Socialistas de Ames

Socialistas de Ames Páxina oficial dos Socialistas de Ames (PSdeG-PSOE)

⚽️ Novo campo de fútbol no Milladoiro! 🏟️✨O Concello de Ames acomete a reforma integral das instalacións cun investiment...
31/08/2026

⚽️ Novo campo de fútbol no Milladoiro! 🏟️✨

O Concello de Ames acomete a reforma integral das instalacións cun investimento de +516.000 € (50% cofinanciado coa Xunta). 💶🤝

🌱 Novo céspede artificial de última xeración.

🥅 Renovación de equipamento e bancadas.

♿ Accesibilidade total e mellora da contorna.

Un espazo máis moderno e seguro para o noso deporte! 💪🔴

Días atrás o Bng Ames organizou un acto en lembranza dos Homiños de Boimorto, fusilados en Ortoño hai 90 anos.Os comenta...
30/08/2026

Días atrás o Bng Ames organizou un acto en lembranza dos Homiños de Boimorto, fusilados en Ortoño hai 90 anos.

Os comentarios dalgúns individuos nas redes deixan ver o momento triste e preocupante que estamos a vivir.

Estamos sufrindo un retroceso no que hai quen pretende borrar unha parte da historia, aquela na que milleiros de mozos e mozas foron asasinados por pensar distinto e defender a liberdade.
Para moitas familias, como as dos Homiños de Boimorto, esa dor segue moi presente.

O máis lamentable é ver como certa xente, con total impunidade, se dedica a insultar e atacar a quen simplemente quere lembrar a nosa historia. Un exercicio necesario para que non se repita, e para que os defensores da ditadura non impoñan o seu relato.

En momentos coma este, toca estar unidos.
Todo o noso apoio ao BNG de Ames. 💙🌿

26/08/2026
O Ames en Festas volveu dinamizar as nosas rúas e fomentar a unión entre os núcleos durante estes días de agosto. 🎉Foi u...
10/08/2026

O Ames en Festas volveu dinamizar as nosas rúas e fomentar a unión entre os núcleos durante estes días de agosto. 🎉

Foi un pracer acompañarvos durante o inicio deste mes. Agardamos que desfrutárades moito das festas e de todos os momentos compartidos.

O ano que vén, máis e mellor! ❤️💚

🔵 A Deputación axuda aos concellos con transparencia e criterios obxectivos. ✅ Neste Pos Adicional o Concello de Ames re...
27/05/2026

🔵 A Deputación axuda aos concellos con transparencia e criterios obxectivos.

✅ Neste Pos Adicional o Concello de Ames recibe máis de 1,3M de euros para investir en obras.

💼 Esta será a proposta do Goberno para este plan provincial.

25/05/2026

Igualdade e equidade no reparto de fondos para todos os concellos independentemente do partido que os goberne.

24/05/2026

‼️ Ames é un concello de servizos. Mentres eu sexa alcalde o obxectivo principsl do meu goberno van a ser as persoas.

08/05/2026

✅ Fronte ao engano e a manipulación, rigor e e traballo. O BNG chegou tarde para dar resposta ao problema da vivenda en Ames e agora vai a remolque.

✔️ Cesión de 6 parcelas á Xunta para construír 218 vivendas públicas antes de 2028.
✔️ Convenio para incorporar 68 vivendas baleiras a programas de vivenda social.
✔️ Desenvolvemento de novo solo e parcelas municipais para vivenda libre.

🟢 Mentres algúns propoñían renunciar a máis de 200 vivendas públicas no Milladoiro para adicar o solo a outros fins, este goberno socialista en minoría traballa con seriedade para ofrecer solucións reais ao principal problema da veciñanza.

Dirección

Rúa Viorneira, Baixo Nº7. O Milladoiro
Amés
15895

Horario de Apertura

Lunes 17:30 - 21:00
Martes 18:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Viernes 17:30 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Ames publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir