Bng Ames

Bng Ames Páxina da asemblea local do BNG de Ames.

08/09/2026
03/09/2026

🚨 A Xunta beneficia á privada e exclúe os campamentos municipais do Bono Concilia!
Denunciamos unha decisión que penaliza ás familias que optan polos recursos públicos dos concellos.

👉 As actividades de conciliación organizadas polos propios concellos quedan fóra do Bono, mentres que as promovidas por entidades privadas ou sociais si continúan no programa.
Isto supón un prexuízo para moitas familias, especialmente porque os campamentos municipais son, en moitos casos, a alternativa máis accesible economicamente e cunha maior cobertura territorial.

E en Ames, preguntámonos:

❓ Por que o goberno socia­lista de Ames non fixo nada?

Desde o BNG defendemos servizos públicos de calidade, accesibles e ao servizo das familias, non políticas que favorezan a privatización.

📢 As familias merecen poder escoller sen que a Administración penalice a opción pública.

Campamentos Galiza

28/08/2026

Desde o BNG de Ames lembramos un ano máis ós "Homiños de Boimorto" e a todas as persoas que loitaron e loitan por unha sociedade máis xusta, libre e democrática.

Porque a memoria é imprescindible para entender o presente e para facer fronte, con firmeza e serenidade, aos discursos de odio e aos movementos neofascistas baseados na mentira e nos enfrontamentos.

Seguiremos defendendo as súas ideas e valores: liberdade, democracia e xustiza social.

📍 En Ames, como en toda Galiza, memoria sempre.

19/08/2026

A concelleira xa se sumou ao reto da Xincana da ! 🩵

🛍️ Os escollidos de Rosalía foron… e

Pero como lle quedaron moitos comercios por dicir… reta á voceira a que ela nos faga a súa propia xincana.

Dende o BNG animamos a toda a mocidade de Ames a participar na Xincana de e a descubrir, dun xeito divertido, o comercio e a hostalaría da nosa vila.

💪 Porque participar tamén é apoiar e dar vida ao noso comercio local.

O BNG de Ames denuncia que o PP converte a escola pública nun instrumento de propaganda ideolóxica co nome do novo CEIP ...
05/08/2026

O BNG de Ames denuncia que o PP converte a escola pública nun instrumento de propaganda ideolóxica co nome do novo CEIP e propón que o centro leve provisionalmente o nome de CEIP O Milladoiro e 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲𝘅𝗮 𝗮 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗰𝗶𝗱𝗮 𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗱𝗲𝗻𝗼𝗺𝗶𝗻𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗶𝗻𝗶𝘁𝗶𝘃𝗮.

O BNG de Ames denuncia a decisión da Xunta de Galiza de impoñer o nome de “Gerardo Fernández Albor” ao novo colexio do Milladoiro. Unha decisión unilateral q...

🔹  A Asemblea Local do BNG de Ames aprobou por unanimidade a elección de Paula Castro como nova responsable  local, nun ...
31/07/2026

🔹 A Asemblea Local do BNG de Ames aprobou por unanimidade a elección de Paula Castro como nova responsable local, nun acto no que tamén se recoñeceu o traballo desenvolvido ata o de agora por Alberto Ramos.

Xornalista de profesión, licenciada en Historia Contemporánea e Ciencias da Información, e cunha ampla traxectoria política e social, Paula asume esta nova responsabilidade co compromiso de seguir fortalecendo o proxecto nacionalista en Ames.

💙 Desde o BNG de Ames reafirmamos o noso compromiso coa veciñanza, cun equipo sólido, cohesionado e preparado para continuar defendendo os intereses do noso concello.

24/07/2026

Na celebración  en Ames do Día Nacional de Galicia reivindivamos, unha vez máis, o valor da nosa lingua e da nosa cultura. Sen lingua e sen cultura, Galiza non sería o que é: unha nación viva, diversa e orgullosa.

Grazas a Ruth, Irene, Cruz, Ainoha e Inés por ser referentes da cultura e da lingua para as nosas crianzas. Grazas Maianas  sodes exemplo de  compromiso coa cultura, de creatividade e de orgullo pola  nosa identidade. A Medalla do Concello de Ames 2026 non podía estar en mellores mans.

A lingua e a cultura son un patrimonio vivo que require coidado, compromiso e políticas que as protexan e non que as limiten e as desprecen.

Cando a lingua retrocede, retrocede tamén a autoestima colectiva e cando a cultura se invisibiliza empobrécesenos o futuro. Non permitamos  que ocorra.

💙🤍 Viva Galiza!

🎉 Parabéns ás nosas Pandereteiras As Maianas por recibir a Medalla do Concello de Ames 2026.Este recoñecemento pon en va...
23/07/2026

🎉 Parabéns ás nosas Pandereteiras As Maianas por recibir a Medalla do Concello de Ames 2026.
Este recoñecemento pon en valor anos de dedicación, esforzo e amor pola nosa música e polas nosas tradicións. Grazas por levar con orgullo a cultura popular galega alá onde ides e por ser un exemplo de compromiso co noso patrimonio.
É unha honra compartir este momento convosco. Que esta medalla sexa un impulso para seguir facendo soar as pandeiretas e enchendo de vida as nosas festas e a nosa cultura.
💚 Moitos parabéns, As Maianas! Máis que merecido. Parabéns

Dirección

Ames
Amés
15895

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Ames publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir