25/08/2026
📄 BIOMETANO EN ABADÍN: O QUE A CARTA DO ALCALDE NON CONTA.
O alcalde publicou unha carta á veciñanza sobre as plantas de biometano. O problema non é só o que di. É, sobre todo, todo o que non conta.
📌 Marzo de 2025. No Concello xa existían dous expedientes relacionados coas posibles plantas: o 119/2025, en Candia, e o 187/2025, en Quende, derivados de solicitudes de informes de compatibilidade urbanística.
📌 1 de outubro de 2025. O propio alcalde afirmou no Pleno que o proxecto de Quende “encóntrase presentado na Xunta de Galicia” e que estaba recabando os correspondentes permisos sectoriais.
📌 10 de abril de 2026. A Xunta de Galicia confirmou oficialmente que “o expediente relativo ao proxecto de planta de produción de biometano no lugar de Quende [...] atópase na actualidade en tramitación”.
📌 19 de maio de 2026. Ante a enorme preocupación veciñal, solicitamos un Pleno extraordinario cun único asunto: que o Concello se posicionase ante as plantas. A nosa moción pedía expresamente que Abadín se posicionase CLARAMENTE EN CONTRA e que se informase á veciñanza con transparencia.
E nese mesmo Pleno o alcalde afirmou:
“Veñen falar dunha planta (según a súa moción dúas) en Quende sen expediente, sen informes e sen base técnica ningunha.”
Pero máis dun mes antes a propia Xunta xa certificara que o expediente de Quende estaba en tramitación.
📌 E chegou a votación: 5 votos do Grupo Socialista a favor e 5 votos do PP en contra. Repetiuse a votación e volveu producirse o empate. Finalmente, o voto de calidade do alcalde serviu para rexeitar a moción que pedía posicionarse en contra das plantas.
📌 Posteriormente solicitamos os informes urbanísticos municipais. O alcalde aprazou o noso acceso e mantivo esa decisión incluso despois de presentar recurso de reposición. Ao mesmo tempo, a súa propia resolución recoñece que o informe municipal fora remitido á empresa interesada.
Agora o alcalde di diante dos veciños:
“MENTRES EU SEXA ALCALDE, NON.”
Pois nós preguntamos:
👉 A que planta de biometano se refire a de Candia a de Quende, as dúas?
👉 Que cambiou entre maio e agosto?
👉 Por que cando lle pedimos no Pleno que se posicionase claramente en contra votou contra a nosa moción?
👉 ¿Por que utilizou o seu voto de calidade para rexeitala?
👉 ¿E por que fala agora de máxima transparencia cando apraza o acceso aos informes municipais?
✅ O que dicimos é que existían expedientes, informes municipais e proxectos en tramitación na Xunta, e que todo iso a veciñanza merece coñecelo. O que hai que confrontar cos documentos é todo o que a súa carta deixa fóra: os dous expedientes municipais de 2025, os informes urbanísticos, o proxecto que el mesmo recoñeceu que estaba presentado na Xunta, a confirmación da Xunta de que o expediente de Quende estaba en tramitación, os dous proxectos básicos, o Pleno posicionándose a favor do 19 de maio e a denegación e o aprazamento do acceso aos informes.
🙋🏻Non queremos que nos crean pola nosa palabra. Queremos que miren as datas, os documentos e as actas.
☝️A veciñanza de Abadín merece toda a información, non só a parte que se decide contar.