Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo

Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo Ti tamén podes ser de Abegondo,
Abegondo quérete! Concello de Abegondo

🆕📢 Xa podes consultar a programación de actividades deportivas e culturais para o curso 2026-27 en Abegondo!📅 Ata o 21 d...
04/09/2026

🆕📢 Xa podes consultar a programación de actividades deportivas e culturais para o curso 2026-27 en Abegondo!

📅 Ata o 21 de setembro, estarán dispoñibles as inscricións de nenos e nenas en actividades de mediodía no 📍 CEIP San Marcos.

🗣️ Ademais dos campus de ximnasia rítmica, multideportes, fútbol, hípica e taekwondo, haberá 👉 clases de baile k-pop e actividades para nenos/as e adultos.

👉 Unha vez inaugurado o Pavillón de San Marcos, levarase a cabo unha reorganización das actividades municipais

ℹ️ Toda a información: https://f.mtr.cool/tqnouumqc4

🥳📍 Esta fin de semana, o lugar de Borducedo, na parroquia abegondesa de Vizoño, celebra as súas festas na honra a Virxe ...
03/09/2026

🥳📍 Esta fin de semana, o lugar de Borducedo, na parroquia abegondesa de Vizoño, celebra as súas festas na honra a Virxe das Angustias.

🍻 Serán os días 5 e 6 con partida doble de sesión vermut: o sábado a mans de Marieta e o domingo con Carlos e Xilo.

🙌 Non as perdades!

💡📢 Abegondo apoia na tramitación de reclamacións aos veciños afectados polo apagón do 25 e 26 de agosto.👉 O Concello de ...
02/09/2026

💡📢 Abegondo apoia na tramitación de reclamacións aos veciños afectados polo apagón do 25 e 26 de agosto.

👉 O Concello de Abegondo pídelle á distribuidora que asuma e tramite as reclamacións veciñais con celeridade

❗ Os veciños poderán dirixirse ao Concello tanto para obter asistencia na presentación de reclamacións a través da web de UDESA como para efectuar a solicitude vía rexistro municipal.

🎉 Os días 5 e 6 de setembro celebraranse as Festas na honra á Virxe da Consolación na parroquia de 📍 Cos.🎆 Non vos perda...
01/09/2026

🎉 Os días 5 e 6 de setembro celebraranse as Festas na honra á Virxe da Consolación na parroquia de 📍 Cos.

🎆 Non vos perdades a música e os fogos artificiais desta fin de semana!

🤝 As festas levaranse a cabo grazas á organización da comisión e á colaboración do Concello.

📸✨ Os noso pequenos e pequenas gozaron da actividade  infantil da compañía A Xanela do Maxín "Supercoroza do inverno ao ...
28/08/2026

📸✨ Os noso pequenos e pequenas gozaron da actividade infantil da compañía A Xanela do Maxín "Supercoroza do inverno ao verán co galego na man", unha proposta encadrada na Rede Cultural da Deputación da Coruña e celebrada na Aula Lúdica.

Unha aventura chea de xogos, imaxinación e diversión para desfrutar en comunidade! 🌈🎭💫

SUPERCOROZA é o salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa memoria colectiva e, sobre todo, da nosa lingua. 💛

Aviso! 📣💡 Todos os afectados pola incidencia da luz que afectou a parte do Concello o martes e mércores, poden facer as ...
27/08/2026

Aviso! 📣

💡 Todos os afectados pola incidencia da luz que afectou a parte do Concello o martes e mércores, poden facer as 👉 reclamacións correspondentes a través de: udesa.es/peticiones.

ℹ️ Calqueira dúbida que poida xurdir atenderase no Concello.

🙌📢 Abegondo oferta para este curso 2026-27 máis de 70 actividades deportivas e culturais!🆕 Como gran novidade, incorpora...
26/08/2026

🙌📢 Abegondo oferta para este curso 2026-27 máis de 70 actividades deportivas e culturais!

🆕 Como gran novidade, incorporaranse servicios municipais orientados á conciliación familiar.

🎭 Destacan as clases de baile k-pop, hípica, kamishibai, escola de pequenos actores e actrices, bolillos e manualidades, costura e confección, ganchillo en 3D e calceta, obradoiro de curtametraxes ou mindfulness.

ℹ️ Animádevos a coñecer a programación completa en:https://abegondo.gal/wp-content/uploads/2026/08/AB-ACTIVI-26-27-1.pdf

🆕📢 Chegan a Abegondo as actividades deportivas e culturais para o curso 2026-27!✍️ Hoxe, 26 de agosto, ábrese o prazo de...
26/08/2026

🆕📢 Chegan a Abegondo as actividades deportivas e culturais para o curso 2026-27!

✍️ Hoxe, 26 de agosto, ábrese o prazo de inscrición en todas as actividades, agás a Escola de Música.

📅 Ata o 21 de setembro, estarán dispoñibles as inscricións de nenos en actividades de mediodía no CEIP San Marcos.

🗣️ Ademais dos campus de ximnasia rítmica, multideportes, fútbol, hípica e taekwondo, haberá 👉 clases de baile k-pop e actividades para nenos/as e adultos.

👉 Unha vez inaugurado o Pavillón de San Marcos, levarase a cabo unha reorganización das actividades municipais.

ℹ️ Toda a información:https://abegondo.gal/wp-content/uploads/2026/08/AB-ACTIVI-26-27-1.pdf

🗣️ Hoxe, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, visitou a Oficina Móvil de Retorno da Xunta, orientada a axudar ás...
25/08/2026

🗣️ Hoxe, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, visitou a Oficina Móvil de Retorno da Xunta, orientada a axudar ás persoas emigrantes retornadas.

🤝 Durante a visita, o primeiro edil agradeceu ao equipo asesor a súa labor con varios emigrantes retornados de Abegondo, interesándose pola súa experiencia e polas necesidades que atopan tras o seu regreso ao municipio.

ℹ️ A Oficina Móvil de Retorno ofrece información e asesoramento sobre emprego, trámites administrativos, axudas e outros recursos para facilitar a integración das persoas que deciden regresar a Galicia.

💃 Esta fin de semana, Abegondo bailará ao ritmo dalgunhas das mellores orquestras e grupos musicais da volta para celebr...
25/08/2026

💃 Esta fin de semana, Abegondo bailará ao ritmo dalgunhas das mellores orquestras e grupos musicais da volta para celebrar as festas de San Andrés.

🔚 Pechamos o mes de agosto da mellor maneira: con churrasco, paella, polbo, música e moita diversión.

🗓️ Do venres 28 ao domingo 30 de agosto tes unha cita imperdible. Agardámoste!

Dirección

San Marcos 1
Abegondo
15318

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30
Sábado 09:30 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo:

Atajos

Compartir

Categoría