Concello de Arteixo

Concello de Arteixo Canle de comunicación do Concello de Arteixo. Preme en "Me Gusta" e síguenos para estar ao día.

🏆 Catalina García Rodríguez, campiona de España de salto de obstáculos!🥇 A xinete de Arteixo conseguiu o sábado a medall...
08/09/2026

🏆 Catalina García Rodríguez, campiona de España de salto de obstáculos!
🥇 A xinete de Arteixo conseguiu o sábado a medalla de ouro por equipos no Campionato de España de salto de obstáculos, cunha actuación decisiva grazas ao seu percorrido.
🥇Tamén subiu ao máis alto do podio na competición individual da categoría alevín, proclamándose campiona de España.
🐴 Dobre título nacional para Catalina, xunto á súa egua D’Venus, nunha fin de semana espectacular.
🏇 Catalina adéstrase nunha pequena hípica de Lañas desde onde está a construír unha brillante traxectoria deportiva.
👏 Parabéns, Catalina! E parabéns tamén a D’Venus e a todo o equipo ;)

Sabes cantas nacionalidades convivimos diariamente en Arteixo❓📊O padrón municipal recolle máis 1700 cidadáns estranxeiro...
08/09/2026

Sabes cantas nacionalidades convivimos diariamente en Arteixo❓
📊O padrón municipal recolle máis 1700 cidadáns estranxeiros
🌏De India, Xapón, Mali, Holanda ou Siria➡Os máis numerosos son de Marrocos, Brasil Portugal e Rumanía.
🌎O 4 de decembro de 2000 a Asamblea Xeral da ONU, ante o aumento dos fluxos migratorios, proclamou o Día Internacional do Migrante. Dez anos atrás, nese mesmo día en 1990, a Asamblea xa adoptara a Convención internacional sobre a protección dos dereitos de todos os traballadores migratorios e dos seus familiares.
➡ Estímase que hai máis 36,1 millóns de nenos migrantes.
Todos somos migrantes nalgún momento. Todos. É algo que non deberíamos esquencer.

08/09/2026

🏖️Martes chovendo e ti na praia 🤔🤔👇
Barrañán 💚
Combouzas💚
Valcovo❤️
Repibelo/Salsa❤️
Sabón/Alba💛
Suevos💚

🌊 Aínda podes colaborar con Mar de Sorrizo📸 Se tes na casa fotografías antigas relacionadas co mar e o litoral de Arteix...
08/09/2026

🌊 Aínda podes colaborar con Mar de Sorrizo
📸 Se tes na casa fotografías antigas relacionadas co mar e o litoral de Arteixo, aínda estás a tempo de contribuír a recuperar a memoria marítima do noso municipio.
📍 Podes achegalas ao Museo Mar de Sorrizo ou ao Despacho de Alcaldía.
💌 Tamén podes envialas por correo postal ao Concello de Arteixo.
🖼️ As fotografías serán dixitalizadas e devoltas aos seus propietarios, para que a memoria das nosas familias pase tamén a formar parte do arquivo do museo.

📸Clausura do programa Deseña o teu futuro150 mozos e mozas de  14-17 anos👉participaron en estadías en empresas locais, c...
08/09/2026

📸Clausura do programa Deseña o teu futuro
150 mozos e mozas de 14-17 anos👉participaron en estadías en empresas locais, coñecendo de preto distintos sectores e dando pasos importantes na elección do seu futuro académico e profesional.
🙌 A concelleira de igualdade, servizos sociais, sanidade e educación, Inés Ramos, destacou que este proxecto axuda aos mozos e mozas a tomar decisións informadas sobre o seu horizonte laboral.
📌 Deseña o teu futuro pretende apoiar á mocidade na adquisición de competencias, habilidades e cualificacións, ofrecéndolles ferramentas para construír o seu futuro e manter a motivación nos seus estudos.

💜 Axudas para vítimas de violencia sexual➡️ A Xunta de Galicia mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para solicitar ...
08/09/2026

💜 Axudas para vítimas de violencia sexual
➡️ A Xunta de Galicia mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para solicitar estas axudas destinadas a favorecer a recuperación integral das mulleres vítimas de violencia sexual.
💶 A convocatoria conta cun orzamento de 2 millóns de euros e as beneficiarias poderán recibir ata 12.500 euros.
👩‍👧 A liña contempla tamén medidas específicas para contribuír á recuperación das vítimas e dos seus fillos.

🏊‍♀️ Últimos días para preinscribirse nos cursos trimestrais de natación en Meicende➡Curso de outubro, novembro e decemb...
08/09/2026

🏊‍♀️ Últimos días para preinscribirse nos cursos trimestrais de natación en Meicende
➡Curso de outubro, novembro e decembro.
📅 O prazo de preinscrición remata o 10 de setembro.
👉 Se aínda non fixeches a túa preinscrición, anímate a facelo canto antes para asegurar a túa praza.
📍 Podes realizar a preinscrición na recepción do Centro Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende.
📄 Tamén podes descargar a folla de preinscrición na web www.cdmpastorizameicende.com e enviala por correo electrónico a [email protected].

👥 Queres participar nas actividades sociais?➡️ Segundo prazo de inscrición para as prazas vacantes do curso 2026/2027.📅 ...
08/09/2026

👥 Queres participar nas actividades sociais?

➡️ Segundo prazo de inscrición para as prazas vacantes do curso 2026/2027.
📅 Se estás empadroado ➡️tes que formalizar a túa inscrición hoxe ou mañán
📅 10 de setembro➡ persoas non empadroadas, nas prazas sobrantes.
📍 Centro de Maiores A Baiuca
🕘 9:00–13:30 h.
📧 [email protected]
☎️ 981 659 095
🎨 Hai prazas dispoñibles en diferentes actividades e centros
🔗Consulta a oferta e escolle a túa actividade!👉 https://arteixo.org/servizos-sociais-abre-o-segundo-prazo-de-inscricion-nas-actividades-sociais-do-curso-2026-2027/

🏊‍♀️ 270 prazas de natación escolar para o novo curso!➡️Actividade dirixida ao alumnado de ensinanza primaria dos centro...
08/09/2026

🏊‍♀️ 270 prazas de natación escolar para o novo curso!
➡️Actividade dirixida ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro.
📅 Será de outubro a maio, durante 8 meses, un día á semana e en sesións de 45 minutos.
💰 30,80 € para abonados/socios e 61,60 € para eventuais.
⚠️ Prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición.
📍 As inscricións realizaranse na recepción da piscina correspondente a cada centro escolar e nos prazos establecidos.
🔗Toda a info e prazos👉 https://arteixo.org/programa-natacion-escolar-2026-2027/

📞 CDM Arteixo: 981 633 444
📞 CDM Pastoriza-Meicende: 981 798 147

🪩 Tarde Arteixoven: remember 2026!Tes máis anos que un bosque 😅? 👇🎶 Volve a bailar coa mellor música dos 80, 90 e 2000 🕺...
08/09/2026

🪩 Tarde Arteixoven: remember 2026!
Tes máis anos que un bosque 😅? 👇
🎶 Volve a bailar coa mellor música dos 80, 90 e 2000
🕺💃Poñemos unha discoteca urbana ao aire libre
💿 Bola de espellos, iluminación espectacular e os mellores DJs
📅 12 de setembro | 19.00 h
📍 Praza do Balneario

Dirección

Avda De Arsenio Iglesias
Arteijo
15142

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Arteixo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Arteixo:

Atajos

Compartir