13/02/2026
ℹ️ O Concello impulsa o II Concurso de deseño do cartel do Ares Indiano
🎨 A institución local convida a deseñadores, artistas e creadores que residan en Galicia a remitir as súas propostas gráficas deste evento lúdico-cultural que se celebrará durante o verán na vila aresá.
👒 Contémplase un único premio de 600 euros, tendo como prazo até o 15 de maio, inclusive, para remitir un máximo de 2 deseños ao concurso. A temática será libre, mais sempre tendo en conta o espírito do evento: servir de homenaxe á cultura e a instrución indianas, de forte pegada no municipio.
🔹 A Concellaría de Cultura vén de anunciar a posta en marcha do II Concurso de Deseño do cartel do Ares Indiano, un certame artístico 🖌️ para seleccionar a peza gráfica que anunciará a novena edición deste evento lúdico-cultural que se celebrará os días 📅 21, 22 e 23 de agosto de 2026.
🔹 Coma na súa anterior edición, a iniciativa ten como obxectivo estimular a creatividade dos artistas galegos participantes, amais de fomentar a divusión do Ares Indiano, sendo o cartel a peza máis visible en todas as accións de comunicación do evento.
🔹 Convídase así a artistas, deseñadores gráficos e creadores en xeral 👤, residentes en Galicia e maiores de idade, a participar na segunda edición do concurso presentando un máximo de 2 deseños.
🔹 A temática, estilo e técnica serán libres, aínda que o resultado se adecuará ás características e idiosincrasia do evento indiano, que se celebra ano tras ano cunha clara vontade de homenaxear á cultura e a instrución indianas.
🔹 Iso si, os traballos presentados non poderán contar con uso de intelixencia artificial, sendo motivo de descalificación, e o autor deberá ser propietario dos dereitos sobre as imaxes e elementos utilizados no cartel ou ben tratarse de recursos de libre uso.
🔹 Con todo, nas obras que se presenten si que deberá figurar, de forma ben visible, o seguinte texto:
✔️ IX ARES INDIANO
✔️ 21, 22 e 23 de agosto de 2026
🔹 Asimesmo, deberá contar cun tamaño de 50x70 cms en formato vertical e deixar un espazo libre para a posterior inserción dos logotipos institucionais e privados que sexan necesarios, de tal xeito que o deseño teña unha banda inferior de 5 cm de alto para tal fin, e permitindo que a composición poida adaptarse a formatos publicitarios (roll-ups, mupis, dípticos, prensa, etc.) en horizontal e vertical.
🔹 O certame contempla un premio único de 600 euros e terá aberta a súa recepción de obras até o 📅 15 de maio de 2026, inclusive.
📥 FORMA DE PRESENTACIÓN
🔹 A persoa que se presente no concurso deberá remitir a través da sede electrónica do Concello de Ares un documento asinado✍️ como autor/a da creatividade coa seguinte información:
• Título do cartel.
• Nome do autor.
• Copia do DNI.
• Contacto: teléfono e correo electrónico.
• Explicación do cartel cun máximo de 5 liñas.
• Declaración responsable cuberta (Anexo I)
🔹 Posteriormente, enviarase a peza gráfica en formato dixital (JPG, RGB, 300 ppp) cun peso máximo de 3 megas á dirección de correo 📧 [email protected] co asunto “Concurso Cartel Anunciador Ares Indiano 2026”, incluíndo nesta comunicación o número de rexistro de entrada outorgado previamente polo rexistro electrónico municipal.
🔹 As bases completas do concurso xa están dispoñibles tanto no Boletín Oficial Provincial (BOP) de hoxe, 13 de febreiro, como na web institucional, www.concellodeares.gal.
🔗 Bases completas na seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-BOP-13.02.2026-Bases-do-II-Concurso-para-o-deseno-do-cartel-do-Ares-Indiano.pdf