Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo Páxina da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo. Con información de eventos, actividades, novidades... Comparte coas túas amizades! :) Desde 1989.

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.

Esta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, imos mergullar no Antigo Exipto e na corte de Alfonso X"El hijo de la pirá...
15/06/2026

Esta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, imos mergullar no Antigo Exipto e na corte de Alfonso X
"El hijo de la pirámide" de Antonio Cabanas, trasládanos 2600 anos a.C. no Alto Exipto.
Cunha doble liña narrativa: construción e poder, Inkaf, un novo canteiro que traballa na construción da pirámide de Guiza e que chega a converterse no arquitecto. Ao mesmo tempo, vai conducir polos pasadizos ocultos da pirámide e os segredos, revelándonos como o home pode achegarse á divinidade ao construír algo eterno.
En "La duquesa bastarda" Andrea D. Morales mergúllanos en pleno século XIII, no reinado de Alfonso X.
Mathilda, filla bastarda dun conde francés contrae matrimonio con Don Pedro de Lara. O que debería ser un novo comezo convértese en algo máis inquietante.
Os lectores imos atopar cunha corte tan fascinante como desalmada, onde as alianzas políticas, as loitas de poder e as traizóns podían esnaquizar vidas, pero vai sobresaír a historia dunha muller que se ve obrigada a atopar o seu lugar nunha contorna que non llo poñía doado.
Calquera das dúas novelas vai enganchar, lector.

12/06/2026

☀️📚 Horario de verán nas Bibliotecas de Arteixo

A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo adapta os seus horarios á época estival.

👉 A partir do xoves 18 de xuño, as bibliotecas abrirán de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

📍 A excepción será a Biblioteca de O Froxel "Francisco A. Vidal", que manterá o seu horario habitual ata o 1 de xullo. A partir desa data abrirá de 10:15 a 13:45 horas.

⚠️ Ademais, a Biblioteca de Oseiro "Dora Vázquez" permanecerá pechada do 15 ao 19 de xuño por necesidades do servizo.

📚 Retomará a súa actividade o 22 de xuño, xa en horario de verán.

📖 No verán, seguimos ao voso carón para préstamos, devolucións, lectura, estudo e moito máis.

🙏 Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

10/06/2026

📚☀️ Actividades de verán nas bibliotecas: últimas semanas para anotarse

Debido ao gran interese que están a espertar as actividades de verán, modificamos o sistema de inscrición inicialmente previsto.

👉 Non se realizará sorteo de prazas.

📌 As persoas que xa realizaron a súa inscrición poden estar tranquilas: *teñen a súa praza reservada.

As inscricións permanecerán abertas ata o 22 de xuño ou ata completar as prazas dispoñibles.

🏕️ Os Crononautas: viaxeiros no tempo
📅 Do 29 de xuño ao 10 de xullo
📍 Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" de Arteixo
📍 Biblioteca de Meicende "Antón Castro"

🏹 Vaia tribo!
📅 Do 13 ao 17 de xullo
📍 Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" de Arteixo

🕙 Todas as actividades desenvolveranse de 10:00 a 13:00 horas e están dirixidas a rapazada de 4 a 11 anos.

📞 Biblioteca Central: 981 659 106
📞 Biblioteca de Meicende: 981 274 027

☎️ Chamadas en horario de atención ao público.

Non o deixes para o último momento... algunhas quendas poderían completar o seu aforo antes do remate do prazo.

A recomendación literaria desta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, tráenola María Oruña coa súa novela: "La Cámara...
08/06/2026

A recomendación literaria desta semana, desde a Biblioteca Dora Vázquez, tráenola María Oruña coa súa novela: "La Cámara de las Maravillas".
É unha novela ambientada en Madrid, aínda que podería ser calquera cidade na que se respire a Arte.
A autora vai a expor aos lectores un debate sobre o que é a arte, a orixe lexítima ou non, de moitas obras de arte que podemos ver nos museos. Por tanto, María Oruña, transpórtanos a todo o que ocorre ao redor das obras de arte.
Os personaxes ao redor dos que vira a novela son: Dimas Chevalier, un ladrón de luva bronca; a familia Mendoza, representada na figura de Amanda Mendoza. Xunto a eles, un excéntrico inspector de policía, Marc Bru, moi metódico, maniático, asexual e cun gran intelecto e o seu contrapunto vai ser Mencía, unha nova policía máis pragmática.
Como sempre, a autora, non nos vai a deixar indiferentes aos lectores.

