11/06/2026
🗣️A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo, no Fórum Carballo en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en lingua”, que leva por título “Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización”.
🧠Serán dúas xornadas de reflexión sobre a evolución das políticas lingüísticas, a presenza do galego nos medios, na música e no ensino, a recuperación da toponimia tradicional e os retos actuais para a normalización da lingua.
📝 Matrícula aberta ata o 3 de xullo
👥 Prazas limitadas. Non quedes sen a túa!
🔗Máis info e inscricións aquí: https://bit.ly/CVNL26