Bibliotecas Municipais da Coruña

Bibliotecas Municipais da Coruña Ola! Estás no espazo facebookeiro das Bibliotecas Municipais da Coruña. Esperamos a túa participación.
(314)

As embarcacións acompañaron ao ser humano durante miles de anos, surcando mares, ríos e océanos e sendo protagonistas de...
05/09/2026

As embarcacións acompañaron ao ser humano durante miles de anos, surcando mares, ríos e océanos e sendo protagonistas de innumerables historias. Pero, máis aló de navegar, esconden detalles, tradicións e curiosidades que quizá non coñecías. Neste imos descubrir algunhas delas, que como sempre esperamos sexan de voso agrado.

E vós, coñecedes máis curiosidades sobre........? contádenos

Recordámosvos que na Biblioteca Durán Loriga temos moitos materiais sobre este e outros temas, que seguro son do voso interese, pasádevos a facernos unha visita!

04/09/2026

Gloria Steinem (1934–2026) Xornalista, escritora, activista e unha das voces máis recoñecibles do feminismo contemporáneo.

Gloria Steinem morreu aos 92 anos, deixando tras de si máis de seis décadas de loita pola igualdade e polos dereitos das mulleres.

En 1978 publicou un texto que segue sendo sorprendentemente actual. A pregunta era tan sinxela como provocadora:

E se os homes tivesen a regra?

Steinem imaxinaba, con humor e ironía, como cambiaría a consideración social da menstruación se fose unha experiencia masculina. Unha maneira intelixente de poñer o foco nunha cuestión que atravesa boa parte do seu traballo: como as sociedades constrúen desigualdades arredor de experiencias, corpos e voces.

Ao longo da súa traxectoria, escribiu sobre dereitos reprodutivos, igualdade económica, participación política, medios de comunicación, violencia e discriminación. Tamén contribuíu á creación de proxectos e organizacións fundamentais para o movemento feminista, como Ms. e o National Women's Political Caucus.

O seu traballo foi recoñecido, entre outros, coa Medalla Presidencial da Liberdade en 2013 e co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2021.

Na Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña podes atopar obras relacionadas coa súa traxectoria, como:

📖 Mi vida en la carretera, as súas memorias.
📖 Si las mujeres contaran, de Marilyn Waring, con introdución de Steinem.
📖 Las diosas de cada mujer, de Jean Shinoda Bolen, con prólogo de Steinem.
📖 La parábola del sembrador, de Octavia Butler, con introdución de Steinem.
🎬 The Glorias, de Julie Taymor.

Porque o legado tamén se constrúe lendo, preguntando e mirando o mundo desde outro lugar. 💜

Un libro sobre a estrañeza, o desexo de cambio e esa incerteza que todos levamos dentro. Máis que grandes conflitos, o l...
02/09/2026

Un libro sobre a estrañeza, o desexo de cambio e esa incerteza que todos levamos dentro. Máis que grandes conflitos, o libro retrata pequenas gretas emocionais que terminan definindo unha vida.
A autora tamén destaca pola súa capacidade para construír personaxes complexos en moi poucas páxinas. En varios relatos consegue que o lector empatice con perspectivas opostas sen xulgar a ninguén, algo que achega moita humanidade ao conxunto.

Recordade que podedes atopar máis obras deste xénero nas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Tamén contades co catálogo web, en coruna.gal/opac, para bruxulear e descubrir novas obras ou clásicos por reler.

E vós, que obra estades a ler nestes momentos? Lémosvos!

Editorial Sexto Piso

Novo mes, novo reto! En setembro toca ler unhas memorias: biografías íntimas, recordos familiares, diarios, voces que re...
01/09/2026

Novo mes, novo reto! En setembro toca ler unhas memorias: biografías íntimas, recordos familiares, diarios, voces que reconstrúen unha vida. Escolle o teu libro, comparte a túa lectura e descubre outras historias reais que merecen ser escoitadas. 📖 Úneste ao reto?