Inscricións a partir do martes día 2 de xuño. Para rapazada de 4 a 11 anos.
01/06/2026

Inscricións a partir do martes día 2 de xuño. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Actividades de verán nas Bibliotecas de Arteixo e Meicende. Dúas quendas: do 29 de xuño ao 10 de xullo (Arteixo e Meicende) e do 13 ao 17 de xullo (Arteixo). Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xa están dispoñibles as fotografías do roteiro literario con Xabier MaceirasLigazón para ver en Google Fotos as imaxes r...
01/06/2026

Xa están dispoñibles as fotografías do roteiro literario con Xabier Maceiras

Ligazón para ver en Google Fotos as imaxes realizadas no roteiro literario con Xabier Maceiras deste pasado 30 de maio....

Ligazón para ver en Google Fotos as imaxes realizadas no roteiro literario con Xabier Maceiras deste pasado 30 de maio.

Rematamos o martes 26 de maio, a sesión do Club de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” arredor d...
29/05/2026

Rematamos o martes 26 de maio, a sesión do Club de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” arredor de “Hamnet” cunha conversa chea de emocións, reflexións e miradas compartidas. A novela de Maggie O’Farrell deixounos pensando na dor, no amor, na maternidade, na perda e tamén na forza dos vínculos que permanecen no tempo.

Foi unha lectura intensa e delicada, desas que quedan dentro moito despois de pechar o libro. Grazas a todas as persoas que participaron por facer do club un espazo tan cálido, respectuoso e enriquecedor 📚

29/05/2026

📌 Aviso

A Biblioteca de Pastoriza "Miguel Sande" permanecerá pechada do 1 ao 4 de xuño por necesidades do servizo.
O venres día 5 de xuño, pechará a Biblioteca de Meicende "Antón Castro".
📚 Retomarán ambas a súa actividade habitual o 8 de xuño, en horario de luns a xoves de 16:00 a 20:00 horas (Pastoriza) e de luns a venres pola tarde (de 16.30 a 20 horas) e pola mañá, mércores e xoves (de 9 a 13.30 horas) a de Meicende.

🙏 Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

O pasado martes 19 de maio, nunha das actividades vinculadas ao Club de Lectura da Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”...
26/05/2026

O pasado martes 19 de maio, nunha das actividades vinculadas ao Club de Lectura da Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo, contamos coa presenza de Miguel Sande, acompañado polo cantautor César Morán, para presentar e compartir o seu novo poemario, Desertos, publicado por Espiral Maior.
O encontro na Capela do Balneario converteuse nunha pequena cápsula de tempo onde versos, música e voz conseguiron deter o ruído de fóra por un intre.
Houbo poesía recitada, conversa, cancións e silencios deses que falan. Un deses seráns nos que as palabras atopan o seu lugar e a literatura deixa de ser só lectura para transformarse en experiencia compartida.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes a vivir connosco esta tarde tan especial.

26/05/2026

📌 Aviso – Biblioteca de Oseiro "Dora Vázquez"

A Biblioteca de Oseiro "Dora Vázquez" permanecerá pechada esta semana, ata o 1 de xuño (incluído), por necesidades do servizo.

📚 Retomará o horario o 2 de xuño, de 16.30 a 20 horas.

🙏 Desculpade as molestias.

Dirección

Paseo Fluvial, S/n. Centro Cívico Cultural
Arteijo
15142

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Martes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sábado 10:30 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría