Omix Casa da Xuventude de Ares

Omix Casa da Xuventude de Ares Casa da Xuventude e Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ares

🖼️ A Casa da Xuventude acollerá a exposición de pintura "Cousas de Nenos", de Gloria López
07/08/2026

🖼️ A Casa da Xuventude acollerá a exposición de pintura "Cousas de Nenos", de Gloria López

🖼️ A Casa da Xuventude acollerá a exposición de pintura "Cousas de Nenos", de Gloria López

🎨 O Concello de Ares, a través da Concellería de Cultura, organiza a exposición de pintura "Cousas de Nenos", unha mostra da artista Gloria López que poderá visitarse na Casa da Xuventude do 3 ao 14 de agosto.

📅 A inauguración terá lugar o luns 3 de agosto, ás 11.00 horas, nun acto aberto ao público no que as persoas asistentes poderán coñecer de preto a obra da artista.

🕒 A exposición poderá visitarse en horario de luns a venres, de 10.30 a 14.00 horas, e tamén os martes, mércores e xoves, de 20.30 a 23.00 horas, facilitando así o acceso tanto en horario de mañá como de tarde.

🏛️ Desde o Concello de Ares anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á Casa da Xuventude para g***r desta proposta cultural, que ofrece unha visión artística inspirada no universo da infancia a través da sensibilidade e creatividade de Gloria López.

🖼️ A obra pictórica do aresán Ramón Casteleiro expóñese na Casa da Xuventude municipal
07/08/2026

🖼️ A obra pictórica do aresán Ramón Casteleiro expóñese na Casa da Xuventude municipal

🖼️ A obra pictórica do aresán Ramón Casteleiro expóñese na Casa da Xuventude municipal

🔹 A Casa da Xuventude de Ares, no núcleo urbano da vila, acollerá a partir do vindeiro 📅 16 de xullo unha nova exposición de Ramón Casteleiro 👤, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, previa xubilación, o seu enorme interese e curiosidade pola pintura, a escultura e o modelado en barro.

🔹 Nesta ocasión, a mostra pictórica recibe o nome de ‘Horizontes’ 🌅, ao estar composta de aproximadamente uns dez cadros onde o horizonte é protagonista, ben dende un achegamento onírico (paisaxes inexistentes, ilusorios), ben dende o conceptual, ao falar, por exemplo, do horizonte da emigración, con todo o que implica: a separación, o afastamento.

🔹 A exposición estará aberta ao público dende o 16 até o 30 de xullo no andar superior da Casa da Xuventude baixo o seguinte horario:

🕧 De luns a venres, de 10:30 h a 14:00 h.
🕧 Martes mércores e xoves: de 20:30 a 23:00 h.

🔹 Será unha boa oportunidade de coñecer outra perspectiva da obra 🎨 deste pintor aresán, que xa expuxo anteriormente outras mostras do seu traballo, con pinturas de paisaxes da zona, reproducións de grandes clásicos, obras abstractas ou mesmo a súa produción escultórica 🏺.

📸 O Concello de Ares acolle na Casa da Xuventude a exposición fotográfica “Anhelos”, centrada na deconstrución da mascul...
02/06/2026

📸 O Concello de Ares acolle na Casa da Xuventude a exposición fotográfica “Anhelos”, centrada na deconstrución da masculinidade tradicional

🗓️ A mostra poderá visitarse do 18 de maio ao 15 de xuño e contou no acto de presentación coa participación de Patricia González, traballadora social e coordinadora do proxecto, e de Laura Toimil, psicóloga e directora do CIM de Ares

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares! 🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Cas...
19/09/2025

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares!
🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana:
➡️ De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
➡️ Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h.
➡️ Sábado, de 19:00 a 23:00 h.
➡️ E domingo, de 19:00 a 21:00 h.

🕤 Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares!

🗓 Dende mañá, venres, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana:

➡️ De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
➡️ Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h.
➡️ Sábado, de 19:00 a 23:00 h.
➡️ E domingo, de 19:00 a 21:00 h.

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade  Aprende, experimen...
15/09/2025

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade

Aprende, experimenta e divírtete no mundo dixital!

ℹ️ Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade

📲 Concello e Fundación Esplai organizarán na Casa da Xuventude sesións para os rapaces de 9 a 13 anos de dúas horas, todas elas orientadas a tecnoloxías dixitais: programación, robótica, intelixencia artificial…

🗓️ A iniciativa producirase do 6 de outubro ao 22 de decembro e terá o seu proceso de inscrición aberto até o 22 de setembro.

🔷 A Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Ares contará ao longo deste peche de 2025 cunha programación extraescolar destinada á rapazada, froito da colaboración entre o Concello e a Fundación Esplai 🤝, totalmente de balde.

🔷 Baixo o nome ‘CRI-TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital’, os mozos e mozas poderán aprender sobre tecnoloxía de forma segura, creativa e divertida do 6 de outubro ao 22 de decembro.

🔷 Entre os módulos de contido haberá espazo e tempo para falar do emprego consciente e responsable das tecnoloxías, mais tamén afondar en cuestións de programación, robótica, intelixencia artifical, ciberseguridade ou realidade virtual; unha panorámica completa para entender a complexidade tecnolóxica do noso presente 🌐.

🔷 As sesións destínanse á mocidade de 9 a 13 anos, divididos en 12 prazas por grupo:

👥 Grupo 1: Luns, 16:00 a 18:00 h.
👥 Grupo 2: Mércores 16:00 a 18:00 h.

🔷 O proceso de inscrición ✍️ atópase xa aberto ata o 22 de setembro, inclusive, tendo que contactar vía e-mail con [email protected] especificando inicialmente nome e apelidos, idade e concello onde se atopa empadroado/a o mozo/a.

Aprende, experimenta e divírtete no mundo dixital!

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal
22/07/2025

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

🖼️ Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

🔷 A Casa da Xuventude de Ares acollerá dende este 🗓️ venres, 18 de xullo, unha mostra de novas pinturas do aresán Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, pouco antes de xubilarse, a súa conexión co eido pictórico 🖌️.

🔷 Casteleiro transita tanto a escultura como a pintura ao óleo, e será este segundo campo o que protagonizará a nova exposición das súas obras no edificio municipal. No andar superior haberá unha representación de cadros figurativos e abstractos, fuxindo no caso dos últimos da figuración clásica para expresarse unicamente a partir das cores, das formas xeométricas e dos xogos coas liñas.

🔷 Estará aberto ao público até o 31 de xullo co seguinte horario 🕥 para toda persoa interesada en visitar a colección:

➡️ De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
➡️ Martes, mércores, e xoves, de 20:30 a 23:00 h., incorporando a franxa de tarde.

🔷 O artista local amosa o seu traballo como xa fixo en anteriores ocasións na Casa da Xuventude, incluíndo exposicións 🎨 que achegaban pinturas de paisaxes da zona –baixo o nome ‘Unha narración pictórica da nosa contorna’–, reproducións de grandes clásicos ’—na súa mostra ‘Escolma de pintura dun tempo’— ou a súa produción escultórica en ‘Mitoloxías de Oriente e Occidente’.

ℹ️ Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai📍 As instalacións da Aula CeMIT, na Casa ...
30/06/2025

ℹ️ Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai

📍 As instalacións da Aula CeMIT, na Casa da Xuventude de Ares, acolleron a inauguración dos cursos de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, unha iniciativa destinada á rapazada de 9 a 17 anos.

📲 Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, ao tempo que desenvolven o pensamento crítico.

🔷 O Concello de Ares e a Fundación Esplai deron comezo esta mesma mañá co campamento de verán “CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital”, unha iniciativa con perspectiva lúdico-formativa inaugurada hoxe na Aula CeMIT da Casa da Xuventude. As súas sesións parten dun obxectivo claro: achegar as novas tecnoloxías á rapazada dun xeito seguro, consciente e creativo 🎨.

🔷 Así, as súas actividades oriéntanse a mozos e mozas de 9 a 17 anos e estenderanse durante o que queda de xuño e todo xullo. O equipo de monitores incluirá obradoiros prácticos sobre intelixencia artificial (IA), robótica, programación, realidade virtual e ciberseguridade empregando metodoloxías participativas, facendo que a mocidade adquira coñecementos dende o xogo e se familiarice co uso responsable das ferramentas dixitais ao seu alcance.

🔷 O campamento supón unha aposta pola educación e alfabetización tecnolóxicas, contribuíndo a aprender nunha contorna segura e impulsar a creatividade da rapazada. O itinerario formativo dos cursos é de 30 horas e ao finalizar entregarase un diploma acreditativo.

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude s...
30/06/2025

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES
🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 🗓️ 23 de xuño, até o 15 de setembro.
🔷 Así, a instalación municipal abrirá:
• De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
• E a maiores, durante as tardes dos martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 h.

🕥 CAMBIO DE HORARIO NA CASA DA XUVENTUDE DE ARES

🔷 O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 🗓️ 23 de xuño, até o 15 de setembro.

🔷 Así, a instalación municipal abrirá:
• De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
• E a maiores, durante as tardes dos martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 h.

📢 Volvemos! A Casa da Xuventude abre os fins de semana🔷 A partir do 📆 14 de marzo, a Casa da Xuventude de Ares volverá e...
18/03/2025

📢 Volvemos! A Casa da Xuventude abre os fins de semana

🔷 A partir do 📆 14 de marzo, a Casa da Xuventude de Ares volverá estar aberta os fins de semana, recuperando o seu espazo como punto de encontro e lecer para a mocidade.

🕗 Novo horario de apertura:
📆 Venres: 19:00 – 22:00 h
📆 Sábados: 19:00 – 23:00 h
📆 Domingos: 19:00 – 21:00 h

🔹 Este servizo estará dispoñible do 📆 1 de marzo ao 30 de xuño e do 📆 15 de setembro ao 31 de decembro de 2025.

📍 Se buscas un lugar para socializar, participar en actividades e desfrutar do teu tempo libre, a Casa da Xuventude é o teu sitio! Anímate a vir e a facer deste espazo algo teu.

📢 Esperámoste!

🛺  Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares🟪 O Concello vén de inaugurar no andar superi...
06/03/2025

🛺 Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

🟪 O Concello vén de inaugurar no andar superior da Casa da Xuventude a última exposición instalada nesta infraestrutura municipal, un conxunto de paneis que narran a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero.

🟪 Baixo o título ‘Destino Igualdade’, a exposición forma parte das programacións do Concello para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, e permite achegarse a unha experiencia de resiliencia, superación e empoderamento feminino tanto de Nagalaskhmi como a do resto de mulleres que tamén exercen de condutoras de mototaxis, todas elas formadas pola Fundación Vicente Ferrer, a ONGD que colabora coa institución aresá na posta en marcha desta exposición.

🟪 As persoas que se animen a percorrela poderán realizar unha viaxe na autorickshaw de Nagalaskhmi con catro paradas ou retos: a educación de calidade, o liderado social, a independencia económica e a seguridade alimentaria. Catro paradas que camiñan cara un mesmo destino: a igualdade.

🟪 A exposición, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, estará dispoñible no horario de apertura da Casa da Xuventude: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h ata o 🗓️ 14 de marzo.

Dirección

Calle Real 24-26
Ares
15624

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
19:00 - 22:00
Sábado 19:00 - 23:00
Domingo 19:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Omix Casa da Xuventude de Ares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Omix Casa da Xuventude de Ares:

Atajos

Compartir