31/08/2026

A alegría de rescatar un libro perdido é inmensa! 🕵️‍♀️📚 Hoxe a sorte tocoulle a "Os libros arden mal" de , que xa está de novo dispoñible no catálogo.

Pero sabes como evitar que os libros xoguen ás agachadas sen querer? É moi sinxelo: cando consultes un exemplar na sala, déixao sempre sobre unha mesa ou nos carros. Nunca o volvas colocar no andel.

Lembra a nosa regra de ouro: un libro mal colocado é un libro perdido. Axúdanos a manter a maxia nos libros, non nos estantes!

A novela Horda, de Ricardo Menéndez Salmón, é unha distopía que reflexiona sobre a deterioración da palabra e da linguax...
28/08/2026

A novela Horda, de Ricardo Menéndez Salmón, é unha distopía que reflexiona sobre a deterioración da palabra e da linguaxe na sociedade contemporánea. Na obra imaxina unha sociedade inquietante na que os adultos perderon os recordos da infancia e son controlados por un sistema baseado nas imaxes e na manipulación da memoria. Cunha poderosa carga simbólica, a novela reflexiona sobre a educación, a mentira, o poder e a forma en que construímos a realidade.

O próximo martes 1 de setembro abrimos a inscrición das clases de español para persoas estranxeiras nas bibliotecas Ágor...
27/08/2026

O próximo martes 1 de setembro abrimos a inscrición das clases de español para persoas estranxeiras nas bibliotecas Ágora e Sagrada Familia. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse de forma presencial.

Estas clases, destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana con dificultades para comunicarse en español, están deseñadas para axudar a mellorar o manexo lingüístico nas situacións cotiás da vida.

Coas persoas inscritas conformaranse dous grupos na biblioteca Sagrada Familia e dous grupos na biblioteca Ágora, que comezarán as clases o martes 15 de setembro.

▪Biblioteca Ágora▪
Grupo 1. Martes e xoves, de 16.00 a 17.00 h
Grupo 2. Martes e xoves, de 17.00 a 18.00 h

▪Biblioteca Sagrada Familia▪
Grupo 1. Martes e xoves, de 18.00 a 19.00 h
Grupo 2. Martes e xoves, de 19.00 a 20.00 h

A obra desenvólvese nunha sociedade profundamente patriarcal onde as mozas son enviadas ao chamado “ano de graza”, un ex...
26/08/2026

A obra desenvólvese nunha sociedade profundamente patriarcal onde as mozas son enviadas ao chamado “ano de graza”, un exilio obrigatorio no que deben liberarse da suposta maxia perigosa que posúen. Un dos puntos máis fortes do libro é a atmosfera inquietante que crea a autora. A narración transmite tensión constante e fai que o lector sinta medo, impotencia e esperanza ao mesmo tempo. A historia céntrase nas relacións humanas, os prexuízos e a manipulación social.

Recordade que podedes atopar máis obras deste xénero e desta autora nas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Tamén contades co catálogo web, en coruna.gal/opac, para bruxulear e descubrir novas obras ou clásicos por reler.

E vós, que obra estades a ler nestes momentos? Lémosvos!

Ediciones Salamandra Kim Liggett

O edificio do Forum Metropolitano acolle a primeira semana de setembro o festival de cinema fantástico de A Coruña, LÓST...
25/08/2026

O edificio do Forum Metropolitano acolle a primeira semana de setembro o festival de cinema fantástico de A Coruña, LÓSTREGO. Do 2 ao 5 de setembro, proxeccións, presentación literarias, charlas e debates, exposicións, actividades infantís e obradoiros desenvolveranse no corazón do Parque Europa.

Para ir abrindo boca, desde as bibliotecas, como boas amantes do fantástico e o freak, deixámosvos unhas recomendacións que vos farán subir a adrenalina. O noso consello estrela é que, se vas participar no festival, aproveites para devolver os libros arrepiantes que leves en préstamo na propia biblioteca municipal Forum!

Eis as nosas recomendadas, títulos relacionados dun ou doutro xeito coas proxeccións deste Lóstrego Festival :

ARREPIANTES DE NOSO
🙈La cosa negra que pasó por mi ventana / Ramón Trigo e Branca Trigo (Lóguez, 2007)
🙉Arrepío / vv.aa. (Demo Editorial, 2022)
🙊Unicorn wars / dir. Alberto Vázquez (2022)

PELÍCULAS
👁️Buñuel en el laberinto de las tortugas / dir. Salvador Simó (2019)
👁️El recuerdo de Marnie / dir. Hiromasa Yonebayashi (2014)
👁️Las colinas tienen ojos / dir. Wes Craven (1977)

LIBROS E CÓMICS
🐈‍⬛El noveno clon / Wes Craven (Ediciones B, 2000)
🐈‍⬛El terrorífico mundo de Bobby / Óscar Martín (Ediciones B, 2010)
🐈‍⬛Harry Potter e a pedra filosofal / J.K. Rowling (Galaxia, 2002)
🐈‍⬛Cómo sobrevivir a una película de terror / Seth Grahame Smith (Alba, 2010)

XOGOS DE MESA
🖤Munchkin / Steve Jackson ; ilustrado por John Kovalic (Asmodee Spain, 2023)
🖤Black Stories : 50 misterios escalofriantes / Holger Bösch (Gen X Games, 2020)

OS 200 ANOS DE MARCIAL DEL ADALID 🎼Este ano cúmprense 200 anos do nacemento de Marcial del Adalid, un dos creadores máis...
24/08/2026

OS 200 ANOS DE MARCIAL DEL ADALID 🎼
Este ano cúmprense 200 anos do nacemento de Marcial del Adalid, un dos creadores máis relevantes da música galega e española do seu tempo.

Pianista e compositor coruñés, desenvolveu boa parte da súa obra para piano e voz con acompañamento pianístico, seguindo a estética do Romanticismo centroeuropeo. Tamén cultivou a música de cámara, a orquestral e a escénica, entre outros xéneros.

Pero hai algo que fai especialmente singular a súa figura: foi pioneiro na procura dun son propio da galeguidade desde a música académica, en pleno Rexurdimento.

En 1860 casou coa escritora coruñesa F***y Garrido, coa que compartiu unha intensa vida cultural, tanto en Galicia como no resto de España e máis alá das nosas fronteiras.

A partir de poemas da súa dona, compuxo algunhas das súas cancións líricas galegas, nas que levou por primeira vez tradicións, costumes e historia de Galicia aos salóns, nun momento no que os nacionalismos culturais percorrían Europa. Esta procura da identidade galega estendeuse tamén a outras obras da súa produción.

A lingua galega, como elemento identitario, aparece por primeira vez de maneira integral na música académica nos Cantares viejos y nuevos e en Mondariz, e tamén en momentos puntuais da zarzuela Pedro Madruga e da ópera Ynes è Bianca.

A combinación destes elementos que definen «o galego», adaptados ás características de cada xénero musical, constitúe unha proposta innovadora que sitúa a Marcial del Adalid como un dos precursores do camiño que seguirían autores posteriores como Pascual Veiga, Juan Montes ou José Baldomir.

O seu legado musical foi doado pola súa filla á Real Academia Galega, onde está dispoñible para o estudo da comunidade investigadora e para a (re)interpretación da súa música. Parte deste legado pode consultarse tamén en acceso aberto:
marcialdeladalid.academia.gal

Para celebrar o bicentenario do seu nacemento, a Biblioteca de Estudos Locais organiza unha pequena mostra bibliográfica sobre este gran músico coruñés.
📍 Biblioteca de Estudos Locais
Rúa Durán Loriga, 10, 1º
📅 Do 24 de agosto ao 4 de setembro de 2026

Dirección

Durán Loriga 10 1º
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bibliotecas Municipais da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bibliotecas Municipais da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría