14/12/2023
🥳 Planazo para o venres 22!🥳
👉Toca pechar as xornadas Equal Rural. Un programa europeo no cal participaron unha vintena de mulleres, liderando actividades relacionadas co medio rural e a súa dinamización, nos 4 Concellos que conforman a Reserva da Biosfera.
🌎 Achégate a aprender e a tecer sinerxias sobre como plantarlle cara a retos tan variopintos como a crise demográfica, o relevo xeracional, a inseguridade alimentaria, a crise enerxética ou a adaptación e mitigación ao cambio climático, todo a través do fío conductor da alimentación.
👉Vémonos o venres 22, a partires das 16:00, no Fogar dos Maiores en Allariz!