Lesende

Lesende San Martiño de Lesende é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lousame. todas elas.

Está distribuída en 9 entidades de poboación: A guieira, Béxeres, Cairo, Horta, Lesende, Maceiriñas, Mirón, Quintáns e Soutorredondo

Limita ó norte con Toxos Outos, ó noroeste con Noia, ó sur con Lousame e ó leste con Vilacova. Está situada no curso medio do río Vilacova, na súa maior parte na ribeira dereita, salvo Soutorredondo e Aguieira, na esquerda a 320 m. que a sitúan como a aldea máis alt

a da parroquia; síguelle O Mirón, entre os 250 e os 280 m., Lesende está en torno ós 170 - 180 m., e xa baixamos ata Cairo, Soutorredondo, Quintáns, Horta e Béxeres a menos de 150 m. O punto de maior altitude é o monte Colou (508 m), dende onde se divisa a ría de Muros e Noia, parte da parroquía de Vilacoba asi como o concello da Serra de Outes

Ten un solo maioritariamente forestal, nun val bastante encaixado, tanto nas abas do Colou e baixando ata Cabanetán, como nas que baixan dende Aguieira ata o río Vilacoba. Tamén a vexetación de ribeira é de notable importancia neste tramo do Vilacoba, polas especiais condicións de forte pendente e encaixamento, que o caracterizan. A principal vía de comunicación de Lesende é a estrada que, dende Béxeres, despois de partir da AC-543 en Sampaio e na Albariza, conduce ata a AC-308 en Vilacoba, a cal comunica tamén as aldeas de Soutorredondo e Aguieira. Esta última aldea, cando estaba poboada, comunicábase co resto da parroquia, e fundamentalmente coa igrexa parroquial de San Martiño de Lesende na aldea do mesmo nome, a través dun camiño que cruzaba o Vilacoba pola Ponte Gaiteira (por riba da cal pasa a rota de sendeirismo do río Vilacoba). A Soutorredondo pode chegarse, tanto dende Horta (cruzando a ponte sobre o río) coma dende a AC-308.

Gracias
14/08/2026

Gracias

26/06/2026

E seguimos ca rodaxe de "Animal".....esta vez en Cabanetan!

O 26 teremos de volta a rodaxe en Lesende....
12/06/2026

O 26 teremos de volta a rodaxe en Lesende....

05/06/2026

Lesende volve a convertirse esta semana próxima en escenario.....

Dirección

Lousame
A Coruña
15212

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lesende publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir