Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dende o ano 2013. Territorio Declarado pola

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de Maio de 2013. A candidatura promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, ten contado co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas entidades asociativas, universidades ou organizacións empresariais e d

e traballadores. A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 113.970 ha, que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Os obxectivos da Reserva de Biosfera son:
A conservación da biodiversidade e da diversidade cultural. Un desenvolvemento social e económico, respectuoso co medio natural. A consecución dun bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais. O fomento da participación dos cidadáns, a formación e a educación. Incentivar e potenciar as iniciativas ligadas ó turismo sostible. Situar ó territorio no mapa mundial e dar prestixio ós seus produtos e empresas. As principais liñas estratéxicas do seu Plan de Xestión, son as seguintes:

- Posta en marcha, Comunicación e Cooperación.
- Entorno Socioeconómico, Emprendemento e Cambio Climático.
- Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.
- Ciencia e desenvolvemento de capacidades.
- Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.

🌿 A Reserva de Biosfera recibiu a visita dunha delegación da Reserva de Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón, nun encont...
12/06/2026

🌿 A Reserva de Biosfera recibiu a visita dunha delegación da Reserva de Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón, nun encontro para coñecer o noso funcionamento e compartir experiencias sobre conservación e desenvolvemento sustentable.

📸 Unha xornada de intercambio moi enriquecedora entre territorios comprometidos co medio ambiente.

💚 Grazas pola visita e polo intercambio de coñecementos, así como a todas as entidades e empresas da nosa Marca de Calidade por exercer de excelentes embaixadoras de Mariñas Coruñesas.

Soy Ecoturista

10/06/2026

✨ No corazón de Sobrado, A Ciadella continúa a gardar a pegada da historia romana nas Mariñas Coruñesas.

⚔️ Este antigo campamento romano é un lugar perfecto para viaxar ao pasado, pasear con calma e descubrir un patrimonio único que aínda segue moi vivo entre nós.

🌿 Un recuncho diferente onde historia, natureza e cultura se dan a man para amosar a esencia do noso territorio.

💚 Vén descubrir o noso corazón verde!

📝 A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas acolleu recentemente, no marco do proxecto de Cooperación Leader NÓ RURAL, a s...
09/06/2026

📝 A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas acolleu recentemente, no marco do proxecto de Cooperación Leader NÓ RURAL, a segunda mesa de traballo con axentes e entidades do territorio.

🔬 O obxectivo era analizar o papel de cada un deles no apoio á incorporación de activos ao sector agrario, e como actuar de maneira coordinada fronte a problemática da falta de relevo xeracional e o abandono do rural.

🤝 NÓ RURAL busca elaborar e aplicar unha estratexia de relevo xeracional agrario adaptada á realidade de cada territorio. No proxecto, coordinado pola Asociación Seitura 22 (GDR24 Seitura 22), participan seis GDR de Galicia, entre eles, o de Mariñas-Betanzos.

👏 Dende a coordinación do proxecto e dende a Asociación Mariñas-Betanzos agradecemos o esforzo e a participación de todas as persoas que asistiron.

🇪🇺 Proxecto financiado a través do Programa Leader PEPAC 2023-2027.

09/06/2026

Hoxe recibimos unha delegación da 🏞 Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón.

🤝 O presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, e o xestor da entidade, Diego López, foron os encargados de recibilos e introducilos na que, durante dous días, 🏡 será a súa casa.

A delegación, integrada por 11 persoas chegada de 📌 Galicia e Asturias, coñecerá de primeira man as nosas fortalezas ➡ produtores locais, a nosa marca de calidade, o modelo ecoturístico, restaurantes co selo da Reserva e moitas outras experiencias no territorio.

💚 Esperamos que a vosa experiencia nas Mariñas Coruñesas sexa produtiva e inesquecible.

🍇 O proxecto   celebrou unha nova xornada de traballo na Rexión Demarcada do Dão (Portugal), reunindo representantes ins...
08/06/2026

🍇 O proxecto celebrou unha nova xornada de traballo na Rexión Demarcada do Dão (Portugal), reunindo representantes institucionais, investigadores, adegas e entidades socias para compartir avances e experiencias.

🍷 Durante a sesión presentouse a estratexia do proxecto, os progresos da súa implementación en Portugal e casos de éxito como Duorum Vinhos, referente na excelencia dos viños do Douro.

🌱 Este encontro reforza o compromiso do consorcio ECOSPHEREWINES coa transición ecolóxica, a e a competitividade sostible do sector no espazo de cooperación transfronteiriza.

🤝 Grazas a todas as persoas participantes por contribuír ao desenvolvemento dun sector máis resiliente e sostible.

🌍🍷 es un proyecto Interreg Sudoe Programme liderado por Fundación Juana de Vega y en el que participamos junto a CoLAB VINES&WINES, Institut Français de la Vigne et du Vin, ITACyL - Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León, ITER Investigación, CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, AECT Duero-Douro, Plataforma Tecnológica del Vino - PTV, Vins de Gaillac, además de las bodegas João Portugal Ramos y Pagos de Brigante

05/06/2026

🌿 Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente e desde a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas queremos sumarnos a esta xornada.

🤲 Poucas cousas hai máis importantes que coidar a nosa contorna: a natureza na que medramos, o lugar onde vivimos e aquilo que producimos e consumimos.

👉 Neste vídeo participan persoas do territorio, moitas delas vencelladas a empresas certificadas coa Marca de Calidade da Reserva de Biosfera.

🫶 Persoas comprometidas cunha forma de vida e cunha economía respectuosas co medio ambiente. Son O Noso Corazón Verde. 💚

03/06/2026

🌊 Hai camiños que se lembran para sempre, e a Senda Azul de Arteixo é un deles.

🍃 Entre o mar bravo, a brisa atlántica e as paisaxes que quitan o alento, cada paso convértese nunha invitación a parar, respirar e conectar coa natureza.

👣 Un percorrido único onde a natureza, a paisaxe e a tranquilidade se dan a man para ofrecer unha das rutas máis fermosas da nosa costa.

💙 Déixate sorprender pola esencia de Arteixo e descubre un recuncho cheo de vida, beleza e natureza en estado puro.

🌿 Vén descubrir o noso corazón verde!

🗞️ Un ano máis, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo participa como xurado no concurso educativo P...
03/06/2026

🗞️ Un ano máis, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo participa como xurado no concurso educativo Prensa–Escola da La Voz de Galicia.

🏆 As persoas gañadoras de cada categoría visitaron o territorio da Reserva de Biosfera.

🌊 Nesta ocasión, o alumnado do CEIP Redondela achegouse á Costa de Dexo para coñecer este monumento natural.

🌿 O alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo Concello de Sada, participante no programa “Fórmate na Reserva”, reali...
03/06/2026

🌿 O alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo Concello de Sada, participante no programa “Fórmate na Reserva”, realizou recentemente dúas saídas didácticas de gran interese educativo.

🫖 Por unha banda, visitaron a plantación de té de Orballo en Paderne, onde coñeceron de primeira man experiencias de agricultura ecolóxica e sostible.

🏛 Ademais, achegáronse ao Museo das Mariñas en Betanzos, afondando na historia, cultura e patrimonio da nosa comarca.

📚 Actividades que lles permiten seguir descubrindo a riqueza natural e cultural da contorna da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

👣 O alumnado de 1º de Primaria do CEIP Vales Villamarín do Concello de Betanzos gozou os pasados días dunhas visitas gui...
01/06/2026

👣 O alumnado de 1º de Primaria do CEIP Vales Villamarín do Concello de Betanzos gozou os pasados días dunhas visitas guiadas na Senda dos Sentidos do Concello de Miño dentro do Programa .

😯 Durante o percorrido descubriron a riqueza natural da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas a través da observación, os sons e as sensacións que ofrece a contorna, aprendendo de forma divertida a importancia de coidar e respectar a natureza.

Dirección

Lugar San Marcos, S/n
Abegondo
15318

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
16:00 - 18:30
Martes 08:00 - 15:00
16:00 - 18:30
Miércoles 08:00 - 15:00
16:00 - 18:30
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

981 669 541

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas:

Compartir

Categoría