04/09/2026
🎉 As festas de Labañou están de volta!
📍 Praza do Padre Gil, 15011 A Coruña
Invitámosvos a participar nas festas na honra da Nosa Señora do Socorro, unha celebración moi especial que nesta ocasión coincide co mesmo ano no que se cumpre o 50º aniversario da parroquia.
Esta festa patronal é unha oportunidade para atoparnos, compartir, coñecer a quen vive ao noso carón e seguir tecendo comunidade.
A Unidad Pastoral de Riazor (Upa Riazor) impulsou e organizou as festas coa colaboración do Coro Galego Cántigas da Terra (Cántigas da Terra) que amenizará o encontro fraterno tras a Santa Misa e a procesión.
Ademáis, durante o encontro haberá comida popular e animación infantil para poder disfrutar en familia.
Pola súa banda, Novo Sendeiro (NovoSendeiro) terá un espazo informativo que servirá coma punto de recollida de donacións solidarias.
Anímate a traer material escolar para donar á Campaña de Recollida de Material Escolar 26-27 de Cáritas (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela). No cartel especifícanse as necesidades máis urxentes neste intre, pero toda achega será benvida!
Estas festas forman parte da historia, a identidade e a memoria colectiva do noso barrio. 💚
Grazas a todas as persoas que fan posible esta celebración. Agardámosvos! 🎊