Concello de Aranga

Concello de  Aranga Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Aranga, Organización gubernamental, Casa Consistorial Ponte-Aranga, Aranga.

✅ FORMULARIO XA OPERATIVOInformamos de que xa foi solucionado o problema de acceso ao formulario de preinscrición do Ser...
03/09/2026

✅ FORMULARIO XA OPERATIVO

Informamos de que xa foi solucionado o problema de acceso ao formulario de preinscrición do Servizo Mañanceiros 2026/2027.

👉 Aquelas persoas que intentaron acceder anteriormente xa poden realizar a preinscrición con normalidade.

📝 Formulario de preinscrición:
https://forms.gle/PVRwbA3HVcDzprn27

Desculpade as molestias ocasionadas.

🟠 ALERTA LARANXA POR VAGA DE CALORA Dirección Xeral de Saúde Pública informa dun episodio de vaga de calor que afecta ao...
03/09/2026

🟠 ALERTA LARANXA POR VAGA DE CALOR

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa dun episodio de vaga de calor que afecta ao interior da provincia da Coruña, con nivel 2 de alerta laranxa, a partir deste xoves 3 de setembro.

Segundo MeteoGalicia, espérase un importante incremento das temperaturas, especialmente durante as tardes do xoves e venres. O sábado continuará sendo unha xornada calorosa, aínda que poderían aparecer nubes e algunha tormenta no interior.

Recoméndase extremar as precaucións:

💧 Beber auga con frecuencia.
🌞 Evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día.
🧢 Empregar roupa lixeira, sombreiro e protección solar.
👵👶 Prestar especial atención ás persoas maiores, menores e persoas vulnerables.
🚨 Ante unha situación de emerxencia, chamar ao 112.

Pedimos á veciñanza que actúe con prudencia durante estes días de altas temperaturas.

🌅 SERVIZO MAÑANCEIROS 2026/2027O Concello de Aranga pon en marcha un novo curso do Servizo Mañanceiros, unha iniciativa ...
03/09/2026

🌅 SERVIZO MAÑANCEIROS 2026/2027

O Concello de Aranga pon en marcha un novo curso do Servizo Mañanceiros, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación familiar durante os días lectivos.

🕗 Horario: dende as 8:00 h ata o inicio das clases
📍 Lugar: Escuelita (local anexo ao CEIP A Castellana)
💶 Custo: segundo o número de sesións ao mes, de 1,50 € a 3,00 € por sesión
👥 Prazas limitadas: máximo 15

📝 Preinscrición mediante formulario específico para este servizo.

👉 Formulario de inscrición:
https://forms.gle/PVRwbA3HVcDzprn27

📩 Máis información: [email protected]

🤝 𝐀𝐑𝐀𝐍𝐆𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐂𝐄𝐔𝐓𝐀O Concello de Aranga súmase á convocatoria de apoio e solidariedade con Ceuta e coa súa veciñanza, coi...
02/09/2026

🤝 𝐀𝐑𝐀𝐍𝐆𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐂𝐄𝐔𝐓𝐀

O Concello de Aranga súmase á convocatoria de apoio e solidariedade con Ceuta e coa súa veciñanza, coincidindo coa celebración do 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐮𝐭𝐚.

📅 Hoxe, mércores 2 de setembro
🕗 Ás 20:00 horas
📍 Diante da Casa do Concello de Aranga

Convidamos a toda a veciñanza a participar nesta concentración e a mostrar o seu apoio ao pobo ceutí ante a difícil situación que está a atravesar.

𝐀𝐫𝐚𝐧𝐠𝐚, 𝐜𝐨𝐧 𝐂𝐞𝐮𝐭𝐚.

👨‍👩‍👧‍👦 BONO CONCILIA FAMILIA 2026A Xunta de Galicia convoca as axudas do Bono Concilia Familia 2026, destinadas a facil...
01/09/2026

👨‍👩‍👧‍👦 BONO CONCILIA FAMILIA 2026

A Xunta de Galicia convoca as axudas do Bono Concilia Familia 2026, destinadas a facilitar a conciliación das familias con nenas e nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022.

Estas axudas permiten financiar gastos derivados de necesidades puntuais de conciliación ou dos períodos de vacacións escolares.

✅ Gastos subvencionables:
* Contratación temporal dunha persoa empregada do fogar para o coidado dos menores.
* Servizos de atención á infancia a domicilio.
* Ludotecas, espazos infantís e outros servizos de conciliación autorizados.
* Campamentos e outros recursos privados de conciliación durante as vacacións escolares.

💶 Contías das axudas:
➡️ Ata o *100 % do gasto* para familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, familias con fillos/as cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou vítimas de violencia de xénero.

➡️ Ata o75 % do gasto no resto dos casos.

📌 Límites:
* Ata 500 € por unidade familiar para contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio.
* Ata 200 € por neno/a para servizos de conciliación, campamentos ou outros recursos colectivos.

📅 Prazo de solicitude:
Do 9 de setembro de 2026 ás 09:00 h ata o 9 de outubro de 2026 ás 14:00 h.

💻 As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos.

🔗 Máis información e solicitude:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS412A&gateway=true

📌 Procedemento BS412A

📢 CURSO DE MONITORADO DE TEMPO LIBRE EN GUITIRIZO Concello de Aranga comparte esta proposta formativa que pode ser de in...
31/08/2026

📢 CURSO DE MONITORADO DE TEMPO LIBRE EN GUITIRIZ

O Concello de Aranga comparte esta proposta formativa que pode ser de interese para a nosa veciñanza.

O Concello de Guitiriz organiza un Curso de Monitorado de Tempo Libre, cunha formación de 200 horas homologada e en modalidade semipresencial.

📍 Escola Habanera de Guitiriz
📅 5 fins de semana durante os meses de novembro e decembro de 2026
💶 Prezo subvencionado: 175 € (prezo habitual: 250 €)
📚 200 horas de formación homologada

Para obter máis información ou realizar consultas:

📞 982 370 109
📧 [email protected]

Unha oportunidade para formarse no ámbito do lecer e do tempo libre.

28/08/2026

A campaña de compostaxe doméstica continúa en Aranga! ♻️
O venres 28 de agosto terá lugar unha entrega de composteiros, ás 19h no pavillón do CEIP A Castellana.

Queres sumarte ti tamén?
Durante as próximas semanas haberá máis sesións informativas en diferentes puntos do concello.

Só tes que asistir a unha delas para recoller o teu composteiro de balde e aprender a transformar os restos orgánicos do teu fogar en abono natural

📝Inscrición: aranga.ocaminosostible.gal
📞 647 521 464 | ✉️ [email protected]

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.


⚠️ AVISO AMARELO POR CHUVIAS E TORMENTASA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun aviso amarelo por chuvia...
25/08/2026

⚠️ AVISO AMARELO POR CHUVIAS E TORMENTAS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun aviso amarelo por chuvias e tormentas para este mércores, 26 de agosto, que afectará á zona interior da provincia da Coruña desde a madrugada ata media tarde.

🌧️ As precipitacións poderán superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora.

⛈️ Tamén existe posibilidade de tormentas fortes e sarabia, podendo producirse de maneira puntual fenómenos de maior intensidade.

Recoméndase extremar as precaucións, especialmente nos desprazamentos e nas actividades ao aire libre.

📞 Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

🔔 RECORDATORIO | MAÑÁ, CIM MÓBIL EN ARANGALembramos que mañá venres, 21 de agosto, o Centro de Información á Muller Móbi...
20/08/2026

🔔 RECORDATORIO | MAÑÁ, CIM MÓBIL EN ARANGA

Lembramos que mañá venres, 21 de agosto, o Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil) estará no campo da feira da Castellana.

🕘 Horario: de 09:00 a 14:00 h
📍 Lugar: Campo da feira da Castellana

O CIM Móbil ofrece información, asesoramento e acompañamento, así como atención psicolóxica, social e xurídica especializada, ademais de accións de prevención, sensibilización e promoción da igualdade.

Un recurso especializado da Xunta de Galicia achegado ao noso concello.

📍 O CIM MÓBIL CHEGA A ARANGAO vindeiro venres, 21 de agosto, o Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil) estará n...
17/08/2026

📍 O CIM MÓBIL CHEGA A ARANGA

O vindeiro venres, 21 de agosto, o Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil) estará no campo da feira da Castellana, achegando á veciñanza un servizo especializado de información, asesoramento e acompañamento.

🗓️ Venres, 21 de agosto
🕘 De 09:00 a 14:00 h
📍 Campo da feira da Castellana

O CIM Móbil ofrece, entre outros servizos:

🔵 Atención psicolóxica especializada.
🔵 Asesoramento social e orientación sobre recursos e prestacións.
🔵 Información e asesoramento xurídico.
🔵 Información, acompañamento e apoio ante situacións de violencia de xénero ou violencia sexual.
🔵 Accións de prevención, sensibilización e promoción da igualdade.

Trátase dun recurso da Xunta de Galicia que achega atención especializada aos concellos que non dispoñen dun CIM municipal ou supramunicipal.

➡️ O servizo está aberto á cidadanía para informarse e coñecer os recursos dispoñibles, cunha atención especialmente dirixida ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Dirección

Casa Consistorial Ponte-Aranga
Aranga
15317

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Aranga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Aranga:

Atajos

Compartir