19/08/2026
🏃♀️🏃♂️ XVI Carreira de Cualedro 🏃♂️🏃♀️
Este domingo tivemos o pracer de participar no dispositivo de seguridade e apoio da XVI Carreira de Cualedro, acompañando aos participantes ao longo desta xornada deportiva.
Foi unha mañá chea de deporte, ilusión e participación, na que puidemos ver correr desde os máis pequeniños, na categoría Chupete, ata os participantes da categoría absoluta. 👶🏃♀️🏅
Desde Protección Civil Cualedro-Monterrei queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta carreira e, especialmente, destacar a colaboración de Cruz Vermella, fundamental para garantir o correcto desenvolvemento do dispositivo.
👏 Parabéns a todas e todos os participantes polo esforzo e por facer desta XVI Carreira de Cualedro unha gran xornada deportiva!