Concello de Ames

Concello de Ames Páxina oficial de Facebook do Concello de Ames.
https://www.concellodeames.gal/

Participación nas redes sociais municipais: https://i.gal/AmesRRSS

Páxina oficial de Facebook do Concello de Ames. https://www.concellodeames.gal/

Recomendacións para a participación nas redes sociais municipais: https://i.gal/AmesRRSS

O Concello de Ames e o FC Meigas organizan un partido amigable entre o Reyco Burela FS e o Stellae Leis Pontevedra FS ⚽️...
08/09/2026

O Concello de Ames e o FC Meigas organizan un partido amigable entre o Reyco Burela FS e o Stellae Leis Pontevedra FS ⚽️

🔸O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este mércores, 9 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, un partido amigable de fútbol sala entre o Reyco Burela FS de 2º División e o Stellae Leis Pontevedra FS, que milita na 2º División B do fútbol sala nacional.

🔸Esta iniciativa xa se realizou noutras ocasións co obxectivo de promocionar o fútbol sala en Ames.

Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4gWLiq6

Ames organiza obradoiros, conferencias e un espazo aberto para celebrar o Día da tecnoloxía 2026 🖥️🔸Desde as 9.00h e ata...
07/09/2026

Ames organiza obradoiros, conferencias e un espazo aberto para celebrar o Día da tecnoloxía 2026 🖥️

🔸Desde as 9.00h e ata as 19.00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu obradoiros, conferencias e un espazo aberto para todos os públicos. Trátase dunha xornada de divulgación tecnolóxica, aprendizaxe e diversión.

Durante a tarde celebrouse unha carreira virtual de coches. O gañador conseguíu de premio un volante T80 Ferrari 488 GTB Edition, para poder utilizar cos xogos de condución que admiten mandos e volantes nas súas respectivas plataformas.

Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Su18jW

Xa está aberto o prazo de preinscrición nas actividades das Escolas deportivas 2026-2027 🙌🏻👟🔸Dende hoxe e ata o 13 de se...
07/09/2026

Xa está aberto o prazo de preinscrición nas actividades das Escolas deportivas 2026-2027 🙌🏻👟

🔸Dende hoxe e ata o 13 de setembro está aberto o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para a tempada 2026-2027.

🔸A preinscrición realizarase a través da nova app 📲Deportes Concello de Ames. Para poder preinscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma.

📋Neste prazo de preinscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o luns 14 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición.

ℹ️ A listaxe de admitidos publicarase o 15 de setembro na páxina web municipal. Para saber máis 🔗 https://bit.ly/4xcdATs

O Distrito 13 17 arranca o novo curso coa actividade “Misiles: Alerta Democrática” 🙌🏻🔸 Trátase dun gran xogo grupal cheo...
07/09/2026

O Distrito 13 17 arranca o novo curso coa actividade “Misiles: Alerta Democrática” 🙌🏻

🔸 Trátase dun gran xogo grupal cheo de retos, estratexia, imaxinación e decisións inesperadas 🤔🗺️

🔸Esta dinámica desenvolverase o vindeiro sábado día 12, de 🕖19.00 a 21.00 horas, no anexo do pavillón municipal do 📍Milladoiro.

ℹ️ Ademais, este mes levarase a cabo a xornada de convivencia, adiada no mes de xuño.

A programación completa aquí 🔗 https://bit.ly/4r0rBlJ

Agora si, esta semana, ademais de volver ao cole, temos moitas propostas para seguir gozando da   🙌🏻 Toma nota!
07/09/2026

Agora si, esta semana, ademais de volver ao cole, temos moitas propostas para seguir gozando da 🙌🏻 Toma nota!

A aula AMTIC oferta novos cursos entre os meses de setembro e novembro 🖥️🔸A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e ...
06/09/2026

A aula AMTIC oferta novos cursos entre os meses de setembro e novembro 🖥️

🔸A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a aula AMTIC, organiza para os meses de setembro, outubro e novembro dúas actividades para persoas adultas e outras dúas para nenos e nenas, co obxectivo de formar á veciñanza en cuestións de índole informática e dixital.

🔸Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a ✉️ [email protected].

📞Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4xf9nyz

O club de patinaxe Sarela abre o prazo de inscrición para a tempada 2026-2027 🛼🧑‍🧑‍🧒‍🧒 As familias con nenos e nenas que...
06/09/2026

O club de patinaxe Sarela abre o prazo de inscrición para a tempada 2026-2027 🛼

🧑‍🧑‍🧒‍🧒 As familias con nenos e nenas que teñan de 3 anos en diante poden informarse sen compromiso a través das diferentes canles de comunicación que ten dito club.

ℹ️ Actualmente, o CP Sarela conta con máis de 60 patinadoras e patinadores de 3 a 21 anos, repartidos nos grupos de aprendizaxe: iniciación, niveis, amateur, rexional e nacional.

Se queres saber máis info 🔗 https://bit.ly/4qV4itw

Ponse en marcha o programa grupal de   para persoas maiores e o servizo UNE para adultos e mocidade 🙋🏻‍♂️👵🏻🔸Dentro das a...
05/09/2026

Ponse en marcha o programa grupal de para persoas maiores e o servizo UNE para adultos e mocidade 🙋🏻‍♂️👵🏻

🔸Dentro das actividades incluídas dentro do plan municipal de benestar emocional e saúde mental ofrécese un programa grupal de benestar emocional para persoas maiores.

🔸Nestes obradoiros as persoas maiores do concello dispoñen dun espazo de acompañamento emocional, onde poden mellorar a saúde emocional e psicolóxica, incrementar a súa participación social ou potenciar o sentido da comunidade.

🔸 Tamén se ofrece o servizo da Unidade de Necesidades Emocionais para persoas adultas e mocidade. Ademais, realizaranse intervencións de promoción do benestar emocional e saúde mental no ámbito escolar, tanto no IES de Ames como no IES Milladoiro (nos cursos de segundo de bacharelato).

ℹ️✉️Para participar ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected]. Toda a info🔗https://bit.ly/4yHRr0L

Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego 🧑‍🧑...
05/09/2026

Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego 🧑‍🧑‍🧒‍🧒

👶🏻A Carballeira de Ventín acolleu este pasado mércores, 2 de setembro, unha nova xornada das Brincadeiras Miúdas, nas que os nenos e nenas xunto coas súas familias, puideron g***r de música, baile, xogos tradicionais e creación de xoguetes 🪀🚂

🔸Esta edición das Brincadeiras Miúdas xuntou a arredor de 300 persoas, que g***ron nun concerto de Cé Orquestra Pantasma e participaron en xogos tradicionais, xogo libre e desestruturado e un espazo para a creación libre de xoguetes con materiais naturais.

Para saber máis infoℹ️🔗 https://bit.ly/46FoXZh

Dirección

Praza Do Concello, 2
Amés
15220

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ames publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ames:

Atajos

Compartir