Casa da Mocidade Barbadás

Casa da Mocidade Barbadás Espazo polivalente de lecer e educativo para os mozos e mozas de Barbadás

📣⛺️Campamento Explora Ourense 2026!Do 9 ao 13 de agosto no Parque Natural da Baixa Limia (Muiños) para nen@s e moz@s de ...
08/07/2026

📣⛺️Campamento Explora Ourense 2026!
Do 9 ao 13 de agosto no Parque Natural da Baixa Limia (Muiños) para nen@s e moz@s de 9 a 14 anos. Inscricions abertas por orde de chegada. Máis información en www.depourense.gal 👇

💻☀️Este setembro chega o Campamento Dixital Intensivo a Barbadás ☀️💻Tes fillos ou fillas de entre 9 e 17 anos? Esta é a ...
08/07/2026

💻☀️Este setembro chega o Campamento Dixital Intensivo a Barbadás ☀️💻

Tes fillos ou fillas de entre 9 e 17 anos? Esta é a oportunidade perfecta para que aprendan a desenvolverse no mundo dixital duha forma práctica, divertida e segura. 🚀

📅 2 e 3 de setembro de 2026
⏱️ Horario: de 10 a 14 horas
📍 Lugar: Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá)
🎉Actividade presencial gratuita
📝 Inscricións: do 10 ao 24 de xullo na Casa da Mocidade Barbadás
📞 988 000 234 ✉️[email protected]

📢 As prazas son limitadas!

Unha iniciativa de Fundación Fundacion Cibervoluntarios, coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Concello de Barbadás.

22/06/2026
🛼¡Sente a adrenalina no Skatepark de A Valenzá!Se tes entre 9 e 17 anos e queres perfeccionar o teu estilo, apúntate a e...
08/06/2026

🛼¡Sente a adrenalina no Skatepark de A Valenzá!

Se tes entre 9 e 17 anos e queres perfeccionar o teu estilo, apúntate a este obradoiro gratuíto de patinaxe agresiva.

📍 Lugar: Skatepark de A Valenzá
🗓️ Datas: Martes 23 ou xoves 25 de xuño
⏰ Hora: De 11:00 a 13:00 h
⛑️ Importante: É obrigatorio levar casco e proteccións
📝 Inscricións: Do 10 ao 19 de xuño (¡prazas limitadas!)

ℹ️ Máis info:
📞 988000234
✉️ [email protected]
📲 Ou escanea o QR do cartel

Impartido por: 🤘

🔫 ¡INSCRICIÓNS ABERTAS! XORNADA DE PAINTBALL EN BARBADÁSPrepárate para a aventura! O vindeiro sábado 20 de xuño organiza...
26/05/2026

🔫 ¡INSCRICIÓNS ABERTAS! XORNADA DE PAINTBALL EN BARBADÁS

Prepárate para a aventura!
O vindeiro sábado 20 de xuño organizamos unha emocionante xornada de Paintball na Valenzá, aberta a mozos, mozas e todas as persoas con ganas de diversión a partir de 12 anos.

A xornada contará cun total de 18 partidas ao longo do día, cun máximo de 16 persoas por xogo (podes inscribirte de forma individual ou con amigos).

📅 DATOS DO EVENTO▫️

Data: Sábado, 20 de xuño de 2026.▫️

Horario: De 11:30 a 13:30 h e de 17:00 a 21:00 h.▫️

Ubicación: Parque dos Cogumelos, na Rúa Calzada Romana, A Valenzá (debaixo da gasolineira GALP).▫️

Idade mínima: A partir de 12 anos.

🎟️ ENTRADAS E INSCRICIÓNS

Xa dispoñibles! Podes mercar a túa entrada premendo directamente nesta ligazón oficial de Woutick: woutick.es▫️

Prezo: 5 € por persoa.▫️

Prazo límite: Ata o venres 19 de xuño ás 12:00 h (ou ata completar o aforo).

👉 Ven a vivir a emoción!

♟️ TORNEO DE XADREZ ACTIVO A VALENZÁ 2026A Casa da Mocidade de Barbadás acolle o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das...
26/05/2026

♟️ TORNEO DE XADREZ ACTIVO A VALENZÁ 2026

A Casa da Mocidade de Barbadás acolle o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 16:00 horas, o Torneo de Xadrez Activo A Valenzá 2026. Xogadores de todas as categorías poderán competir nunha xornada dedicada á estratexia e ao deporte mental.

📌 CATEGORÍAS
Sub 08, 10, 12, 14, 16, Adultos e Veteranos.
🏆 VALEDOIRO
O torneo de adultos puntúa para Elo FIDE de rápidas.
⏱️ RITMO DE XOGO
15 minutos + 3 segundos por movemento.
⚠️ REQUISITO
Xogadores federados con licenza en vigor (máximo 70 prazas).
📩 INSCRICIÓNS NO TORNEO
Ata o xoves 4 de xuño ás 24:00 horas no enderezo electrónico: [email protected]

👉 Consulta as bases completas e toda a información na ligazón do club https://xadrezasburgas.net/index.php/torneo-xadrez-activo-a-valenza-2026/

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Mocidade, presenta o Campamento Multideporte 2026. Unha opción segura...
25/05/2026

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Mocidade, presenta o Campamento Multideporte 2026. Unha opción segura e moi divertida deseñada para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos.

Organización do campamento por quendas:
1ª quenda: Do 3 ao 7 de agosto.
2ª quenda: Do 10 ao 14 de agosto.
3ª quenda: Do 17 ao 21 de agosto.
4ª quenda: Do 24 ao 28 de agosto.

Actividades: Piscina, deportes variados, xogos e talleres creativos.
Horario: De 9 a 14 horas.
Instalacións: Casa da Mocidade, piscinas municipais e polideportivo municipal.

Prezo: 20€ por quenda.

Prazas dispoñibles: 20 participantes por quenda (80 en total).

📅 Prazo de inscrición: Do 1 ao 8 de xuño.
👉 Consulta toda a información, bases completas na web oficial: www.barbadas.es ou achegándote á Casa da Mocidade. ¡Agardámosvos!

⚽ TORNEO FUTSAL SOBRADO DO BISPO 🏆📅 13 e 14 de xuño📍Parque do Fidalguiño💵 1.200€ para o equipo gañador👟 Máximo 20 equipo...
15/05/2026

⚽ TORNEO FUTSAL SOBRADO DO BISPO 🏆

📅 13 e 14 de xuño
📍Parque do Fidalguiño
💵 1.200€ para o equipo gañador
👟 Máximo 20 equipos en competición

Asegura a praza do teu equipo antes de que se esgoten!

⏱️ Prazo máximo: 10 de xuño
📍 Inscricións: Libraría C*C
📞 Teléfono: 625634687

Organiza . Non o perdas! 🎉

🎮Volve Barbadás Gaming!🚀Esta semana santa prepárate para a 5ª edición do evento de e-sports na Casa da Mocidade. Ven viv...
16/03/2026

🎮Volve Barbadás Gaming!🚀
Esta semana santa prepárate para a 5ª edición do evento de e-sports na Casa da Mocidade. Ven vivir a adrenalina!

🔥 Que che agarda?

• Competicións e xogo gratuito
• O último en PS5
• Inmersión total con Realidade Virtual
• Simuladores de condución

⚠️REQUISITO IMPORTANTE:

Idade mínima de participación: 12 anos.

📍 Onde? Casa da Mocidade de Barbadás.
📅Cando?31 de marzo e 1 de abril de 2026
⏰Horario:11:00h - 14:00h | 16:30h - 20:30h.
💸ENTRADA DE BALDE!


Non o perdas! Ven xogar, competir ou simplemente g***r do ambiente. Agardámoste! 👾

Dirección

Rúa Os Diestros, 2, A Valenzá
Barbadanes
32002

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
16:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 14:30
16:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 14:30
16:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 14:30
16:30 - 20:30
Sábado 16:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa da Mocidade Barbadás publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir