29/08/2026
🚨 𝗗𝗘𝗡𝗨𝗡𝗖𝗜𝗔́𝗠𝗢𝗟𝗢, 𝗥𝗘𝗫𝗜𝗦𝗧𝗥𝗔́𝗠𝗢𝗟𝗢 𝗘 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗫𝗔 𝗥𝗘𝗧𝗜𝗥𝗢𝗨 𝗢𝗦 𝗟𝗜𝗦𝗧𝗔𝗗𝗢𝗦 𝗖𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗠𝗘𝗦 𝗘 𝗔𝗣𝗘𝗟𝗜𝗗𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗘𝗡𝗢𝗥𝗘𝗦
Hai uns días Alternativa Enxebre denunciaba publicamente unha situación que consideramos de especial gravidade: a exposición nun taboleiro municipal de listados das actividades de verán de Xuventude nos que figuraban nomes e apelidos completos de menores de idade, asociados ademais ás actividades concretas nas que foran admitidos ou incluídos en lista de espera.
Non falabamos de oídas. Comprobámolo presencialmente e documentámolo.
Os listados estaban expostos no taboleiro exterior do Centro de Maiores A Baiuca, situado na Travesía de Arteixo, nº 247, nun lugar accesible visualmente ao público.
Naquel momento decidimos non facer pública a localización exacta por unha cuestión elemental de responsabilidade: mentres os nomes dos menores continuasen alí expostos, non iamos indicar publicamente onde podía acudir calquera persoa a consultalos.
Agora xa podemos dicilo porque OS LISTADOS FORON RETIRADOS.
🔴 A nosa concelleira Noelia Martínez Canosa presentou por Rexistro Xeral un escrito formal dirixido ao Concello de Arteixo no que solicitamos, entre outras cuestións, a retirada inmediata dos listados, a comprobación do resto de taboleiros e instalacións municipais e a adopción de medidas para evitar que unha situación destas características volva repetirse.
E os listados que denunciamos xa non están no taboleiro.
📸 As imaxes falan por si mesmas: ANTES E DESPOIS.
Na primeira fotografía pode comprobarse a existencia dos listados —cos nomes e apelidos debidamente ocultados por nós para protexer os menores— e na segunda, o mesmo taboleiro despois da súa retirada.
❓ E FACEMOS UNHA PREGUNTA MOI SINXELA:
Se expoñer publicamente eses listados cos nomes e apelidos completos dos menores era unha actuación correcta e non existía ningún problema, por que foron retirados despois da nosa denuncia e do escrito presentado no Concello?
Nós fixemos exactamente o que consideramos que había que facer:
➡️ Recibimos a información.
➡️ Comprobamos persoalmente os feitos.
➡️ Documentámolos fotograficamente.
➡️ Denunciamos publicamente a situación protexendo en todo momento a identidade dos menores.
➡️ Presentamos un escrito formal no Concello esixindo a retirada inmediata.
➡️ E OS LISTADOS FORON RETIRADOS.
Agora esperamos tamén as explicacións que solicitamos formalmente: queremos saber quen ordenou ou autorizou esta forma de publicación, cal era a súa base xurídica, durante canto tempo permaneceron expostos os datos e se estes mesmos listados estiveron colocados noutros taboleiros ou instalacións municipais.
Porque retirar os listados resolve a exposición dos datos, pero tamén é necesario aclarar como se chegou a producir esta situación e garantir que non volva repetirse.
🔴 𝗢𝗦 𝗠𝗘𝗡𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘𝗕𝗘𝗡 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗥 𝗣𝗥𝗢𝗧𝗘𝗫𝗜𝗗𝗢𝗦. 𝗢𝗦 𝗦𝗘𝗨𝗦 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦, 𝗧𝗔𝗠𝗘́𝗡.
Dende Alternativa Enxebre seguiremos facendo o que nos corresponde: comprobar, fiscalizar, denunciar e actuar.
Porque cando unha situación non está ben, non chega con mirar para outro lado. Hai que actuar para que se corrixa.