Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC

Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC Páxina en Facebook da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

🗣 Conferencia internacional CICA | Vladimir Havlicek (Institute of Microbiology – Akademie věd České republiky)Título: "...
15/06/2026

🗣 Conferencia internacional CICA | Vladimir Havlicek (Institute of Microbiology – Akademie věd České republiky)

Título: "Non-invasive Diagnostics of Invasive Infections"

📅 16 de xuño de 2026
⏰️ 12:00 h
🏛 Salón de actos do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
ℹ️ https://cica.udc.gal/event/conferencia-internacional-cica-vladimir-havlicek/

🗣📣 "VII Curso de verán de mamíferos mariños e tartarugas en Galicia", organizado pola Coordinadora para o Estudo de Mamí...
15/06/2026

🗣📣 "VII Curso de verán de mamíferos mariños e tartarugas en Galicia", organizado pola Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMAcetaceos) e o Grupo Naturalista Hábitat, coa colaboración da Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña e a Deputación da Coruña.

📆 25 e 26 de xuño de 2026
📝 inscricións ata o 22 de xuño
ℹ➕✍ https://forms.gle/njie8ZqBCpE6sGRX7

🗣📣‼ Convocatoria de contratación do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía: 📄 Ref: 2026/CP/111: persoal téc...
15/06/2026

🗣📣‼ Convocatoria de contratación do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía:

📄 Ref: 2026/CP/111: persoal técnico de apoio á investigación a tempo parcial, cunha duración de tres meses e medio (ata o 31 de outubro de 2026), co fin de realizar tarefas relacionadas co proxecto "Sostibilidade e conservación de solos e augas para a resiliencia ambiental e produtiva ". Titulación requirida: Licenciatura/Grao en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Enxeñaría Ambiental. Ver detalles nas bases da convocatoria.

🔗 Bases: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2026/006547

📅 Prazo de inscrición: 5 días hábiles a partir de hoxe, 15 de xuño de 2026

[Foto de Julia Koblitz, dispoñible en Unsplash: https://bit.ly/3ULKTK3]

14/06/2026
14/06/2026

Share your videos with friends, family, and the world

As autoras deste artigo 👀👇 publicado fai un ano en The Conversation España e compartido agora por Mujeres con ciencia, Á...
13/06/2026

As autoras deste artigo 👀👇 publicado fai un ano en The Conversation España e compartido agora por Mujeres con ciencia, Ángeles Cid Blanco e Concepción Herrero López, actualmente forman parte do grupo de investigación Bioloxía Costeira ( ), da nosa Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña, dirixindo e integrando, respectivamente e ata fai pouco, o grupo de Estudo e Aplicacións das Microalgas ( ).

Froito do traballo nel, no artigo falan das múltiples aplicacións das microalgas, "microorganismos que poseen clorofila y otros pigmentos y transforman la energía lumínica en energía química, mediante una fotosíntesis similar a las plantas", aproveitando de forma moi eficiente a enerxía solar para xerar materia orgánica.

Microalgas. Espirulina. Biocombustible. Clorofila. Pigmento. Energía lumínica. Energía química. Fotosíntesis. Colorante. Alimento.

13/06/2026

Ya puedes acceder desde nuestra web a los seis conjuntos de datos estandarizados sobre la distribución y detección de mamíferos generados en el marco del proyecto MOMAT (Monitorización de Mamíferos Terrestres).

Estos datos han sido fundamentales para la elaboración del futuro Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos de España, cuya publicación está prevista para 2026. Constituyen además una valiosa fuente de información para avanzar en el conocimiento de los mamíferos ibéricos y apoyar su conservación.

Queremos agradecer especialmente a todas las personas voluntarias, personal técnico, investigadores e investigadoras y entidades colaboradoras cuya dedicación y esfuerzo han hecho posible la obtención de estos datos.

🔗 Más información: https://secem.es/novedades/disponibles-los-datos-del-proyecto-momat-2024-2025

🔗 Accede a los datasets: https://secem.es/estudios/datasets

🔗 Conoce el proyecto MOMAT y a todas las personas y entidades participantes: https://secem.es/estudios/programas/proyecto-momat

Imagen: Designed by macrovector / Freepik (modificado)

13/06/2026

🪲 Viches unha vacaloura?

O verán é a mellor época para observar un dos insectos máis espectaculares dos nosos bosques: a vacaloura (Lucanus cervus). Un ano máis poñemos en marcha a Campaña Vacaloura 2026 e precisamos da túa colaboración para seguir mellorando o coñecemento sobre a distribución desta emblemática especie en Galicia.

Se atopas unha vacaloura, comparte a túa observación a través do seguinte formulario: https://gnhabitat.org/vacaloura/

Grazas á participación de centos de persoas xa logramos reunir preto dun milleiro de citas por toda Galicia. Cada nova observación contribúe a coñecer mellor o estado das súas poboacións e a impulsar a conservación dos bosques dos que depende.

Cada cita conta. Cada vacaloura importa.

👩‍🔬👩‍🏫 A coruñesa Celia Brañas 👀👇 foi unha precursora do acceso das mulleres ao ensino, á actividade profesional e, por ...
12/06/2026

👩‍🔬👩‍🏫 A coruñesa Celia Brañas 👀👇 foi unha precursora do acceso das mulleres ao ensino, á actividade profesional e, por suposto, á ciencia, en tempos nos que estaba vetado ou moi restrinxido.

Tamén foi pioneira na defensa dun ensino das ciencias físicas e naturais en consonancia cos movementos de renovación pedagóxica da época, o “ensino activo”, baseado non só na teoría, se non na demostración experimental, actividades prácticas, visitas a fábricas, actividades na natureza... destacando o “carácter eminentemente práctico e de aplicación” destas materias.

En liña con isto, Celia entendeu que a súa responsabilidade de educadora non se debía restrinxir ao espazo das aulas e desenvolveu un notable labor divulgativo.

E chegou a propoñer a creación dunha estación de bioloxía mariña en Galicia, en concreto na Coruña, o que estivo relacionado coa súa posterior creación en Marín (1932).

O día 12 de xuño de 1948 falece na Coruña a científica Celia Brañas Fernández-Miranda. Nada na Coruña en 1880, é considerada unha das pioneiras na incorporación da muller á ciencia. En 1908 comezou a traballar como profesora na Escola Normal da Coruña da que foi directora da Escola en varias ocasións. Poñente -en 1919- no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña, defendeu nel o tema da importancia que para Galiza tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña. Logrou que en 1920 o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña, que sería precursor da creación -en 1932- da estación biolóxica de Marín.
Na imaxe, Celia no centro cos membros do Instituto de Estudios Gallegos.
Para saber máis: https://acorunhadasmulleres.gal/celia-branas/

12/06/2026

Este domingo 14 de xuño continuamos co noso Caderno de Ilustración Naturalista cunha sesión moi especial dedicada ás herbas de San Xoán. En Carral, de 10:30 a 14:00 h, achegarémonos ao coñecemento dalgunhas das plantas tradicionalmente empregadas na elaboración da auga de San Xoán, descubrindo os seus usos, curiosidades e o seu vínculo coa cultura popular galega.

Despois, da man da ilustradora Alicia Pacheco, ALO, aprenderemos a observalas con detalle e a plasmalas no noso caderno de campo, combinando natureza, tradición e ilustración nunha mesma xornada.

Info e inscricións na nosa web: https://bit.ly/4uw3s8d

Dirección

Rúa Da Fraga
A Coruña
15071

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir