Mostrart Feira de Artesanía

Mostrart Feira de Artesanía A feira de artesanía máis importante de Galicia. Do 1 ao 30 de agosto do 2026. Celébrase desde 1985 no centro da cidade, nos xardíns de Méndez Núñez.

Esta será a edición número 38 de Mostrart, a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.

27/08/2026

E con este obradoiro rematamos por este ano Oficios ao Sol!

E que mellor maneira de pechar esta serie de obradoiros que cunha iniciación á papiroflexia. Da man de Diego Ante, responsable do obradoiro Joyas de Papel, as persoas participantes crearon ratos, paxariñas, barcos e ata camisas… empregando como únicas ferramentas as súas mans e un anaco de papel.

Moitas grazas a todas as persoas artesás que compartiron o seu saber facer e a todas as persoas que participastes nestes obradoiros!

Pero isto non remata aquí… A feira continúa aberta ata este domingo, 30 de agosto! Agardámoste!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





26/08/2026

🌧️💨 ⚡️ Nin a chuvia, nin o vento, nin sequera a treboada puideron con Oficios ao Sol!

No penúltimo obradoiro, as persoas participantes elaboraron un estoxo de tea decorado con pintura téxtil, da man de Leonor Díaz, responsable do obradoiro Como pez en el Agua.

Unha nova xornada para aprender, crear e g***r da artesanía, faga o tempo que faga!

Moitas grazas, Leonor, por compartir o teu saber facer!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.
artesania



25/08/2026

Seguimos coa última semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, as persoas participantes elaboraron un broche e uns pendentes coa técnica do esmalte ao lume sobre cobre, descubrindo de primeira man este interesante oficio artesanal.

Da man de Matías González, responsable do obradoiro Xakarandá, aprenderon todo o proceso de creación destas pezas.

Moitas grazas, Matías, por compartir o teu saber facer!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





24/08/2026

Comezamos a última semana de Oficios ao Sol!

E facémolo cun obradoiro ben especial! Da man de Emiliano, de Artesanos del Altillo, as persoas participantes elaboraron un puzzle de madeira, achegándose ao oficio da marquetería e aprendendo a cortar, lixar e pintar.

Unha experiencia para aprender facendo e descubrir todo o que se pode crear coa madeira.

Grazas, Emiliano, por compartir o teu saber facer con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





22/08/2026

⏱️ Así de rápido pasa o tempo en Mostrart… e aínda estás a tempo de vir!

🗓️ Ata o 30 de agosto

📍 Xardíns de Méndez Núñez · Cantón Pequeno

🕐 Todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h

Artesanía, creatividade e moito talento galego agardándote.

20/08/2026

Chegamos ao último obradoiro desta semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, as persoas participantes elaboraron un moedeiro de coiro, coñecendo e traballando todos os procesos necesarios para a súa creación.

Da man de Amílcar, responsable do obradoiro Chueco, achegámonos unha vez máis ao saber facer do oficio da marroquinería.

Moitas grazas, Amílcar, por compartir o teu oficio e os teus coñecementos con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





19/08/2026

Seguimos con máis obradoiros de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, da man de Blanca, responsable de El Taller Muy Secreto, as persoas participantes crearon un fermoso móbil de medusas de tea, empregando paus recollidos en diferentes praias de Galicia. 🪼

Unha proposta creativa que combina artesanía, natureza e reutilización.

Moitas grazas, Blanca, polo teu traballo e por compartir a túa creatividade con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





18/08/2026

Seguimos coa terceira semana de Oficios ao Sol!

No segundo obradoiro desta semana, as persoas participantes puideron crear un autómata de madeira, coñecendo e traballando os diferentes procesos de elaboración.

Da man de Antonio, do obradoiro Enxógate, descubrimos un pouco máis sobre o apaixonante mundo da madeira e dos xoguetes.

Moitas grazas, Antonio, por compartir o teu saber facer e ensinarnos tanto!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.
artesania



17/08/2026

Comezamos a terceira semana de Oficios ao Sol!

Nesta ocasión, da man de Víctor Ares, as persoas participantes puideron experimentar co modelado en cerámica, creando diferentes partes do rostro: ollos, nariz e boca.

Unha oportunidade para coñecer de primeira man os procesos de elaboración e descubrir as posibilidades da cerámica.

Grazas, Víctor, por compartir o teu saber facer con nós!

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.





Dirección

Xardíns De Méndez Núñez
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Martes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Domingo 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mostrart Feira de Artesanía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir