas del litoral hasta el interior agrario, la programación permitió acercarse a la diversidad del patrimonio natural y cultural de Barreiros, explorando su geología, paisaje, biodiversidad, historia, emigración y el saber hacer de las personas que mantienen vivo el medio rural.

🤝 Vecinos/as y visitantes llegados de toda España, alojados en Barreiros y en otros puntos de A Mariña y de fuera de ella, compartisteis estas experiencias. Un agradecimiento especial a todas las personas que hicieron posible el desarrollo de las actividades.

✨ Barreiros queda en ti. Esperamos que estas experiencias también queden en vuestra memoria.

Concello de Barreiros

🎭 E despedimos o verán co último pase dos 1001 CUENTIDADOS MUSICAIS! 📅 O vindeiro luns, 31 de agosto⏰ ás 10:15h📍 nas Esc...
28/08/2026

🎭 E despedimos o verán co último pase dos 1001 CUENTIDADOS MUSICAIS!
📅 O vindeiro luns, 31 de agosto
⏰ ás 10:15h
📍 nas Escolas Unitarias de San Cosme (ao lado do Concello)
🎶 Non perdades a oportunidade de adentrarvos nas historias contadas por Javier Agrelo na compaña musical de Mano Panforreteiro.
👥 A entrada é de balde ata completar o aforo

🚧 O TELECLUB DE SAN COSME AVANZA NA SÚA CONVERSIÓN COMO CENTRO ECONÓMICO E SOCIAL✅ O goberno municipal comprobou o desen...
27/08/2026

🚧 O TELECLUB DE SAN COSME AVANZA NA SÚA CONVERSIÓN COMO CENTRO ECONÓMICO E SOCIAL
✅ O goberno municipal comprobou o desenvolvemento das obras, que ascenden a 914.105,01 euros, coas que crearán unha planta de “coworking” e unha planta destinada a asociacións.
👷🏻 O goberno municipal de Barreiros, encabezado pola alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro e deputado provincial, Dani García, achegáronse hoxe ata o Teleclub de San Cosme para comprobar de primeira man a evolución das obras de dito edificio.
🦺 Nestas primeiras semanas leváronse a cabo obras de demolición e comezouse co illamento da fachada dun edificio que acollerá espazos destinados a persoas autónomas e pequenas empresas que precisen dun local para a súa actividade, converténdose no primeiro lugar de traballo cooperativo do municipio. A alcaldesa, Ana Ermida, manifestou a “satisfacción de ver o avance das obras e a recuperación deste emblemático edificio para adaptalo ás necesidades actuais e darlle vida a San Cosme. Utilizar o patrimonio municipal para dinamizar economicamente o concello é prioritario para este goberno e o seu modelo de futuro para Barreiros.”
👥 Ademais tamén acollerá na segunda planta, varios locais de distinta consideración para uso por parte de asociacións, “colaborando co asociacionismo de base para dotalo de espazos adecuados para os materiais e mesmo espazos para reunións.”
🤝 Ermida trasladou o agradecemento á Vicepresidencia da Deputación, representada por Dani García, que cunha aportación de máis de 500.000 euros, permite complementar o crédito obtido polo Concello a través do IGVS e levar a cabo “un dos proxectos máis ambiciosos a nivel local”.
☕️ Nas obras mantense tamén o espazo destinado a cafetería, que complementará así os servizos existentes, “recuperando ese lugar para a vida social como foi durante moitos anos referente en San Cosme. ”
🩵 “O teleclub de San Cosme é un símbolo para toda a parroquia que o construíu con aportacións veciñais e que criou varias xeracións sendo o centro social e cultural de referencia”, explica. “Por iso este proxecto é tan especial, porque se trata de recuperar un espazo do pobo para o pobo.” asegurou a rexedora.

🔑 𝗖𝗛𝗔𝗩𝗘𝗦 𝗔𝗧𝗢𝗣𝗔𝗗𝗔𝗦Alguén atopou estas chaves e depositounas no posto de salvamento da praia de Coto. A persoa que as reco...
26/08/2026

🔑 𝗖𝗛𝗔𝗩𝗘𝗦 𝗔𝗧𝗢𝗣𝗔𝗗𝗔𝗦

Alguén atopou estas chaves e depositounas no posto de salvamento da praia de Coto.

A persoa que as recoñeza que se poña en contacto co Concello para recollelas.

⚽ 𝗩𝗜 𝗧𝗥𝗢𝗙𝗘𝗢 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗧𝗘𝗥𝗥𝗜𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗦𝗔𝗟𝗔 𝗙𝗘𝗠𝗜𝗡𝗜𝗡𝗢🥅 Onte presentouse no pavillón municipal o 6º Trofeo Interterritori...
26/08/2026

⚽ 𝗩𝗜 𝗧𝗥𝗢𝗙𝗘𝗢 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗧𝗘𝗥𝗥𝗜𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗦𝗔𝗟𝗔 𝗙𝗘𝗠𝗜𝗡𝗜𝗡𝗢

🥅 Onte presentouse no pavillón municipal o 6º Trofeo Interterritorial de Fútbol Sala Feminino. Ao acto asistiron, en representación do Concello de Barreiros, Carmen Veiga e Antonio Veiga, xunto ao xefe provincial de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, e membros da directiva do Praias de Barreiros.

🗓️ Este venres, 28 de agosto, o Praias de Barreiros C.D. Feminino recibirá no pavillón municipal ao Planta 14 FSF, equipo asturiano que se desprazará ata A Mariña para disputar un encontro que servirá tamén para estrear a nova tempada do conxunto local.

Lembrade:

📅 Este venres, 28 de agosto
🕘 Ás 21:00 horas
📍 No pavillón Municipal de Barreiros

🎆 LEMBRADE! 📅 O vindeiro luns, 24 de agosto, é festivo local. Así que as dependencias municipais permanecerán pechadas.🩵...
21/08/2026

🎆 LEMBRADE!
📅 O vindeiro luns, 24 de agosto, é festivo local. Así que as dependencias municipais permanecerán pechadas.
🩵 Desexámosvos un feliz San Bartolo!

Dirección

Rúa Vila Nº 63
Barreiros
27790

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Barreiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir