Biblioteca da Deputación da Coruña

Biblioteca da Deputación da Coruña Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Estamos ao teu carón. Horario:
De luns a venres de 08:30 a 20:30; e sábado de 09:00 a 14:00

EBIBLIODACORUNA, BIBLIOTECA PATRIMONIAL E BIBLIOTECA INSTITUCIONAL
981415175 www.dacoruna.gal/biblioteca Información á comunidade, préstamo, hemeroteca, fonoteca, bebeteca, sección infantil e xuvenil, actividades, préstamo de libros electrónicos e visitas guiadas pola Biblioteca para todos os concellos da provincia da Coruña.

  | Hondarribia (Gipuzkoa)"A silueta dunha vila de ouro, con campanario agudo, ao fondo dun golfo azul, nunha extensión ...
06/09/2026

| Hondarribia (Gipuzkoa)

"A silueta dunha vila de ouro, con campanario agudo, ao fondo dun golfo azul, nunha extensión inmensa" Víctor Hugo, sobre Hondarribia.

Víctor Hugo, Stendhal, Pío Baroja, Satarka ou Bordari loaron a beleza desta vila mariñeira e fortificada.

🔎Pero nesta ocasión, para coñecer máis de Euskalherria, van unhas recomendacións de autoras vascas actuais:

📘No soy yo / Karmele Jaio
Sin. 3A/5056

📲La seca / Txani Rodríguez
🔗https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-seca-00397081

📙Cómo guardar ceniza en el pecho / Miren Agur Meabe
Sin. 3A/4919

📲Cambiar de idea / Aixa de la Cruz
🔗https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cambiar-de-idea-00055468

👉Se ti tamén viaxas coa , envíanos as fotos dos teus periplos a [email protected]

--


Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

 |En certa comunidade relixiosa hai un home, o irmán Turis, que non acaba de adaptarse á vida conventual. Nótaselle tens...
04/09/2026

|
En certa comunidade relixiosa hai un home, o irmán Turis, que non acaba de adaptarse á vida conventual. Nótaselle tenso, nervioso, presa dunha axitación impropia da santa paz.

Será porque a vocación se lle ha espertado demasiado tarde, porque xa non ten idade de cambiar tanto e tan profundamente?
Ou será porque a organización clandestina que o infiltrou no convento deixou de cursarlle instrucións e o irmán Turis non sabe que facer? Que remedio lle queda: ten que emprender unha minuciosa investigación, empezando polas primeiras causas fundamentais: por que investigo?, para que?, como?
Ao seu redor móvense, cómplices ou inimigos, sempre inquietantes, as demais figuras do relato: o imprevisible pai prior, o seminarista dos ollos ardentes, o melómano silencioso, o descreído.

📖Letra mu**ta, de Juan José Millás, en Alfaguara

🔁Na Biblioteca Provincial coa sinatura 3A/86

🤔E ti, que vas ler esta finde?
--
Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

 , música dende a BPDC📻...Pero tentarei defender o estritamente necesario que hai.....Ma proverò a difendere lo stretto ...
02/09/2026

, música dende a BPDC
📻...Pero tentarei defender o estritamente necesario que hai.....Ma proverò a difendere lo stretto necessario che c'è...📺
Canción: “Lo stretto necessario”, Levante (con Carmen Consoli)

A intérprete das nenas e dos nenos que revolucionou a educación.

Apurando os últimos días das vacacións, xa vai entrando setembro despois de despedir a agosto. Sería nestas datas, o 31 de agosto de 1870, cando nacería María Montessori en Chiaravalle (Italia). A pesar de que nun primeiro momento se mostrou interesada na medicina, superando tanto impedimentos familiares coma sociais e converténdose nunha das primeiras mulleres médicas en Europa, tamén realizou estudos de bioloxía, antropoloxía, psicoloxía e filosofía. Pero, o impacto que lle causaría traballar con nenas e nenos nunha clínica psiquiátrica de Roma, a levaría a tratar de cambiar a situación de abandono e malos tratos que padecían. Así, acabou por dedicar a súa vida á defensa dos dereitos da infancia e das mulleres. A gran achega de María foi entender que un ambiente agradable e estimulante e materiais didácticos adecuados eran determinantes para o desenvolvemento das habilidades intelectuais e sociais das pequenas e pequenos. Partindo deste convencemento, mandaría facer un mobiliario proporcionado ao tamaño das nenas e nenos, algo verdadeiramente innovador no seu tempo, deseñaría material pedagóxico adecuado ás súas idades e aos seus períodos sensibles e integraría a diversidade funcional na escola regular. O seu método educativo baseábase na observación científica das pequenas e pequenos e no respecto ao seu desenvolvemento natural. Ao longo dos anos, foi secundado por numerosas educadoras e educadores de todo o mundo, e continúa vixente na actualidade.

A infancia respectada e autónoma, estritamente necesaria para o futuro.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=k2d-7xTkj40

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/5cmf88Zsg5NMlE3ghN1Xtg

Recomendacións lectoras
Papel:
• “Educar para la paz: la importancia del entendimiento en los vínculos y las relaciones”, María Montessori, Daniele Novara e Laura Beltrami [sinatura: 3M/9907]
• “Mulleres imprescindibles : educadoras na vangarda do século xx” [sinatura: GAL I 176]
• “La escuela de la vida”, Laura Baldini [sinatura: 3A/4480]
• “Mi pequeño cuaderno Montessori: desde el nacimiento” Sylvie e Noémie d'Esclaibes [sinatura: 3M/594]
• “Montessori para bebés: enséñame a ser yo mismo”, Charlotte Poussin [sinatura: 3M/33632]
• “Educación para un mundo novo”, María Montessori [sinatura: GAL/9636]
• “María Barbeito: unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)”, Ana Romero Masiá [sinatura: GAL/7381]
• “Supermujeres superinventoras: ideas brillantes que transformaron nuestra vida”, Sandra Uve [sinatura: 929 UVE sup / v]
• “Mujeres”, Isabel Ruiz Ruiz [sinatura: 929 RUI muj / v]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-revolucion-en-las-aulas-manifiesto-por-una-educacion-consciente-00401022
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-prodigio-de-las-migas-de-pan-00143370
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-nino-es-el-maestro-vida-de-maria-montessori-00078584
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/vida-practica-vida-sensorial-montessori-paso-a-paso-00458493
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/montessorizate-criar-siguiendo-los-principios-montessori-00253640
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cuentos-montessori-para-crecer-felices-00038264
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-huerto-en-casa-al-estilo-montessori-00406000
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cientificas-astronomas-biologas-ingenieras-y-muchas-mas-que-han-hecho-historia-00330640
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/100-mujeres-que-cambiaron-el-mundo-coleccion-100-00461036

Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

 | Que hai de novo naeBiblioDaCoruna? (Setembro do 2026)📢Achegamos as novas máis salientables da eBiblioDaCoruna e os se...
01/09/2026

| Que hai de novo naeBiblioDaCoruna? (Setembro do 2026)

📢Achegamos as novas máis salientables da eBiblioDaCoruna e os servizos dixitais, orientados ás persoas usuarias da provincia, para o mes de setembro.

📚❤Agardamos resulten de interese e promovan o goce da lectura e os libros!

--
❗Que hai de novo na eBiblioDaCoruna? [Boletín de novas (Setembro do 2026)]

🆕Novas
▪️Ficción
▪️Non ficción
▪️Audiolibros
▪️En Galego
▪️Literatura Infantil e Xuvenil

📚Propostas lectoras
▪️NOVO: Películas 🍿
▪️O arrecedendo do outono

🧷Recunchos temáticos
▪️Axudámosche a opositar
▪️Manuais para sobrevivir a setembro

✍As vosas creacións:

▪️Está a piques de esgotar o prazo para participar no Concurso de microrrelatos da Biblioteca Provincial e a Sección de Turismo da Deputación da Coruña
▪️Toda a información en: https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen/edicion2026/
📝Formulario de participación: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeOQee_DiBUb2mOMer93Sx_FkECkmpivG6y7_hypbwBUMZX9g/viewform?usp=header

Deputación da Coruña @culturadadeputaciondacoruna

  | Tazones (Villaviciosa)Tazones é unha parroquia e vila mariñeira do concello asturiano de Villaviciosa.Coñecida por s...
30/08/2026

| Tazones (Villaviciosa)

Tazones é unha parroquia e vila mariñeira do concello asturiano de Villaviciosa.
Coñecida por ser o lugar de desembarco de Carlos V en 1517 por azar, e pola súa arquitectura e situación, que a teñen destacado coma unha das vilas máis bonitas do Estado.

🔎Para coñecer máis de Asturies, van unhas recomendacións lectoras:

📘Las Olvidadas : una historia de mujeres creadoras : Edad Media y Siglos de Oro /Ángeles Caso
Sin. 3Z/2713

📲Maldad / Leticia Sierra
🔗https://ebiblio.dacoruna.gal/info/maldad-00472368

💽Verano fatal / Nacho Vegas & Christina Rosenvige
Sin. 2 VEG ver [Fonoteca]

📙Medusa / Ricardo Menéndez Salmón
Sin. 3S/7501

👉Se ti tamén viaxas coa , envíanos as fotos dos teus periplos a [email protected]

--


Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

 |En maio de 1945, tras a derrota da Alemaña n**i, Leni Riefenstahl queima documentos, cartas e material fotográfico no ...
28/08/2026

|

En maio de 1945, tras a derrota da Alemaña n**i, Leni Riefenstahl queima documentos, cartas e material fotográfico no xardín da súa casa ante a inminente chegada dos americanos.

Agoniada pola súa relación con Hi**er e o seu círculo máis íntimo, Leni rememora o seu pasado artístico e persoal, un pasado que a converteu na muller máis afamada do Terceiro Reich, na directora máis famosa do mundo e na única persoa capaz de tutear ao Führer despois de dirixir "O triunfo da vontade", a película sobre o VI Congreso do Partido Nacionalsocialista.

De talento inequívoco, o seu ascenso parecía imparable, pero a Noite dos Cristais Rotos e a Segunda Guerra Mundial cuestionaron a súa carreira como cineasta. O seu nome quedou así asociado ao poder visual do n**ismo e á ambigua fronteira entre arte e propaganda.

Cortexada por Mussolini e Stalin; admirada por Steven Spielberg, Ford Coppola e Quentin Tarantino; odiada por Marlene Dietrich, e eloxiada por Charles Chaplin, Walt Disney, Andy Warhol ou Mick Jagger, Leni Riefenstahl é un dos personaxes máis controvertidos do século XX.

Foi unha colaboracionista do n**ismo ou unha vítima máis do ditador?

📖La mirada del mal, de Reyes Monforte , en
🔁Na Biblioteca Provincial coa sinatura 3A/7894

🤔E ti, que vas ler esta finde?

--


Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

 | 🥳A semana pasada batéronse as mellores marcas da eBiblioDaCoruna, e a causa... fóchedes vós!!! 🤗Moitísimas grazas a t...
27/08/2026

|
🥳A semana pasada batéronse as mellores marcas da eBiblioDaCoruna, e a causa... fóchedes vós!!!

🤗Moitísimas grazas a todas as persoas usuarias que, cada día, e dende toda a provincia, sumades lecturas á nosa Biblioteca común.

 |   e   [Do 12 ao 31 de agosto de 2026]📢Última semana️ de participación‼️🔗https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMW...
26/08/2026

| e
[Do 12 ao 31 de agosto de 2026]

📢Última semana️ de participación‼️
🔗https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMWLTkhEk7s8USGfqmp3hnyfSedqmX07ZnrJ3AC-6j3fxNIQ/viewform?usp=header

--

Queremos que a túa experiencia tamén forme parte da memoria colectiva da nosa biblioteca. Participa e axúdanos a completar a nosa exposición!

1. Mostra Bibliográfica sobre as eclipses na Biblioteca Provincial
No vestíbulo da Entrada da Biblioteca. Rúa Riego de Agua, 37.
De Luns a Venres de 08:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:15 h. Aberta. ENTRADA DE BALDE

2. E a ti, qué che inspira esta eclipse 2026?
Envíanos unha fotografía, un debuxo, un poema, unhas letras... ou outro tipo de creación inspirada na eclipse, realizada desde calquera lugar da provincia da Coruña, enchendo o formulario que está na nosa web:

www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades no apartado de Concursos >

Etiquétanos nas redes co e menciona á .
(O formulario estará aberto ata o 31 de agosto de 2026).

3. Comparte as túas creacións e leva un agasallo!
Publicaremos nas redes sociais e nos taboleiros do centro as creacións que nos enviedes.
Entre todos os participantes sortearemos 10 lotes de productos da Biblioteca

*As fotografías ou composicións que non se axusten ao obxecto da iniciativa (relacionados coa eclipse e ambientados na provincia da Coruña, que non teñan un mínimo de calidade, así como aquelas de contido inadecuado, non serán publicadas.

 , música dende a BPDC📻...Déixasme roto, xazo esnaquizado.....You leave me broken, shattered I lie...📺Canción: “Take Me ...
24/08/2026

, música dende a BPDC
📻...Déixasme roto, xazo esnaquizado.....You leave me broken, shattered I lie...📺
Canción: “Take Me Out”, Franz Ferdinand

A liberdade como causa de enfrontamento.

Ao longo dos tempos sucedéronse innumerables enfrontamentos armados provocados por múltiples causas, aínda que algunhas delas adoitan estar presentes. Máis dun enfrontamento acabou por pasar á historia polo seu incomprensible encarnizamento. En concreto un, o que terminou coa execución de William Wallace en Londres. Era o 23 de agosto de 1305, e este acontecemento marcou o fin dun movemento de resistencia contra a ocupación inglesa de Escocia. O que se pretendía con este axustizamento era esnaquizar calquera intento de rebelión e independencia, pero converteu a Wallace nun heroe nacional.

As consecuencias dos enfrontamentos.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=Ijk4j-r7qPA

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/4YWQy3UEKgFCOGIF0Sg72B?si=3d4c6f6ea1e94316

Recomendacións lectoras
Papel:
• “Poder y tronos: una nueva historia de la Edad Media”, Dan Jones [sinatura: 3M/5571]
• “El camino para llegar hasta mi”, Jenny Colgan [sinatura: 3A/3724]
• “La entrometida”, Muriel Spark [sinatura: 3A/4705]
• “Europa en la Edad Media”, José Manuel Nieto Soria [sinatura: 3F/277]
• “Edimburgo: notas pintorescas; Dos pasos por Escocia”, Robert Louis Stevenson [sinatura: 1K/238]
• “Las aventuras de Roderick Random”, Tobias Smollett [sinatura: 3S/6749]
• “A hierro y fuego: las atrocidades de la guerra en la Edad Media”, Sean McGlynn [sinatura: 3M/27296]
• “Antología poética”, Robert Burns [sinatura: 3M/26606]
• “Trainspotting”, Irvine Welsh [sinatura: 3S/3724]
• “La isla negra”, Hergé [sinatura: C HER tin / a]
• “El viaje a Escocia”, Gordon Reece [sinatura: N REE via / r]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-historia-de-iris-las-hijas-de-skara-1-00523989
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/escocia-guias-visuales-inspirate-planifica-descubre-explora-00497039
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/despejado-00465994
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/coleccion-integral-de-sherlock-holmes-estudio-en-escarlata-el-signo-de-los-cuatro-el-sabueso-de-los-baskerville-00462550
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/chica-conoce-a-chico-00225828
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cancion-del-ocaso-00116651
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/william-wallace-una-guia-fascinante-sobre-un-combatiente-de-la-libertad-y-martir-que-marco-la-historia-e-independencia-de-escocia-de-inglaterra-00560816
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/ivanhoe-00352912 [lectura fácil]
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/asterix-y-los-pictos-00382876

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-extrano-caso-del-dr-jekyll-y-mr-hyde-00048324

Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

Dirección

Rúa Riego De Agua 37
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca da Deputación da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca da Deputación da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría